1
00:00:15,557 --> 00:00:18,518
ENTRANDO NO EPISODIO ROSA:
SEIS MESES TRAS O ATRACO

2
00:00:38,329 --> 00:00:41,750
<i>Este é Bob Goodwin,</i>
<i>un ladrón de pouca monta de Filadelfia,</i>

3
00:00:41,833 --> 00:00:44,878
<i>famoso por roubar caixas fortes</i>
<i>e tropezar el só.</i>

4
00:00:44,961 --> 00:00:47,130
É exaltado e gústalle a camorra.

5
00:00:47,839 --> 00:00:52,302
O atraco na vía Diamante pégalle.
Ten grandes ambicións, mais é torpe.

6
00:00:52,886 --> 00:00:56,723
Teño a teoría de que o da vía Diamante
financiou outra operación,

7
00:00:56,806 --> 00:00:59,976
o atraco a SLS,
levado a cabo pola mesma banda.

8
00:01:00,060 --> 00:01:00,894
CÁMARA ACOIRAZADA

9
00:01:00,977 --> 00:01:02,437
Canda Bob, a súa muller…

10
00:01:02,520 --> 00:01:04,147
JUDY GOODWIN: EXPLOSIVOS

11
00:01:04,230 --> 00:01:06,357
AVA MERCER: ARMAS

12
00:01:06,441 --> 00:01:08,818
STAN LOOMIS: CONTRABANDISTA

13
00:01:08,902 --> 00:01:11,071
RJ ACOSTA: CONDUTOR

14
00:01:11,571 --> 00:01:13,490
RAY VERNON: CEREBRO

15
00:01:13,573 --> 00:01:15,617
…tamén coñecido como Leo Pap,

16
00:01:16,701 --> 00:01:18,995
<i>o cerebro da operación.</i>

17
00:01:19,537 --> 00:01:22,040
<i>Se Bob é o aceite, Leo é a auga.</i>

18
00:01:22,540 --> 00:01:24,626
É frío, calmo, preciso.

19
00:01:25,460 --> 00:01:26,294
Merda.

20
00:01:26,377 --> 00:01:28,505
<i>O líder ten un amplo historial,</i>

21
00:01:29,464 --> 00:01:31,925
<i>con cargos múltiples por furto maior,</i>

22
00:01:32,008 --> 00:01:34,969
<i>estafa telemática,</i>
<i>incendio provocado e homicidio.</i>

23
00:01:35,678 --> 00:01:39,224
Creo que catro semanas
tras o roubo das xoias na vía Diamante

24
00:01:39,307 --> 00:01:41,643
esta banda atracou a acoirazada de SLS,

25
00:01:41,726 --> 00:01:45,230
a cámara privada máis segura
de Nova York e talvez do mundo.

26
00:01:45,939 --> 00:01:50,235
<i>Miles de millóns en bonos ao portador</i>
<i>sen garantía desapareceron esa noite</i>

27
00:01:50,318 --> 00:01:52,153
<i>e non temos idea de onde están.</i>

28
00:01:53,905 --> 00:01:56,116
<i>O que si temos son varios cadáveres</i>

29
00:01:56,199 --> 00:01:59,327
<i>e unha banda que se esfumou</i>
<i>e segue desaparecida.</i>

30
00:02:00,620 --> 00:02:03,289
Pasemos ás vítimas, os Trixemelgos.

31
00:02:04,124 --> 00:02:08,044
Stefan Thiele, Suzanne Grosvenor,
e Cho-Young Woo.

32
00:02:08,545 --> 00:02:11,381
Estes banqueiros gardaban
activos na cámara.

33
00:02:11,881 --> 00:02:14,134
Unha semana tras a operación en SLS,

34
00:02:14,217 --> 00:02:17,804
reclamaron ao seguro o pago
dos bonos que perderon no atraco.

35
00:02:18,471 --> 00:02:21,516
Desafortunadamente,
son reticentes a falar connosco.

36
00:02:21,599 --> 00:02:26,896
E, finalmente, Graham Davies,
tamén coñecido como Roger Salas,

37
00:02:27,522 --> 00:02:30,859
propietario de SLS
e da cámara acoirazada que roubaron.

38
00:02:30,942 --> 00:02:35,905
Cumpre condena por furto agravado,
suplantación de identidade e asasinato.

39
00:02:37,949 --> 00:02:41,161
Quero saber como se saíron coa súa
no atraco do século.

40
00:02:41,870 --> 00:02:44,956
Quero saber quen se enriqueceu
e a quen lla xogaron.

41
00:02:58,845 --> 00:03:02,515
<i>Esta é unha chamada automatizada</i>
<i>do correccional de Washington.</i>

42
00:03:02,599 --> 00:03:04,976
<i>A súa solicitude para visitar o recluso…</i>

43
00:03:05,059 --> 00:03:10,565
<i>21800-905.</i>

44
00:03:10,648 --> 00:03:12,025
<i>…foi aprobada.</i>

45
00:03:12,692 --> 00:03:15,236
<i>Por favor, chegue pola</i>
<i>porta sur de visitas.</i>

46
00:03:43,806 --> 00:03:45,433
Suponse que te coñezo?

47
00:03:52,607 --> 00:03:53,566
Que é iso?

48
00:04:10,250 --> 00:04:13,586
<i>Ola, Graham, chámome Bob.</i>

49
00:04:13,670 --> 00:04:17,966
<i>Formaba parte da banda que atracou</i>
<i>a túa cámara e roubou todo o que tiñas.</i>

50
00:04:18,591 --> 00:04:23,805
<i>Meu compañeiros liscaron coa miña parte,</i>
<i>tentaron matarme e roubáronme miña esposa.</i>

51
00:04:24,389 --> 00:04:26,766
<i>Viven coma porcos na casa dos manxares,</i>

52
00:04:26,849 --> 00:04:30,103
<i>mentres ti podreces no cárcere</i>
<i>e eu chucho cubos de xeo.</i>

53
00:04:31,646 --> 00:04:32,814
Que queres de min?

54
00:04:35,817 --> 00:04:37,193
<i>Quero a miña parte.</i>

55
00:04:37,277 --> 00:04:38,903
<i>Quero a miña esposa.</i>

56
00:04:38,987 --> 00:04:42,240
<i>Pásame 50 000</i>
<i>e recuperarei os teus cartos.</i>

57
00:04:42,865 --> 00:04:44,659
<i>Repartirémolo a partes iguais.</i>

58
00:04:46,077 --> 00:04:48,454
Que carallo vou facer cos cartos?

59
00:04:48,538 --> 00:04:50,081
Cumpro 20 anos de condena.

60
00:04:50,581 --> 00:04:53,626
Devolverasme a miña maldita vida?
Podes facer iso?

61
00:04:54,752 --> 00:04:57,839
Miña esposa, meu rapaz, a miña empresa.
Perdino todo.

62
00:05:04,178 --> 00:05:06,556
<i>Aínda podes conseguir unha cousa.</i>

63
00:05:08,224 --> 00:05:09,058
O que?

64
00:05:17,442 --> 00:05:18,609
Vingarte.

65
00:05:24,699 --> 00:05:26,326
Dareiche 20 000 dólares,

66
00:05:27,493 --> 00:05:28,536
cunha condición.

67
00:05:37,503 --> 00:05:40,840
<i>Mata a Leo Pap.</i>

68
00:06:14,957 --> 00:06:19,212
<i>…o mes pasado, pensabamos que serían</i>
<i>uns retoques estéticos aquí e acolá</i>

69
00:06:19,962 --> 00:06:23,174
<i>e algunha cousiña estrutural,</i>
<i>mais isto foise das mans.</i>

70
00:06:23,257 --> 00:06:26,511
<i>A casa, no seu estado actual,</i>
<i>está nos cimentos.</i>

71
00:06:26,594 --> 00:06:30,223
<i>Conseguimos abrir o muro que…</i>

72
00:06:30,306 --> 00:06:32,642
<i>Ao parecer non era de carga.</i>

73
00:06:32,725 --> 00:06:35,019
<i>Comezamos co armazón, para podermos…</i>

74
00:06:35,103 --> 00:06:36,354
<i>Ola, Leo, son Stan.</i>

75
00:06:36,437 --> 00:06:37,355
NÚMERO DESCOÑECIDO

76
00:06:37,438 --> 00:06:39,774
<i>Agardo que collas o teléfono algún día.</i>

77
00:06:39,857 --> 00:06:43,986
<i>Eu e Jude queremos saír do país</i>
<i>e precisamos pasaporte e documentación.</i>

78
00:06:44,070 --> 00:06:46,572
<i>Acábansenos os cartos, coma a ti, imaxino,</i>

79
00:06:46,656 --> 00:06:50,576
<i>mais saber onde están os bonos</i>
<i>sería de gran axuda, sabes? Adeus.</i>

80
00:06:50,660 --> 00:06:53,663
NÚMERO DESCOÑECIDO
FOLLY BEACH, CAROLINA DO SUR

81
00:06:59,377 --> 00:07:00,294
<i>Un, dous…</i>

82
00:07:04,173 --> 00:07:07,802
Isto é todo? Tres míseras pistolas?
Estás de chola, ou?

83
00:07:08,803 --> 00:07:10,346
De que carallo nos serve?

84
00:07:10,430 --> 00:07:14,058
Os documentos falsos son 5
e o resto non dá para cavar tombas.

85
00:07:17,228 --> 00:07:22,108
Volve con máis pistolas e cazaremos
a quen queiras e cortarémolo en anaquiños.

86
00:07:22,191 --> 00:07:23,359
Ao estilo cosaco.

87
00:07:23,443 --> 00:07:25,403
- Non has parar?
- Que tes?

88
00:07:25,486 --> 00:07:27,405
Ninguén sabe que significa.

89
00:07:27,488 --> 00:07:31,617
Eu que sei, talvez aprenderon algo.
Os cosacos eran brutos de carallo.

90
00:07:33,619 --> 00:07:34,745
- Oe!
- Que?

91
00:07:35,371 --> 00:07:36,747
Impórtache?

92
00:07:37,498 --> 00:07:39,250
Precisas uns <i>bluetooths</i>, tío.

93
00:07:39,333 --> 00:07:40,501
- <i>Blueteeth</i>.
- Que?

94
00:07:41,586 --> 00:07:43,713
<i>Blueteeth. Teeth</i>, dente en plural!

95
00:07:43,796 --> 00:07:46,424
- Claro, dentes.
- Ou dis rabaño de "ovella"?

96
00:07:47,592 --> 00:07:51,721
<i>Eu encárgome da caza e da matanza,</i>
<i>vós cubrídesme.</i>

97
00:07:51,804 --> 00:07:55,308
<i>Cando rematemos,</i>
<i>quedaredes con parte do que recupere.</i>

98
00:08:00,688 --> 00:08:03,107
- Canto sacastes da cámara esa?
- Iso.

99
00:08:07,570 --> 00:08:11,824
<i>Sete, cero, cero, cero,</i>

100
00:08:11,908 --> 00:08:17,622
<i>cero, cero, cero, cero, cero, ce…</i>

101
00:08:19,665 --> 00:08:25,379
Este é unha marabilla, con notas picantes
de bálsamo e un aloumiño salgado.

102
00:08:26,923 --> 00:08:28,341
Este e de Colares,

103
00:08:29,800 --> 00:08:33,513
onde as vides medran nas dunas de area,
bañadas pola sal do mar.

104
00:08:35,723 --> 00:08:36,557
Saboréaa?

105
00:08:38,184 --> 00:08:39,227
Estou alí.

106
00:08:39,310 --> 00:08:41,562
É un Adega Regional do 1968.

107
00:08:41,646 --> 00:08:42,939
Canto pide?

108
00:08:43,022 --> 00:08:44,440
Só me queda unha caixa,

109
00:08:44,524 --> 00:08:48,444
así que podo venderlle
tres botellas a 300 cada unha.

110
00:08:49,320 --> 00:08:50,738
- E a 100?
- Desculpe.

111
00:08:50,821 --> 00:08:53,449
Perdón por escoitalos,
é un Adega Regional?

112
00:08:53,533 --> 00:08:55,576
- Abofé.
- Do 1968? Podo?

113
00:09:01,040 --> 00:09:04,835
Non sei como conseguiu unha caixa enteira,
dubido que legalmente.

114
00:09:04,919 --> 00:09:07,964
Talvez o delito sexa
desperdicialo neste minibar.

115
00:09:08,047 --> 00:09:11,092
Perdoe, mais estamos
nunha negociación privada.

116
00:09:11,175 --> 00:09:16,097
Xa o sei, descoide. Escoite, pagareille
200 por compartir esta botella comigo

117
00:09:16,180 --> 00:09:18,891
e 2000 dólares pola caixa enteira.

118
00:09:18,975 --> 00:09:20,935
Tres mil pola caixa enteira.

119
00:09:22,478 --> 00:09:23,312
Eu…

120
00:09:24,897 --> 00:09:25,731
Vendida.

121
00:09:26,357 --> 00:09:28,985
Mais escriba a carallada
das dunas de area.

122
00:09:29,068 --> 00:09:32,113
O meu socio ten un restaurante,
porao no menú.

123
00:09:32,905 --> 00:09:33,739
No menú?

124
00:09:38,828 --> 00:09:41,706
Síntoo moito, mais non podo.

125
00:09:46,961 --> 00:09:49,964
Oe, Stan. Que carallo, tío?
Veña, volvamos.

126
00:09:50,047 --> 00:09:51,924
- Ía vendelo.
- Xa.

127
00:09:52,008 --> 00:09:55,761
E se unha vella ve que paga 300
por unha copa de Two Buck Chuck?

128
00:09:55,845 --> 00:10:00,016
- Canto tardarán en atoparnos?
- Notan o que lles dis, así é o viño.

129
00:10:00,099 --> 00:10:02,768
- Para nada.
- Cambia o acento e todo irá ben.

130
00:10:02,852 --> 00:10:05,521
Eu non critico o teu británico
ou o que fagas.

131
00:10:10,234 --> 00:10:11,068
RJ?

132
00:10:14,572 --> 00:10:15,948
Que dis?

133
00:10:17,408 --> 00:10:19,910
Jude, estás ben?

134
00:10:21,662 --> 00:10:22,913
Oe.

135
00:10:26,917 --> 00:10:28,252
Pronto sairemos desta.

136
00:10:28,836 --> 00:10:29,754
Como?

137
00:10:29,837 --> 00:10:33,215
Chamei a Leo, só temos que aguantar.

138
00:10:33,299 --> 00:10:36,552
Traerá os pasaportes,
a documentación e todo.

139
00:10:37,470 --> 00:10:39,221
Falaches con Leo de verdade?

140
00:10:42,266 --> 00:10:44,101
Envieille unha mensaxe potente.

141
00:10:44,185 --> 00:10:46,520
Escoita, non nos vai deixar tirados.

142
00:10:46,604 --> 00:10:48,064
- Prométocho.
- Ó, Stan.

143
00:10:49,565 --> 00:10:53,444
Iso non pasará, sábelo?
O teu mellor amigo non virá rescatarte.

144
00:10:53,527 --> 00:10:57,740
Nin sequera sabes onde está
ou se nola leva xogando todo este tempo.

145
00:10:57,823 --> 00:11:03,663
Benvido ao marabilloso mundo do crime.
Bótalle un par de collóns, carallo!

146
00:11:16,717 --> 00:11:19,387
Veña, señor McCauley,
levante ben os xeonllos.

147
00:11:22,723 --> 00:11:25,393
Non agardaba
que a patada de crol fose a peor.

148
00:11:25,476 --> 00:11:28,771
- Non podías esperar no vestíbulo?
- Quería ver como ías.

149
00:11:28,854 --> 00:11:31,190
- Pregunta ao Hitler do<i> jacuzzi</i>.
- Como?

150
00:11:33,234 --> 00:11:36,195
- E logo?
- A curación é unha viaxe, Sra. McCauley.

151
00:11:36,278 --> 00:11:37,113
Ao carallo!

152
00:11:38,781 --> 00:11:40,032
Xa non volvo aquí.

153
00:11:41,742 --> 00:11:43,536
Non te tomaba por un desertor.

154
00:11:44,912 --> 00:11:46,872
Non se deserta do que xa rematou.

155
00:11:48,582 --> 00:11:54,839
Cando eu e Cindy cortamos o ano pasado,
cría que era a fin do mundo.

156
00:11:56,006 --> 00:11:59,844
Non a culpo, son difícil de levar.
Queres saber como a recuperei?

157
00:12:02,722 --> 00:12:03,556
Cun <i>podcast</i>.

158
00:12:04,306 --> 00:12:10,938
Elena Stremlin é unha conselleira
de parellas e é dura de carallo.

159
00:12:11,021 --> 00:12:13,691
Mais xúrocho,
axudoume a arranxalo coa moza.

160
00:12:13,774 --> 00:12:16,068
- Sempre se vos vira moi ben.
- Grazas.

161
00:12:16,152 --> 00:12:20,239
- Por iso me sorprendeu escoitar que…
- Xa, grazas.

162
00:12:20,322 --> 00:12:24,660
- É moito traballo… mais paga a pena.
- Claro.

163
00:12:27,246 --> 00:12:28,497
O da chaqueta marrón?

164
00:12:28,581 --> 00:12:30,416
- Beixe.
- Son o mesmo.

165
00:12:30,499 --> 00:12:31,459
Non son o mesmo.

166
00:12:31,542 --> 00:12:34,545
- Ese é o receptador, saberá onde están.
- É marrón.

167
00:12:34,628 --> 00:12:37,339
- Como vai ser marrón?
- Sempre igual, déixame…

168
00:12:37,423 --> 00:12:38,257
Color camelo.

169
00:12:45,556 --> 00:12:46,974
Agarda.

170
00:12:47,975 --> 00:12:48,934
Diola.

171
00:13:03,532 --> 00:13:05,075
Estraguei a vida por isto.

172
00:13:06,243 --> 00:13:07,411
Barbara, mamá,

173
00:13:08,746 --> 00:13:09,747
a carnizaría.

174
00:13:12,041 --> 00:13:13,292
A onde volvería?

175
00:13:14,627 --> 00:13:18,422
Non culpo a ninguén
das miñas decisións nin polo que fixen.

176
00:13:19,507 --> 00:13:22,092
Se o conseguimos, podería vivir con iso…

177
00:13:24,512 --> 00:13:25,930
sempre que sexa contigo.

178
00:13:27,598 --> 00:13:32,436
Se temos outra oportunidade, non a
caguemos cunha estafiña, vamos ao grande.

179
00:13:33,479 --> 00:13:36,857
Un banco ou unha xoiaría luxosa.
O que sexa, tanto me ten.

180
00:13:36,941 --> 00:13:40,194
Só dime o que hei de facer e fareino.

181
00:13:42,196 --> 00:13:43,864
Vivamos o noso final feliz.

182
00:13:47,451 --> 00:13:51,372
Canto cres que precisaremos
para o noso final feliz?

183
00:13:51,997 --> 00:13:54,124
Un pouco rende moito en Angangueo.

184
00:13:56,585 --> 00:13:57,795
Un cuarto de millón?

185
00:14:06,554 --> 00:14:09,765
Canto cres que é o máximo
que saquei roubando un banco?

186
00:14:10,891 --> 00:14:11,767
Non che sei.

187
00:14:11,851 --> 00:14:14,812
Sobre 19 000… repartido entre dous.

188
00:14:14,895 --> 00:14:19,066
Ata hai pouco, o máis que levaramos
dun golpe foran 80 000 dólares

189
00:14:19,149 --> 00:14:21,986
e, ao colocar a mercancía
voou un terzo, así que…

190
00:14:25,656 --> 00:14:29,577
non teño nin idea de como roubar
un cuarto de millón de dólares.

191
00:14:48,596 --> 00:14:49,471
Gardáchelo?

192
00:14:49,555 --> 00:14:53,851
Vai á Terceira e non aceptes
menos de 2000, dará para unhas semanas.

193
00:14:53,934 --> 00:14:54,977
E logo que?

194
00:14:55,936 --> 00:14:58,105
Alguén ha de facer magas.

195
00:15:00,524 --> 00:15:02,943
Gardáchelo porque cho dera el?

196
00:15:08,240 --> 00:15:10,951
Bob é do único
do que non habemos preocuparnos.

197
00:15:16,874 --> 00:15:19,418
<i>Acende a luz do teu corazón</i>,

198
00:15:20,252 --> 00:15:23,422
<i>fai que brille onde vaias</i>,

199
00:15:24,214 --> 00:15:27,426
<i>fai que resplandeza con ledicia</i>

200
00:15:27,509 --> 00:15:30,262
<i>para que todo o mundo o vexa.</i>

201
00:15:33,641 --> 00:15:37,269
Que foi? Falou? Tes un enderezo?

202
00:15:45,235 --> 00:15:46,111
Está ben?

203
00:15:49,448 --> 00:15:50,658
Onde imos agora?

204
00:15:50,741 --> 00:15:52,618
Bellefontaine, Ohio.

205
00:15:53,118 --> 00:15:55,079
Ohio? Contra, encántame Ohio.

206
00:15:56,872 --> 00:15:59,917
A BANDA - OS TRIXEMELGOS

207
00:16:02,920 --> 00:16:05,381
<i>Fóra do medio! Ava, alto!</i>

208
00:16:05,464 --> 00:16:08,425
Dixen que alto! Fáloche a ti, Ava!

209
00:16:11,804 --> 00:16:15,140
Acaba de chamar
o equipo legal de Stefan Thiele.

210
00:16:16,850 --> 00:16:18,352
Tiña un par de preguntas.

211
00:16:19,144 --> 00:16:23,273
Non podes investigar os Trixemelgos,
queren involucrar o goberno suízo.

212
00:16:23,357 --> 00:16:24,650
Veña, van de farol.

213
00:16:24,733 --> 00:16:27,778
- Estás tocando temas sensibles.
- Iso indica algo.

214
00:16:27,861 --> 00:16:29,655
Podo financiarte dúas semanas.

215
00:16:29,738 --> 00:16:34,451
Atrapa un deles e atopa os malditos bonos,
mais deixa estar os Trixemelgos.

216
00:16:35,327 --> 00:16:38,998
Volve ir por libre e nin informarei,
baleirarei o teu despacho.

217
00:16:46,672 --> 00:16:48,173
Éche unha preciosidade.

218
00:16:48,966 --> 00:16:51,760
Quero que olle o meu xoieiro, virá o luns.

219
00:16:51,844 --> 00:16:53,971
Esquece o do luns, que me dás agora?

220
00:16:54,054 --> 00:16:55,347
Talvez 500.

221
00:16:55,931 --> 00:16:56,807
Cincocentos?

222
00:16:57,349 --> 00:17:01,562
Se me deches 1250 polo anel do rubí,
isto han de ser 2000 polo menos.

223
00:17:02,646 --> 00:17:04,106
O dito, falla o xoieiro.

224
00:17:04,189 --> 00:17:07,484
Deixas o teu nome e un teléfono?
Chamareite cando chegue.

225
00:17:10,237 --> 00:17:11,071
Ata o luns.

226
00:17:11,155 --> 00:17:14,074
Seguro que non queres deixar
un teléfono nin nada?

227
00:17:17,161 --> 00:17:20,164
Non me gustou
como te ollaba o tipo da piscina.

228
00:17:22,291 --> 00:17:26,503
Se cadra deberiamos volvernos mudar,
a Georgia, por exemplo, ou Florida?

229
00:17:26,587 --> 00:17:28,422
- Non, podo eu.
- De acordo.

230
00:17:32,843 --> 00:17:34,845
Non lle tes que envexar a Houdini.

231
00:17:36,013 --> 00:17:38,849
Ei, acouga!

232
00:17:40,559 --> 00:17:41,393
Ben.

233
00:17:43,228 --> 00:17:44,063
Oe.

234
00:17:47,983 --> 00:17:50,861
Acouga, respira fondo.

235
00:17:55,657 --> 00:17:59,995
Creo que é hora de falar do próximo paso.

236
00:18:00,746 --> 00:18:03,999
Agarda ata que poda erguerme
e talvez mexar.

237
00:18:04,083 --> 00:18:05,501
O noso próximo traballo.

238
00:18:06,752 --> 00:18:11,673
Estamos a dúas horas de Cincinnati,
o segundo centro bancario do Medio Oeste.

239
00:18:13,300 --> 00:18:15,594
Catorce grandes cámaras acoirazadas.

240
00:18:18,931 --> 00:18:20,182
Canto conseguiriamos?

241
00:18:21,767 --> 00:18:25,145
Uns 500 000 millóns?
Precisaremos unha banda.

242
00:18:25,229 --> 00:18:26,563
E alguén dentro.

243
00:18:30,692 --> 00:18:33,821
Engancharei un banqueiro,
metereino na <i>suite</i> dun hotel

244
00:18:35,072 --> 00:18:36,657
e ti botarás unhas fotos.

245
00:18:38,200 --> 00:18:41,495
- As chantaxes logran marabillas.
- Como o dividimos?

246
00:18:42,579 --> 00:18:43,539
A partes iguais.

247
00:18:47,417 --> 00:18:49,878
- Que estamos a facer, Ava?
- Non pares.

248
00:18:51,672 --> 00:18:52,965
Que queres de min?

249
00:19:00,889 --> 00:19:02,099
Quero a Ray.

250
00:19:03,392 --> 00:19:04,768
Ray marchou hai tempo.

251
00:19:06,186 --> 00:19:10,232
Cres que a morea de cartas
da túa filla poden traelo de volta?

252
00:19:11,441 --> 00:19:13,652
Sabes que nalgún momento has chamala.

253
00:19:17,364 --> 00:19:18,198
Oe.

254
00:19:18,991 --> 00:19:23,620
Coñézote dende hai tempo dabondo
para saber que es máis que isto.

255
00:19:30,836 --> 00:19:33,672
- Non respondas, Ava.
- Si.

256
00:19:37,301 --> 00:19:38,427
<i>- Ola?</i>
- Stan.

257
00:19:38,510 --> 00:19:39,595
Ava?

258
00:19:40,762 --> 00:19:41,847
Leo está aí?

259
00:19:45,017 --> 00:19:46,101
E se falas comigo?

260
00:19:46,685 --> 00:19:47,519
De acordo.

261
00:19:50,856 --> 00:19:52,107
Pode que a cagase.

262
00:19:53,025 --> 00:19:57,029
Intentei empeñar unha cousa
que viña… de algures,

263
00:19:57,112 --> 00:19:59,323
e pode que o comerciante o fichase.

264
00:20:00,115 --> 00:20:03,243
Este algo de algures pode rastrexarse?

265
00:20:07,706 --> 00:20:09,958
Como contactamos? Basta de móbiles.

266
00:20:10,042 --> 00:20:13,670
Podes chamarme a The Smashing Crab.

267
00:20:13,754 --> 00:20:17,132
Está na rúa do sitio
de tacos de lingua onde vou sempre.

268
00:20:17,216 --> 00:20:19,218
<i>- Poden darme unha mensaxe.</i>
- Ben.

269
00:20:19,968 --> 00:20:20,802
<i>Oe, Ava.</i>

270
00:20:23,597 --> 00:20:24,431
Como está?

271
00:20:28,769 --> 00:20:29,937
Mándache recordos.

272
00:20:37,194 --> 00:20:38,570
<i>Como podes dicir iso?</i>

273
00:20:38,654 --> 00:20:43,325
<i>Recoñezo ter culpa de moitas cousas,</i>
<i>mais como podes dicir que non te quero?</i>

274
00:20:43,408 --> 00:20:44,826
<i>E por que me fas dano?</i>

275
00:20:44,910 --> 00:20:47,496
<i>Ben, paremos. Este é o patrón.</i>

276
00:20:47,579 --> 00:20:53,210
- Escoitaches o que dixo, meu? Patróns.
- Se queres recuperar a Judy, has romper…

277
00:20:53,293 --> 00:20:56,338
Abofé que quere,
é o punto desta discusión.

278
00:20:56,421 --> 00:20:59,007
É unha pregunta retórica, achanta.

279
00:20:59,091 --> 00:21:02,177
Se queres recuperar a Judy,
has de crebar os patróns.

280
00:21:02,261 --> 00:21:04,763
- É a única maneira de avanzar.
- Cólloo.

281
00:21:06,682 --> 00:21:10,686
<i>Se non logra a túa atención</i>
<i>conectando contigo, recorre á destrución.</i>

282
00:21:10,769 --> 00:21:13,480
A señora é lista de carallo,
intentei dicirche…

283
00:21:13,563 --> 00:21:20,362
<i>Querida Judy, quero ser mellor persoa.</i>

284
00:21:21,196 --> 00:21:26,076
<i>Quero esforzarme e crebar os patróns,</i>

285
00:21:26,827 --> 00:21:30,831
<i>logo de matar a Stan.</i>

286
00:21:41,174 --> 00:21:46,555
<i>Querida Judy, quero ser mellor persoa.</i>

287
00:21:46,638 --> 00:21:48,015
<i>Quero esforzarme…</i>

288
00:21:52,561 --> 00:21:53,437
Abbasi.

289
00:21:55,188 --> 00:21:56,023
Onde?

290
00:21:56,982 --> 00:21:58,108
Envíame o enderezo.

291
00:22:02,612 --> 00:22:03,697
<i>- Ola?</i>
- Boas.

292
00:22:03,780 --> 00:22:06,700
Véxote no JFK nunha hora,
imos a Carolina do Sur.

293
00:22:07,617 --> 00:22:11,580
"Judy, quero render contas do que fixen,
para poder volver contigo

294
00:22:11,663 --> 00:22:14,791
e ulirte na miña roupa pola mañá."
Que carallo é iso?

295
00:22:14,875 --> 00:22:17,461
É algo real, transferencia polo cheiro.

296
00:22:17,544 --> 00:22:18,545
De que falas?

297
00:22:18,628 --> 00:22:21,423
Os humanos escollen
parellas que olen parecido.

298
00:22:21,506 --> 00:22:24,134
Está probado.
E, co tempo, poden mesturarse.

299
00:22:24,217 --> 00:22:27,054
Ti e as túas probas.
Eu nunha cheirei coma Diane.

300
00:22:27,137 --> 00:22:29,973
Sabes quen cheira coma Diane? O carteiro.

301
00:22:30,057 --> 00:22:31,892
- Dáme iso.
- Non teño carteiro.

302
00:22:32,809 --> 00:22:35,187
"Quero aprender a non asumir as cousas,

303
00:22:35,270 --> 00:22:39,983
como cando penso que, se quero chiscar,
ti tamén queres, e non é así."

304
00:22:40,067 --> 00:22:42,986
É que ten razón, trátase de…

305
00:22:55,415 --> 00:22:59,711
CANDO ESTEAS PREPARADO, CHAMA, POR FAVOR.
BICOS, HANNA E…

306
00:23:04,383 --> 00:23:05,509
Stan tiña razón.

307
00:23:07,010 --> 00:23:11,723
O da casa de empeños activou as alarmas.
Direille a Teresa que che faga a maleta.

308
00:23:17,729 --> 00:23:20,690
O FBI está camiño de Folly Beach.

309
00:23:20,774 --> 00:23:22,526
É dicir, Abbasi.

310
00:23:22,609 --> 00:23:25,028
Stan e Judy han liscar de alí.

311
00:23:25,112 --> 00:23:28,073
- Que sigan con sorte.
- Javier Zanetti está morto.

312
00:23:28,156 --> 00:23:30,826
- Acharon o teu receptador?
- Onte na oficina.

313
00:23:32,411 --> 00:23:33,662
Tiña o noso enderezo.

314
00:23:34,830 --> 00:23:37,332
Irei polo que queda
na caixa de seguridade.

315
00:23:37,416 --> 00:23:39,126
- Habemos bulir.
- Ben.

316
00:23:43,880 --> 00:23:45,632
- Non lle soa ningún?
- Non.

317
00:23:46,383 --> 00:23:47,759
E non chamei a ninguén.

318
00:23:48,969 --> 00:23:52,973
- Gústalle traballar para unha muller?
- Desculpe? É axente federal.

319
00:23:53,056 --> 00:23:53,890
Ó, eu tamén.

320
00:23:53,974 --> 00:23:55,517
INSPECTOR FEDERAL DE BUFAS

321
00:23:56,351 --> 00:23:58,854
Entón chamaría alguén
que estaba aquí onte?

322
00:23:58,937 --> 00:23:59,855
Imaxino que si.

323
00:24:00,480 --> 00:24:02,732
- Ten un nome?
- Non.

324
00:24:03,942 --> 00:24:06,278
É o único na Terra sen un maldito nome.

325
00:24:06,361 --> 00:24:07,404
Vixíe esa lingua…

326
00:24:07,487 --> 00:24:12,325
Non pasa nada.
Grazas polo seu tempo e polo seu servizo.

327
00:24:12,909 --> 00:24:13,743
Grazas.

328
00:24:15,245 --> 00:24:17,622
Veña, arrea.

329
00:24:17,706 --> 00:24:22,294
COSTA DOURADA, XOIARÍA E CASA DE EMPEÑOS
ALTA XOIARÍA E PRÉSTAMOS CON GARANTÍA

330
00:24:22,377 --> 00:24:25,172
- Non terías de aturalo.
- Benvido ao meu mundo.

331
00:24:25,255 --> 00:24:28,717
Volveremos pola mañá,
o outro tipo comeza a xeira ás 9:00.

332
00:24:29,384 --> 00:24:30,802
Estaba no mostrador.

333
00:24:30,886 --> 00:24:34,556
Quen intentou empeñalo saberá
de onde o sacou e ese tipo tamén.

334
00:24:35,640 --> 00:24:37,017
Vaiamos por un batido.

335
00:24:38,768 --> 00:24:41,980
- Ben, pois un vodka.
- En realidade prefiro un batido.

336
00:24:44,191 --> 00:24:47,944
<i>Esta parella demostrounos</i>
<i>que a contención pode axudarnos moito.</i>

337
00:24:48,028 --> 00:24:53,658
<i>Pregúntate cara a onde vas</i>
<i>e non se xa chegaches.</i>

338
00:24:53,742 --> 00:24:56,203
<i>Ben, isto é todo por hoxe.</i>

339
00:24:56,286 --> 00:24:57,829
<i>Chámome Elena Strem…</i>

340
00:25:33,156 --> 00:25:35,325
- Que foi? Está pechada?
- Abofé.

341
00:25:35,408 --> 00:25:36,326
Quita, carallo.

342
00:25:38,870 --> 00:25:40,330
Ao estilo cosaco.

343
00:25:52,926 --> 00:25:53,885
Hostia!

344
00:26:26,209 --> 00:26:27,043
Veña…

345
00:27:38,865 --> 00:27:41,159
<i>Ola, Ava. Botáchesme en falla?</i>

346
00:27:41,242 --> 00:27:43,745
<i>Pasei visitar o teu colega Zanetti.</i>

347
00:27:43,828 --> 00:27:46,539
<i>Vexamos se respondes</i>
<i>as preguntas mellor ca el.</i>

348
00:27:51,753 --> 00:27:55,882
<i>Queres minutos ilimitados de texto a voz?</i>
<i>Por 3,99, obteña MacawPro,</i>

349
00:27:55,965 --> 00:27:59,094
<i>con voces para calquera</i>
<i>personalidade e situación.</i>

350
00:28:00,095 --> 00:28:02,263
<i>Vimos do Planeta Diversión.</i>

351
00:28:03,014 --> 00:28:04,724
<i>Son o mellor do mellor.</i>

352
00:28:04,808 --> 00:28:07,185
<i>Veña, cóntamo, tía!</i>

353
00:28:07,268 --> 00:28:09,479
<i>Escríbeo, fálao, Macáwao!</i>

354
00:28:12,190 --> 00:28:13,525
<i>Onde está miña muller?</i>

355
00:28:14,067 --> 00:28:15,026
<i>Onde está Stan?</i>

356
00:28:15,777 --> 00:28:18,279
<i>Onde están os meus 100 millóns de dólares?</i>

357
00:28:19,531 --> 00:28:23,118
Teño pinta de ter 100 millóns de dólares?

358
00:29:50,038 --> 00:29:53,249
Ten Vicodin, oxicodona

359
00:29:53,333 --> 00:29:56,044
e algo que pon apomorfina.

360
00:29:56,127 --> 00:29:57,337
Ten B12.

361
00:29:57,420 --> 00:29:59,672
É unha farmacia andante, colega.

362
00:30:08,681 --> 00:30:09,682
Onde está Leo?

363
00:30:42,924 --> 00:30:43,800
Chamareino.

364
00:30:58,481 --> 00:30:59,649
Bob.

365
00:31:01,192 --> 00:31:02,694
Hai 177 000.

366
00:31:04,153 --> 00:31:05,864
É todo o que nos queda.

367
00:31:15,456 --> 00:31:16,875
<i>E os bonos?</i>

368
00:31:16,958 --> 00:31:18,084
Non os temos.

369
00:31:18,167 --> 00:31:20,503
Os cartos que hai aquí é todo, Bob.

370
00:31:21,713 --> 00:31:22,547
Para todos.

371
00:31:22,630 --> 00:31:27,552
Eran para conseguir documentación
nova e pasaportes, para saír do país.

372
00:31:29,220 --> 00:31:30,054
Cólleo.

373
00:31:31,472 --> 00:31:32,307
É teu.

374
00:31:35,518 --> 00:31:36,519
<i>Onde está Stan?</i>

375
00:31:37,896 --> 00:31:40,690
Nunca é polos cartos, non si?

376
00:31:42,066 --> 00:31:43,401
<i>Onde está miña muller?</i>

377
00:31:43,484 --> 00:31:44,652
Esquéceos.

378
00:31:46,529 --> 00:31:47,864
Veña, tío.

379
00:31:49,032 --> 00:31:50,950
Déixao, Judy fixo unha elección.

380
00:31:55,413 --> 00:31:58,416
Elixiu mal.

381
00:32:03,171 --> 00:32:05,214
Tes moito odio dentro de ti.

382
00:32:06,507 --> 00:32:09,218
Non é que estea mal,
é unha maneira de vivir.

383
00:32:11,012 --> 00:32:16,225
Túa muller marchou e iso non cambiará,
tanto dá o que fagas.

384
00:32:16,935 --> 00:32:18,937
Sábelo ti e seino eu.

385
00:32:19,896 --> 00:32:21,731
Agora mesmo es unha pantasma.

386
00:32:23,191 --> 00:32:27,320
Pensa que estás morto.
Continúa estando morto e comeza de novo.

387
00:32:36,537 --> 00:32:41,834
<i>Ti elixes, Stan e Judy ou Ava e a avoa.</i>

388
00:32:49,050 --> 00:32:49,884
De acordo,

389
00:32:51,386 --> 00:32:52,595
ti gañas.

390
00:32:53,471 --> 00:32:55,014
Están en Carolina do Sur.

391
00:33:00,228 --> 00:33:01,396
<i>Queda con eles.</i>

392
00:33:02,647 --> 00:33:05,483
Ten unha libretiña negra
con números en clave.

393
00:33:06,067 --> 00:33:07,151
Olla no seu bolso.

394
00:33:13,658 --> 00:33:14,492
Esta?

395
00:33:19,539 --> 00:33:21,165
<i>Dilles que levas os cartos.</i>

396
00:33:31,342 --> 00:33:34,095
Unha volta carniceiro,
carniceiro por sempre.

397
00:33:44,147 --> 00:33:47,984
Ola, son Leo.
Teño os cartos, vou canda vós.

398
00:33:48,067 --> 00:33:51,237
Vémonos en The Smashing Crab
mañá pola mañá, ás 10.

399
00:33:51,320 --> 00:33:53,656
A carón da praia, vémonos.

400
00:34:01,456 --> 00:34:05,376
<i>Se non chamo antes das 10:15</i>
<i>mata as mulleres primeiro</i>.

401
00:34:05,460 --> 00:34:06,753
<i>Fai que mire.</i>

402
00:34:06,836 --> 00:34:09,047
Saúdos de Graham Davies.

403
00:34:38,659 --> 00:34:39,619
Que collóns?

404
00:35:06,187 --> 00:35:09,190
<i>Xa tiven dabondo,</i>
<i>non quero ese can vicioso na casa.</i>

405
00:35:10,483 --> 00:35:14,612
- Non debiches facer esa chamada.
- Crin que era o máis intelixente.

406
00:35:16,739 --> 00:35:19,742
Cando foi a última vez
que fixemos algo intelixente?

407
00:35:21,994 --> 00:35:22,829
Xa.

408
00:35:24,831 --> 00:35:26,415
Leámola ben, non si?

409
00:35:27,125 --> 00:35:29,210
Abofé que a leamos.

410
00:35:38,678 --> 00:35:39,971
Non vou marchar.

411
00:35:42,932 --> 00:35:45,017
Mentres sigas atada, abofé que non.

412
00:35:47,270 --> 00:35:48,521
Tamén fixemos iso.

413
00:35:52,733 --> 00:35:54,068
BENVIDOS A FOLLY BEACH

414
00:35:54,152 --> 00:35:57,071
<i>Son as 9:40 en Folly Beach.</i>
<i>Sabedes que significa?</i>

415
00:35:57,155 --> 00:36:01,075
<i>Quedan 20 minutos</i>
<i>para o Kenny Rogers Roast, un continuo…</i>

416
00:36:01,159 --> 00:36:03,786
Polo amor de Deus,
imos chegar tarde, veña.

417
00:36:03,870 --> 00:36:06,330
Tardarei o que tarde, carallo, Stan!

418
00:36:06,414 --> 00:36:07,248
Calade!

419
00:36:07,331 --> 00:36:09,667
Vén e obrígame, arrincareiche as bólas.

420
00:36:09,750 --> 00:36:10,751
Quedamos ás 10.

421
00:36:10,835 --> 00:36:12,336
…refregareiche o meu cu…

422
00:36:12,420 --> 00:36:14,964
Sei onde vives, fodido vello bocalán.

423
00:36:35,443 --> 00:36:39,280
Stan, relaxa, carallo.
Non pasa nada por dous minutos.

424
00:36:54,212 --> 00:36:58,341
FOLLY BEACH, CAROLINA DO SUR
DENDE 1998. TENDA DE SURF

425
00:37:30,164 --> 00:37:32,625
Veña, Judy, bule. Chegamos tarde.

426
00:37:35,002 --> 00:37:36,963
Ola, dígame que aínda ten lingua.

427
00:37:37,046 --> 00:37:38,965
- Aínda a temos.
- Grazas a Deus.

428
00:37:39,632 --> 00:37:43,594
Esgotóusevos ás 10 a última volta.
Ponme catro?

429
00:37:43,678 --> 00:37:46,305
- Non, seis. Queres unha?
- Quero.

430
00:37:46,889 --> 00:37:48,766
Oito tacos, por favor.

431
00:38:06,867 --> 00:38:08,619
Manda carallo, é Bob Goodwin.

432
00:38:08,703 --> 00:38:11,247
Ese é Bob?
Xesús, está enchoupado de sangue.

433
00:38:14,458 --> 00:38:16,794
- Dixeches que Leo viría só.
- Iso dixo.

434
00:38:16,877 --> 00:38:20,298
Dixo: "Son Leo, vou cos cartos.
Vai a The Smashing Crab."

435
00:38:20,881 --> 00:38:23,718
- Leva algo na chaqueta.
- Sospeitoso na praia.

436
00:38:23,801 --> 00:38:27,054
De verde e negro, sangue no ombro.
Probablemente armado.

437
00:38:32,101 --> 00:38:33,019
Vai.

438
00:39:13,684 --> 00:39:14,685
Goodwin!

439
00:39:18,147 --> 00:39:19,023
Ó, Stan.

440
00:39:36,290 --> 00:39:37,583
Non!

441
00:39:39,835 --> 00:39:41,629
Todos a terra!

442
00:39:49,678 --> 00:39:50,888
Nazan!

443
00:40:00,231 --> 00:40:02,233
FALO A MIÑA LINGUA!

444
00:41:07,756 --> 00:41:09,675
FBI

445
00:41:35,326 --> 00:41:37,328
JUDY, ADOITABA…

446
00:42:46,522 --> 00:42:48,482
<i>"O día remata e repousa a cabeza,</i>

447
00:42:49,900 --> 00:42:51,902
<i>o mar acurúxase mainamente na cama</i>

448
00:42:52,987 --> 00:42:58,242
e a pequena esquío lidera a banda
á fronte do bote, que se adentra no mar,

449
00:42:59,243 --> 00:43:01,161
e, mentres as nubes abren paso…"

450
00:43:16,302 --> 00:43:18,512
<i>Hannah, óesme?</i>

451
00:43:19,638 --> 00:43:22,266
Óiote… Vaites, ola.

452
00:43:22,349 --> 00:43:26,812
Ocorréuseme chamar, se non é mal momento.

453
00:43:26,895 --> 00:43:30,566
<i>É bo, xusto me colles na casa.</i>

454
00:43:31,150 --> 00:43:32,693
<i>Alégrame moito que chames.</i>

455
00:43:33,944 --> 00:43:36,572
<i>Non sabía se chegaban as miñas cartas.</i>

456
00:43:36,655 --> 00:43:37,656
Quería verte.

457
00:43:38,782 --> 00:43:42,620
e dicirche que aínda sigo por aquí.

458
00:43:44,288 --> 00:43:45,122
<i>Sigo tirando.</i>

459
00:43:46,290 --> 00:43:47,291
<i>E tamén…</i>

460
00:43:52,212 --> 00:43:54,548
As cousas que debín dicir,

461
00:43:55,716 --> 00:43:57,718
<i>as decisións que tomei…</i>

462
00:43:59,053 --> 00:44:00,471
Fixen moitas cousas mal.

463
00:44:02,806 --> 00:44:05,309
Mais todas elas, oxalá…

464
00:44:07,269 --> 00:44:10,064
non as fixese mal contigo.

465
00:44:11,565 --> 00:44:13,942
Non pasa nada, agora estou ben.

466
00:44:14,818 --> 00:44:18,280
- Estalo?
<i>- Estou. Vou con calma é…</i>

467
00:44:18,864 --> 00:44:21,700
aquí hai calma,
só temos o océano e os paxaros.

468
00:44:21,784 --> 00:44:23,577
Ti odiaríalo.

469
00:44:24,495 --> 00:44:27,289
A da cidade precisa sirenas
para manterse aguda.

470
00:44:30,167 --> 00:44:32,628
<i>Aí está, déixote.</i>

471
00:44:32,711 --> 00:44:35,089
Por favor, non marches. Só un segundiño.

472
00:44:41,345 --> 00:44:43,555
<i>Ola, dille ola ao avó.</i>

473
00:44:46,684 --> 00:44:48,143
Aí che está!

474
00:44:49,812 --> 00:44:50,979
Chameina Lily.

475
00:44:51,563 --> 00:44:52,690
<i>Dislle ola, Lil?</i>

476
00:44:54,692 --> 00:44:55,818
É preciosa, Hannah.

477
00:45:00,280 --> 00:45:01,573
Vese…

478
00:45:03,033 --> 00:45:03,867
afouta,

479
00:45:04,952 --> 00:45:05,786
forte.

480
00:45:08,580 --> 00:45:11,750
E estes están tan tolos coma sempre.

481
00:45:14,044 --> 00:45:15,462
<i>Están ben. Disllo a Ava?</i>

482
00:45:19,466 --> 00:45:20,300
Claro.

483
00:45:20,884 --> 00:45:22,386
<i>Virás visitarnos?</i>

484
00:45:23,387 --> 00:45:24,555
<i>Cando esteas…</i>

485
00:45:24,638 --> 00:45:26,724
- Gustaríame.
<i>- Cando se poida.</i>

486
00:45:27,433 --> 00:45:31,145
Hei de facer unhas cousas antes.

487
00:45:32,229 --> 00:45:33,439
<i>Pensei en…</i>

488
00:45:33,522 --> 00:45:34,398
Pensei en…

489
00:45:36,108 --> 00:45:40,362
comezar por dicir ola.

490
00:45:41,613 --> 00:45:42,573
Moi ben, logo.

491
00:45:44,575 --> 00:45:45,617
Ola.

492
00:46:02,468 --> 00:46:04,762
Parabéns, axentes.

493
00:46:06,930 --> 00:46:08,056
Acaso o leu?

494
00:46:08,140 --> 00:46:09,224
Xogáronnola.

495
00:46:10,809 --> 00:46:12,895
Goodwin está morto, Ava está morta.

496
00:46:12,978 --> 00:46:15,272
É cuestión de tempo atopar os demais.

497
00:46:15,355 --> 00:46:18,275
Recobramos os diamantes
da caixa forte de Zanetti.

498
00:46:18,776 --> 00:46:20,360
Seméllame ben atado.

499
00:46:20,444 --> 00:46:21,528
Non rematou.

500
00:46:21,612 --> 00:46:23,155
Alguén zafouse con…

501
00:46:24,156 --> 00:46:27,159
algo e seguimos andando en círculos.

502
00:46:28,035 --> 00:46:31,830
Se non lle importa,
non entendo nada deste maldito traballo.

503
00:46:33,874 --> 00:46:35,292
Iso é o que me preocupa.

504
00:46:41,089 --> 00:46:42,758
Chamemos a Stefan Thiele.

505
00:46:42,841 --> 00:46:45,052
Diremos que Woo recoñeceu o roubo.

506
00:46:45,135 --> 00:46:46,386
- Mesmo pica.
- Nazan…

507
00:46:47,513 --> 00:46:48,514
acabouse.

508
00:46:49,932 --> 00:46:52,643
Ben, marcha. Chamarei eu.

509
00:47:34,142 --> 00:47:37,271
Non había de tenreira italiana
na máquina expendedora.

510
00:47:56,123 --> 00:47:57,791
Leo era?

511
00:47:58,917 --> 00:48:01,086
Estou afacéndome a Ray.

512
00:48:07,009 --> 00:48:09,428
Un amigo teu veu visitarme o outro día.

513
00:48:10,637 --> 00:48:12,097
Non o volverás ver.

514
00:48:12,806 --> 00:48:14,766
Unha mágoa, era encantador.

515
00:48:17,102 --> 00:48:20,939
Sabes que, con que abra a boca
estarás aquí, canda min.

516
00:48:22,232 --> 00:48:23,066
Pois adiante.

517
00:48:24,526 --> 00:48:25,777
Pero deixa a Hannah.

518
00:48:25,861 --> 00:48:28,113
Ao carallo por pensar que a mancaría.

519
00:48:28,196 --> 00:48:29,698
Máis do que o fixeches?

520
00:48:32,576 --> 00:48:34,536
Sabes canto anos a procurei?

521
00:48:34,620 --> 00:48:36,413
- Non tiñas dereito.
- Quizais.

522
00:48:37,623 --> 00:48:40,626
Deille algo que ambicionar, algo real.

523
00:48:41,793 --> 00:48:44,254
De non apareceres, a saber onde estaría.

524
00:48:44,338 --> 00:48:45,547
Vaille ben.

525
00:48:46,673 --> 00:48:48,091
Atopou o camiño ela soa.

526
00:48:51,178 --> 00:48:52,554
Condenáronme a 20 anos.

527
00:48:53,931 --> 00:48:55,807
O avogado di que serán oito.

528
00:48:58,143 --> 00:48:59,144
Canto che queda?

529
00:49:04,316 --> 00:49:06,068
Debiches vir comigo, Ray.

530
00:49:07,194 --> 00:49:08,528
Seriamos ricos xuntos.

531
00:49:08,612 --> 00:49:10,489
Ti precisas ser rico, eu non.

532
00:49:10,572 --> 00:49:13,825
- Iso che dis a ti mesmo?
- Roubáchesme todo o que tiña.

533
00:49:15,619 --> 00:49:19,790
Polo tanto, pasaches 25 anos
obsesionado coa maneira de quitarme o meu.

534
00:49:22,209 --> 00:49:24,211
- Hostia, Ray. Por que?
- Xustiza?

535
00:49:24,294 --> 00:49:25,629
Son a túa escusa, Ray.

536
00:49:25,712 --> 00:49:29,675
Culpáchesme a min por facer
exactamente o que querías facer, concho.

537
00:49:31,051 --> 00:49:31,927
Es un ladrón.

538
00:49:32,010 --> 00:49:34,972
Poderás mudar o nome, mais tanto ten.
Es o que es.

539
00:49:35,472 --> 00:49:36,890
Por un tempo, non o fun.

540
00:49:37,391 --> 00:49:39,267
Se cadra durante un chisco.

541
00:49:41,812 --> 00:49:44,731
Pois aquí estou,

542
00:49:45,440 --> 00:49:47,609
arruinado e encarcerado, e ti…

543
00:49:49,945 --> 00:49:50,904
Pagou a pena?

544
00:49:53,615 --> 00:49:55,242
Todos eses condenados anos.

545
00:49:57,202 --> 00:49:58,203
Para isto?

546
00:50:01,415 --> 00:50:03,333
Podías salvala esa noite?

547
00:50:04,418 --> 00:50:05,711
Podías salvar a Lily?

548
00:50:09,756 --> 00:50:10,590
Non o sei.

549
00:50:18,223 --> 00:50:19,057
Non o sei.

550
00:50:22,728 --> 00:50:24,813
<i>E cando estará dispoñible?</i>

551
00:50:25,897 --> 00:50:27,566
Non quero que me chame logo.

552
00:50:27,649 --> 00:50:31,903
Dígalle á xefa que o atrase canto queira,
teño preguntas e non pararei.

553
00:50:32,446 --> 00:50:33,447
Xa, de acordo.

554
00:50:35,532 --> 00:50:39,453
Perdoe, sabe onde está
a estación de tren máis próxima?

555
00:50:39,536 --> 00:50:40,537
Si, por aí.

556
00:50:41,538 --> 00:50:44,583
Moitas grazas, alégrome de estar aquí.

557
00:51:01,349 --> 00:51:05,979
ARMAS - EXPLOSIVOS - LADRÓN DE CAIXAS
CONTRABANDISTA - CONDUTOR - CEREBRO

558
00:51:06,063 --> 00:51:07,731
OS TRIXEMELGOS

559
00:51:07,814 --> 00:51:09,816
CORPO CALCINADO, CAMPAMENTO DE INDIXENTES

560
00:51:11,359 --> 00:51:13,153
ANEGADA??

561
00:51:16,156 --> 00:51:17,783
Xa o vira antes, sabes?

562
00:51:19,201 --> 00:51:21,244
Este traballo pode atraparte.

563
00:51:22,913 --> 00:51:24,081
Non te culpes.

564
00:54:26,721 --> 00:54:31,726
Subtítulos: Bruno Martínez Pita

