1
00:00:16,850 --> 00:00:20,770
ENTRANDO NO EPISODIO VERMELLO:
A MAÑÁ TRAS O ATRACO

2
00:00:38,246 --> 00:00:41,374
<i>Ninguén sabe o momento exacto</i>
<i>no que todo se esboroou.</i>

3
00:00:44,335 --> 00:00:46,254
<i>Cando as emocións se dispararon…</i>

4
00:00:48,631 --> 00:00:50,133
<i>cando as armas apuntaron…</i>

5
00:00:52,343 --> 00:00:53,970
<i>cando se impuxo o medo…</i>

6
00:00:57,223 --> 00:00:59,059
<i>cando o líder fraqueou.</i>

7
00:01:14,032 --> 00:01:15,158
<i>Cada mala decisión…</i>

8
00:01:18,787 --> 00:01:19,913
<i>cada paso en falso…</i>

9
00:01:25,210 --> 00:01:26,628
<i>repíteo todo, se gustas.</i>

10
00:01:31,382 --> 00:01:36,054
<i>A sospeita, a culpa, as mentiras.</i>

11
00:02:26,437 --> 00:02:29,566
<i>Ninguén sabe o momento exacto</i>
<i>no que todo se esboroou.</i>

12
00:03:03,516 --> 00:03:08,271
<i>Levo case 30 anos cubrindo tormentas,</i>
<i>e case nunca vira unha híbrida tal…</i>

13
00:03:08,354 --> 00:03:10,523
<i>…unha destrución tripla.</i>

14
00:03:10,607 --> 00:03:12,525
<i>Chámana a tormenta perfecta.</i>

15
00:03:12,609 --> 00:03:14,277
<i>Veñen marusías ciclónicas…</i>

16
00:03:14,360 --> 00:03:17,030
<i>Mentres Ignacio</i>
<i>deixa a cidade e vai ao norte,</i>

17
00:03:17,113 --> 00:03:20,450
<i>chégannos informacións</i>
<i>dun estoupido no Center Mall.</i>

18
00:03:21,034 --> 00:03:24,996
<i>Vese unha devastación total</i>
<i>por toda a cidade.</i>

19
00:03:25,079 --> 00:03:27,749
<i>Cada rúa, cada lugar que ollamos…</i>

20
00:03:27,832 --> 00:03:32,128
<i>Aquí, en Times Square,</i>
<i>vemos gran parte da cidade na penumbra,</i>

21
00:03:32,212 --> 00:03:37,300
<i>mais, de lonxe, a súa silueta</i>
<i>segue brillando coma sempre.</i>

22
00:03:42,513 --> 00:03:45,767
- Onde carallo pensas que vas?
- Estamos fodidos.

23
00:03:45,850 --> 00:03:50,271
- Lago Tupper, 3 días. Aquí non é seguro.
- Levemos os bonos ao receptador.

24
00:03:52,482 --> 00:03:53,483
Onde están?

25
00:03:53,566 --> 00:03:55,693
Na camioneta, onde deben estar.

26
00:03:55,777 --> 00:04:00,615
Eu debía poñelos no ascensor e fíxeno,
mais subín e non estaban, nin a camioneta.

27
00:04:01,449 --> 00:04:04,953
- E Ava? Non estabas con ela?
- E Bob? Non estabas con el?

28
00:04:06,371 --> 00:04:09,916
Si, mais separámonos.
Pensaba que estaría de volta aquí.

29
00:04:09,999 --> 00:04:11,501
Pois non está ninguén.

30
00:04:11,584 --> 00:04:14,045
Collamos estes pasaportes e lisquemos.

31
00:04:17,632 --> 00:04:21,094
Non fixen todo o que fixen
para marchar sen nada.

32
00:04:21,177 --> 00:04:23,513
Non iremos a ningures ata ter os bonos.

33
00:04:23,596 --> 00:04:27,183
- Cres que alguén nola xogou?
- Co honestos que somos todos?

34
00:04:29,310 --> 00:04:31,729
- E o do FBI?
- Escoitarían as alarmas.

35
00:04:31,813 --> 00:04:34,023
Non, escoiteinos pola radio.

36
00:04:34,107 --> 00:04:37,986
Apareceron antes de saltaren as alarmas,
así que alguén os avisou.

37
00:04:41,030 --> 00:04:42,740
É dicir, temos unha toupa.

38
00:05:02,260 --> 00:05:03,094
Leo!

39
00:05:05,680 --> 00:05:06,514
Entra!

40
00:05:07,140 --> 00:05:08,099
Tío, acouga!

41
00:05:09,225 --> 00:05:11,227
- Quen era?
- Quen, Damarion?

42
00:05:11,311 --> 00:05:12,729
Quen carallo é Damarion?

43
00:05:12,812 --> 00:05:15,690
Acouga, é húngaro. Deume esta pera.

44
00:05:15,773 --> 00:05:17,984
- Tróuxote un amigo?
- Abofé que non.

45
00:05:21,112 --> 00:05:22,071
Stan, non…

46
00:05:25,199 --> 00:05:26,826
Viñeches en Uber á reunión?

47
00:05:27,785 --> 00:05:31,122
Era un Lyft,
porque os prezos subiron que flipas.

48
00:05:31,205 --> 00:05:33,458
Eu non sei pontear un coche, sabes?

49
00:05:33,541 --> 00:05:37,211
Non son ti. Teño unha conta falsa
que uso para facer entregas.

50
00:05:37,295 --> 00:05:41,049
- E non colles a camioneta?
- Non estaba, pero direiche quen si.

51
00:05:44,677 --> 00:05:46,304
Mira quen decidiu aparecer.

52
00:05:48,139 --> 00:05:49,140
E teu marido?

53
00:05:50,475 --> 00:05:51,309
Non o sei.

54
00:05:53,644 --> 00:05:54,937
E RJ?

55
00:05:56,814 --> 00:05:57,940
Onde está RJ, Judy?

56
00:06:05,114 --> 00:06:06,824
Leo non ten os bonos.

57
00:06:09,994 --> 00:06:11,579
Estás de chola.

58
00:06:11,662 --> 00:06:12,997
Todo foi para nada?

59
00:06:13,081 --> 00:06:17,085
Toda a montaxe da hostia,
merecente dun galardón, foi para nada?

60
00:06:17,168 --> 00:06:19,587
- Alguén ten os bonos…
- Abofé que os ten!

61
00:06:20,213 --> 00:06:22,298
- Estará camiño das Fiji.
- Non.

62
00:06:22,382 --> 00:06:26,636
Alguén irá nun avión cun mimosa
nunha man e un corte de manga na outra.

63
00:06:26,719 --> 00:06:28,221
Bob non levou os bonos.

64
00:06:28,304 --> 00:06:32,892
Intentou matarnos pero non levou os bonos?
Como o carallo o sabes?

65
00:06:44,070 --> 00:06:47,073
Roger, vin tan rápido como puiden.

66
00:06:47,698 --> 00:06:49,909
Vinos por vídeo.

67
00:06:49,992 --> 00:06:51,452
Non poden estar lonxe.

68
00:06:51,536 --> 00:06:55,456
Quero saber quen son
e como entraron na miña cámara acoirazada.

69
00:06:56,374 --> 00:06:59,168
Olla cada gravación
e cada rexistro das alarmas.

70
00:06:59,252 --> 00:07:00,962
Fai un varrido dos sistemas.

71
00:07:01,462 --> 00:07:03,548
- Ben.
- E trae uns forenses.

72
00:07:05,049 --> 00:07:06,634
Carlos, que carallo pasou?

73
00:07:06,717 --> 00:07:07,760
Eu…

74
00:07:07,844 --> 00:07:09,220
tiña a un deles.

75
00:07:09,303 --> 00:07:10,304
Recoñecíchelo?

76
00:07:11,389 --> 00:07:12,223
Drogáronos.

77
00:07:12,306 --> 00:07:15,184
- Ai si?
- Faltan as últimas seis horas de vídeo.

78
00:07:55,183 --> 00:07:57,685
Chama uns buzos, quero ver o interior.

79
00:07:57,768 --> 00:08:01,439
As caixas dos bonos resisten a auga,
así que estarán a salvo.

80
00:08:01,522 --> 00:08:05,526
Sabes que se supoñía
que resistía a auga tamén? Toda a cámara!

81
00:08:10,907 --> 00:08:12,283
Temos invitados.

82
00:08:12,783 --> 00:08:14,702
- Que fai aquí o FBI?
- Non sei.

83
00:08:14,785 --> 00:08:16,746
- Que marchen.
- Poden virnos ben…

84
00:08:16,829 --> 00:08:20,208
Stefan Thiele ten oídos en todas partes,
incluso no FBI.

85
00:08:20,291 --> 00:08:23,961
Non quero que se decate
ata saber que os bonos están ben. Veña.

86
00:08:32,094 --> 00:08:34,388
Vou baixar, temos unha causa probable.

87
00:08:36,182 --> 00:08:39,018
Axente Abbassi, do FBI.
Procuramos a Roger Salas.

88
00:08:39,560 --> 00:08:44,190
Síntoo, mais o señor Salas está ocupado.
Hannah Kim, de seguridade dixital.

89
00:08:44,273 --> 00:08:46,400
Sospeitamos que atracaron a cámara.

90
00:08:46,484 --> 00:08:47,652
Que dramático,

91
00:08:48,653 --> 00:08:51,447
se nos roubasen,
eu sería a primeira en sabelo.

92
00:08:51,531 --> 00:08:53,950
Temos informadores na banda.

93
00:08:55,576 --> 00:08:59,914
Xa vexo. Mais, desafortunadamente,
todo está ben e a salvo en SLS.

94
00:08:59,997 --> 00:09:03,334
Pero están todos aquí.
ás catro da mañá e cun furacán.

95
00:09:03,417 --> 00:09:05,086
Se tentasen roubar a cámara…

96
00:09:05,169 --> 00:09:08,798
- Cosa que non pasou.
- Non o dicir sería obstruír a xustiza.

97
00:09:10,925 --> 00:09:13,761
A non ser que volvan cunha orde xudicial…

98
00:09:13,844 --> 00:09:16,806
Axentes! Son Roger Salas.

99
00:09:16,889 --> 00:09:19,517
Grazas for viren comprobar se todo ía ben.

100
00:09:19,600 --> 00:09:22,895
Por sorte, foi unha falsa alarma
por uns danos pola auga.

101
00:09:22,979 --> 00:09:27,608
- Gustaríanos baixar a botar unha ollada.
- Estarei encantado, previo aviso.

102
00:09:27,692 --> 00:09:32,113
Meus clientes son moi reservados.
Non podo deixar entrar a calquera, sabe?

103
00:09:32,196 --> 00:09:34,282
Non somos un calquera, senón o FBI.

104
00:09:34,365 --> 00:09:37,368
Chegados a uns niveis,
todos somos uns calquera.

105
00:09:45,126 --> 00:09:46,919
Xa o fixemos perder moi tempo.

106
00:09:52,049 --> 00:09:54,176
Non teñen nada, só tiran a cana.

107
00:10:02,768 --> 00:10:06,689
Non poderemos entrar en SLS,
mais si procurar os que os atracaron.

108
00:10:06,772 --> 00:10:09,483
Mercer vai na camioneta,
gravaríana en tráfico.

109
00:10:09,567 --> 00:10:11,569
- Rastrexarémola.
- Ata o encontro.

110
00:10:13,696 --> 00:10:16,657
Síntoo, mais logo do desta noite
non confío en vós.

111
00:10:18,909 --> 00:10:22,830
Canto máis cres coñecer a alguén,
máis fácil te engana.

112
00:10:26,334 --> 00:10:28,169
En tres días, no lago Tupper.

113
00:10:32,173 --> 00:10:33,424
Sen os bonos, ou?

114
00:10:35,217 --> 00:10:38,346
Aquí non estamos seguros,
que non entendedes?

115
00:10:38,429 --> 00:10:42,099
- Non marchamos sen os cartos.
- Sen bonos, non hai pasaportes.

116
00:10:42,183 --> 00:10:44,226
- Se Salas nos atopa…
- Como?

117
00:10:44,310 --> 00:10:46,687
- Sen vídeo nin impresións.
- E a cámara?

118
00:10:46,771 --> 00:10:48,773
<i>Ha de ser un acuario agora.</i>

119
00:10:49,357 --> 00:10:51,734
<i>E se deixamos algo que nos conecte?</i>

120
00:10:52,318 --> 00:10:55,237
<i>Foi limpo, é imposible</i>
<i>que Salas nos identifique.</i>

121
00:11:01,827 --> 00:11:06,499
<i>- E o amplificador?</i>
<i>- Xenérico de RadioShack, irrastrexable.</i>

122
00:11:08,709 --> 00:11:11,504
Stan, onde están os teus anteollos?

123
00:11:14,715 --> 00:11:15,549
Non, eu…

124
00:11:16,967 --> 00:11:17,885
Probablemente…

125
00:11:24,892 --> 00:11:25,893
Merda!

126
00:11:31,190 --> 00:11:36,529
É Ava Mercer, ou? Saíu ás 3:23 e 5 minutos
despois estaba na Essex coa Delancey.

127
00:11:36,612 --> 00:11:41,117
Ás 3:41, na zona alta, na 58 coa Segunda.

128
00:11:41,200 --> 00:11:42,535
Está por todas partes.

129
00:11:42,618 --> 00:11:44,495
Está ferida, confusa?

130
00:11:46,330 --> 00:11:49,083
Son as pontes de entrada,
intenta saír da illa.

131
00:11:49,166 --> 00:11:52,086
Continúa procurando,
levaranos ao resto da banda.

132
00:12:11,188 --> 00:12:14,442
Uns laboratorios tecnolóxicos
están analizando o ADN.

133
00:12:25,745 --> 00:12:27,788
Stefan, alégrame escoitalo.

134
00:12:27,872 --> 00:12:30,708
<i>Teño entendido que houbo</i>
<i>un problema na cámara.</i>

135
00:12:30,791 --> 00:12:32,001
Non que eu saiba.

136
00:12:32,918 --> 00:12:37,173
Señor Thiele, son Hannah Kim.
O furacán non a afectou.

137
00:12:37,256 --> 00:12:39,091
<i>Non é o que se me indica.</i>

138
00:12:39,175 --> 00:12:42,344
- Non sei onde o escoitaría.
<i>- Vixío os meus cartos.</i>

139
00:12:42,428 --> 00:12:45,723
Podo asegurarlle que os seus bonos
están a salvo, Stefan.

140
00:12:49,018 --> 00:12:52,104
<i>É bo sabelo. Irei á primeira hora da mañá.</i>

141
00:12:56,650 --> 00:12:58,319
<i>Quen é Roger Salas?</i>

142
00:12:58,944 --> 00:13:01,280
Polo seu currículo, naceu en Venezuela,

143
00:13:01,363 --> 00:13:04,366
aos trinta estaba no Xapón
e aos corenta nos EE. UU.

144
00:13:06,577 --> 00:13:07,912
Olla isto.

145
00:13:07,995 --> 00:13:12,166
O pasaporte venezolano de Salas,
de 1994, e o estadounidense.

146
00:13:12,249 --> 00:13:13,959
Non é o mesmo tipo.

147
00:13:14,043 --> 00:13:17,338
E nada concorda cos datos
que lles deu aos de Valores.

148
00:13:22,551 --> 00:13:25,638
Oe, na banda todos
están conectados con Vernon, non?

149
00:13:26,639 --> 00:13:30,434
RECLUSO FOXE DE PRISIÓN
ACHADO CULPABLE DO INCENDIO EN GLEN HILLS

150
00:13:32,853 --> 00:13:34,688
Vellos amigos, que interesante.

151
00:13:43,697 --> 00:13:44,949
Todo o que construín…

152
00:13:47,368 --> 00:13:48,953
todo polo que traballei…

153
00:13:51,330 --> 00:13:52,957
Gozarán destruíndome.

154
00:13:53,833 --> 00:13:56,752
Acharemos a xente que fixo isto.
Están en algures.

155
00:13:56,836 --> 00:13:58,212
Recuperarei os bonos

156
00:13:59,046 --> 00:14:02,716
e asegurareime de que consiga
todo o que merece.

157
00:14:31,704 --> 00:14:33,539
É o tipo da revisión dos ollos.

158
00:14:33,622 --> 00:14:36,876
Chegou ás 12:35 e marchou ás 13:18.

159
00:14:36,959 --> 00:14:38,002
Cámaras de fóra.

160
00:14:47,219 --> 00:14:48,053
Aí.

161
00:15:01,108 --> 00:15:05,362
Abofé, deixei as gafas,
pero Salas non pode rastrexar iso, non?

162
00:15:05,446 --> 00:15:07,406
Non sabes do que é capaz.

163
00:15:09,825 --> 00:15:13,996
Se cadra ten razón.
É un risco, talvez debamos marchar.

164
00:15:15,706 --> 00:15:17,082
Talvez debamos marchar?

165
00:15:22,713 --> 00:15:25,466
Xa vexo, estades xuntos nisto.

166
00:15:25,549 --> 00:15:26,467
Desculpa?

167
00:15:26,550 --> 00:15:29,511
Ti telo a el, el ten a Ava
e Ava ten o receptador.

168
00:15:33,390 --> 00:15:35,976
Stan, nunca pensaches
que cha está a xogar?

169
00:15:36,685 --> 00:15:40,397
Que o pai subrogado
lévate polo camiño que el quere?

170
00:15:40,481 --> 00:15:42,483
Non o levo a ningunha parte.

171
00:15:42,566 --> 00:15:44,944
Non che sei, tes segredos ás cheas.

172
00:15:45,027 --> 00:15:49,281
Pensas que cha metería así,
logo de oito anos?

173
00:15:49,365 --> 00:15:51,742
A todo isto, que che contou, Stan?

174
00:15:52,952 --> 00:15:54,745
Canto sabes de verdade?

175
00:15:56,747 --> 00:15:57,623
Ten razón.

176
00:15:58,749 --> 00:16:02,252
O único que sei é de cando chorabas
ao durmir en Washington.

177
00:16:02,878 --> 00:16:04,088
Vin que eras humano.

178
00:16:04,171 --> 00:16:08,342
- Ao menos non vou detrás dunha casada.
- Non tes nin idea do que nós…

179
00:16:08,425 --> 00:16:09,969
Só sei o que vexo.

180
00:16:11,345 --> 00:16:12,680
Tivemos o que tivemos.

181
00:16:14,473 --> 00:16:18,143
Cando isto remate, irei pola miña conta
e vós iredes pola vosa.

182
00:16:18,227 --> 00:16:20,270
E pensar que sería diferente.

183
00:16:20,354 --> 00:16:21,689
Pensas que cha xogo?

184
00:16:22,398 --> 00:16:25,734
- Quedade coa miña parte e dividídea.
- Dividir o que?

185
00:16:25,818 --> 00:16:27,903
Danlle igual os cartos.

186
00:16:30,155 --> 00:16:32,616
Nunca foi polos cartos, verdade?

187
00:16:35,619 --> 00:16:37,079
Por que foi, Leo?

188
00:16:38,789 --> 00:16:40,499
Por que arriscamos a vida?

189
00:16:56,974 --> 00:16:58,100
Estamos pechados.

190
00:17:04,982 --> 00:17:07,192
- É a muller de Stan Loomis?
- Sonlle.

191
00:17:09,778 --> 00:17:13,157
Son o inspector Miguel Fuentes
e procuro o seu esposo.

192
00:17:14,366 --> 00:17:16,994
Hai anos que cumpriu a condicional.

193
00:17:17,870 --> 00:17:19,663
Non se meteu en problemas.

194
00:17:20,164 --> 00:17:24,418
O señor Loomis traballa connosco
provéndonos información

195
00:17:25,002 --> 00:17:27,171
e pensamos que pode estar en perigo.

196
00:17:28,881 --> 00:17:30,090
Quero axudar.

197
00:17:34,470 --> 00:17:36,388
Di que Stan é un informador?

198
00:17:37,848 --> 00:17:39,308
Nunca o amentara.

199
00:17:39,391 --> 00:17:41,060
Iso faino bo informante.

200
00:17:41,643 --> 00:17:44,605
Está ilocalizable
e agardabamos que estivese aquí.

201
00:17:44,688 --> 00:17:45,522
Pois non está.

202
00:17:46,857 --> 00:17:47,733
Nin ninguén.

203
00:17:47,816 --> 00:17:48,650
Ola?

204
00:17:49,276 --> 00:17:50,360
Barbara?

205
00:17:50,444 --> 00:17:52,654
Non pasa nada, Barbara, volve á cama!

206
00:17:52,738 --> 00:17:55,032
Falades do meu Stan?

207
00:17:55,699 --> 00:17:56,950
Ninguén?

208
00:18:01,580 --> 00:18:05,042
Este cabaleiro di que procura a Stan.

209
00:18:05,667 --> 00:18:08,962
Son o inspector Fuentes
e vostede ha de ser súa nai.

210
00:18:09,046 --> 00:18:10,422
Fala moito de vostede.

211
00:18:10,506 --> 00:18:14,176
É un bo rapaz.
Seu pai, que en paz descanse…

212
00:18:14,259 --> 00:18:16,804
Intentamos localizalo,
estamos preocupados.

213
00:18:16,887 --> 00:18:19,973
Díxenlle ao inspector
que non sabemos onde está Stan.

214
00:18:20,057 --> 00:18:23,560
Tes a cousa esa do móbil,
"Acha o meu móbil" ou non sei que.

215
00:18:25,771 --> 00:18:26,605
Abofé.

216
00:18:29,316 --> 00:18:30,567
Deixa que a olle.

217
00:18:38,117 --> 00:18:40,869
A Stan daralle rabia non estar.

218
00:18:45,332 --> 00:18:46,166
Vaia.

219
00:18:47,334 --> 00:18:51,046
Non o atopo, ha de ser pola tormenta.

220
00:18:51,547 --> 00:18:52,923
Tombaría o sinal.

221
00:18:53,006 --> 00:18:55,342
Xa, agardo que non estea aí fóra soíño.

222
00:18:56,176 --> 00:19:00,097
Sobre todo coa xente coa que está metido.
Poden ser impredicibles.

223
00:19:01,014 --> 00:19:05,435
Tamén o teño no meu móbil, seguro
que está xogando ao póker cos amigos.

224
00:19:26,915 --> 00:19:28,417
<i>Ben, grazas, Carlos.</i>

225
00:19:31,378 --> 00:19:35,048
Carlos rastrexouno
ata un taller de coches en Red Hook.

226
00:19:36,425 --> 00:19:37,759
Reunirá os seus homes.

227
00:19:38,260 --> 00:19:39,803
Que fará?

228
00:19:40,470 --> 00:19:43,724
Carlos fará o que adoita facer.

229
00:19:46,351 --> 00:19:48,395
É a mellor opción?

230
00:19:49,146 --> 00:19:50,898
Esgotáronse as opcións.

231
00:20:02,409 --> 00:20:04,661
Teño dabondo de Salas para ir ao xuíz.

232
00:20:04,745 --> 00:20:06,246
Mercer chegou a Brooklyn.

233
00:20:06,330 --> 00:20:08,040
Se bulimos, podemos cachalos.

234
00:20:09,458 --> 00:20:11,084
Imposible estar nos dous sitios.

235
00:20:14,379 --> 00:20:15,464
Precisamos axuda.

236
00:20:16,381 --> 00:20:18,008
En canto faga esta chamada,

237
00:20:19,551 --> 00:20:22,679
todo o que fixemos por libre sairá á luz.

238
00:20:23,931 --> 00:20:26,016
Levo metida nisto demasiado…

239
00:20:26,725 --> 00:20:28,936
perdín demasiado como para o deixar.

240
00:20:29,436 --> 00:20:30,312
Mais ti…

241
00:20:31,438 --> 00:20:32,856
tes unha carreira.

242
00:20:32,940 --> 00:20:37,569
A min dáme igual o que me pase,
máis ti non has porqué caer comigo.

243
00:20:45,118 --> 00:20:47,579
Fai esa chamada, manda unha brigada.

244
00:21:15,190 --> 00:21:17,192
Podemos discutilo canto queirades.

245
00:21:17,818 --> 00:21:21,530
- Cando Roger mande a Carlos, acabouse.
- Agás se é a túa toupa.

246
00:21:21,613 --> 00:21:24,449
- Non pensas claro.
- Penso claro coma o día.

247
00:21:24,533 --> 00:21:28,996
Tes a toupa, tes a Ava e ela ten
o receptador. Tes todo o preciso.

248
00:21:29,079 --> 00:21:31,415
Se non te parase antes, deixaríasnos.

249
00:21:46,054 --> 00:21:49,599
- Ava, déronche. Estás ben?
- Tes unha pinta horrible.

250
00:21:49,683 --> 00:21:51,393
- Veña, apóiate en min.
- Ben.

251
00:21:55,355 --> 00:21:56,648
- Vas ben?
- Lévoa eu.

252
00:21:56,732 --> 00:21:58,775
- Estou ben.
- Sabes se é grave?

253
00:21:58,859 --> 00:22:00,527
Só me rozou, estou ben.

254
00:22:01,820 --> 00:22:03,447
Amodiño.

255
00:22:07,159 --> 00:22:09,745
- Ben, ti queda aí.
- Estou ben, vou sentar.

256
00:22:10,454 --> 00:22:11,371
Quen che deu?

257
00:22:12,956 --> 00:22:15,751
Os gardas de SLS, non paraban de chegar.

258
00:22:16,585 --> 00:22:18,837
Viron a camioneta, estamos fodidos.

259
00:22:18,920 --> 00:22:21,173
Carguemos os coches e lisquemos.

260
00:22:21,256 --> 00:22:24,343
E eu que te imaxinaba
a medio camiño de México.

261
00:22:24,426 --> 00:22:27,804
- Son arxentina.
- Verdade, unha tenreira excelente.

262
00:22:29,598 --> 00:22:33,769
- Por que colliches a camioneta?
- Tiña os bonos e non quedaba ninguén.

263
00:22:33,852 --> 00:22:36,980
Estaban a camioneta e os bonos,
mais ninguén de vós.

264
00:22:37,064 --> 00:22:37,898
E RJ?

265
00:22:39,399 --> 00:22:40,233
E Bob?

266
00:22:42,444 --> 00:22:43,653
Ficou, Judy.

267
00:22:43,737 --> 00:22:44,988
Como que ficou?

268
00:22:45,489 --> 00:22:46,948
Vino na estrada.

269
00:22:48,325 --> 00:22:49,493
Bob morreu.

270
00:22:53,622 --> 00:22:54,456
Síntoo.

271
00:23:00,253 --> 00:23:01,254
Como morreu?

272
00:23:01,755 --> 00:23:04,716
Nin idea, só o vin alí.

273
00:23:05,258 --> 00:23:06,593
Sangraba ou…

274
00:23:06,676 --> 00:23:09,054
Estaba morto, máis que morto.

275
00:23:09,137 --> 00:23:12,432
- Non digo iso. Disparáronlle?
- Cala a puta boca, Stan!

276
00:23:19,272 --> 00:23:20,399
Non!

277
00:23:21,483 --> 00:23:22,317
Non.

278
00:23:27,114 --> 00:23:28,782
Cago en diola!

279
00:23:35,414 --> 00:23:37,958
- Sabíao, xogáchesnola!
- E veño cos falsos?

280
00:23:38,041 --> 00:23:40,293
- Así pareces inocente.
- Están xuntos.

281
00:23:40,377 --> 00:23:42,170
Leváchelos ti ao ascensor.

282
00:23:42,254 --> 00:23:44,881
Ti tivéchelos dúas horas,
non veñas con esas.

283
00:23:44,965 --> 00:23:46,716
Onde estabas cando veu o FBI?

284
00:23:46,800 --> 00:23:49,845
Logo, apuñalo polas costas
ou son unha toupa do FBI?

285
00:23:49,928 --> 00:23:51,346
Por que non as dúas?

286
00:23:51,430 --> 00:23:53,807
E RJ? É o único que non está aquí.

287
00:23:53,890 --> 00:23:56,143
- Se cadra ten os bonos.
- Non foi RJ.

288
00:23:56,226 --> 00:24:01,398
Sabedes que? Vou coller os bonos reais
e o meu pasaporte falso e escapo de vós.

289
00:24:01,940 --> 00:24:05,026
- É propiedade comunitaria.
- Non ouses apuntala.

290
00:24:05,110 --> 00:24:07,571
Parade todos.

291
00:24:32,846 --> 00:24:35,849
- Dinos onde os puxeches.
- Ela non ten os bonos.

292
00:24:35,932 --> 00:24:37,934
Como o sabes de certo?

293
00:24:39,227 --> 00:24:40,353
Se cadra foi Salas.

294
00:24:40,437 --> 00:24:42,272
- E alguén o alertou.
- Que non.

295
00:24:44,649 --> 00:24:46,151
A cuberto! Fóra do medio!

296
00:24:47,486 --> 00:24:48,320
Veña!

297
00:25:13,136 --> 00:25:14,638
Soltade as armas.

298
00:25:14,721 --> 00:25:15,555
Merda.

299
00:25:18,892 --> 00:25:20,477
Soltádeas ou morrerá.

300
00:25:24,606 --> 00:25:27,150
Soltádeas agora mesmo.

301
00:25:29,277 --> 00:25:30,445
Apartádeas co pé.

302
00:25:37,369 --> 00:25:38,620
Que carallo é isto?

303
00:25:42,207 --> 00:25:43,875
Onde está o resto dos bonos?

304
00:25:43,959 --> 00:25:45,335
Non os temos.

305
00:25:46,211 --> 00:25:47,295
Oe!

306
00:25:47,879 --> 00:25:48,713
Os bonos.

307
00:25:49,631 --> 00:25:53,927
O primeiro disparo será nos nocellos,
o segundo nos xeonllos

308
00:25:54,010 --> 00:25:57,597
e irei subindo ata que me digades
onde están os bonos.

309
00:25:58,265 --> 00:25:59,933
E agardo que tardedes moito…

310
00:26:00,016 --> 00:26:02,018
Direivos todo, non lle fagas dano.

311
00:26:02,102 --> 00:26:02,936
Cala, Judy!

312
00:26:03,687 --> 00:26:06,856
Nun almacén en Bensonhurst.
Puxen a chave no despacho.

313
00:26:06,940 --> 00:26:09,901
- Amosareivos onde, non o manquedes.
- Arreando.

314
00:26:10,443 --> 00:26:12,404
Merda, carallo.

315
00:26:21,037 --> 00:26:22,747
Hai unha caixa trala cama.

316
00:26:42,976 --> 00:26:44,060
Lisquemos de aquí.

317
00:27:35,945 --> 00:27:36,780
Veña.

318
00:28:03,098 --> 00:28:05,725
- Podo quedar ata que drenen a cámara.
- Non.

319
00:28:06,559 --> 00:28:07,811
Témolo baixo control.

320
00:28:09,020 --> 00:28:10,313
Pasou a tormenta.

321
00:28:12,816 --> 00:28:13,983
Tes como marchar?

322
00:28:14,067 --> 00:28:15,860
Si, miña irmá está preto.

323
00:28:17,362 --> 00:28:20,156
Bo día, Glen. Que sorpresa verte aquí!

324
00:28:20,782 --> 00:28:22,325
A cidade nunca para.

325
00:28:30,583 --> 00:28:32,293
Vivos para loitar outro día.

326
00:28:32,377 --> 00:28:33,920
Abofé que si.

327
00:28:54,149 --> 00:28:54,983
Como foi?

328
00:28:55,567 --> 00:28:57,527
Ti conduce.

329
00:29:03,116 --> 00:29:08,997
CARLOS: TÉÑOOS.
ROGER: FOI BEN? RESULTADOS? ONDE ESTÁS?

330
00:29:10,915 --> 00:29:11,750
Axentes.

331
00:29:11,833 --> 00:29:12,667
Señor Salas.

332
00:29:13,960 --> 00:29:17,255
Alégrome de volver velos,
mais falamos dunha orde.

333
00:29:19,048 --> 00:29:22,844
Isto danos dereito a rexistrar
calquera propiedade súa ou de SLS,

334
00:29:22,927 --> 00:29:24,471
caixas privadas incluídas.

335
00:29:28,349 --> 00:29:29,309
É correcto.

336
00:29:30,435 --> 00:29:36,733
Daquela estarei encantado
de amosarllas todas.

337
00:29:57,504 --> 00:30:01,800
Como dixen, houbo danos leves pola auga.

338
00:30:02,801 --> 00:30:06,179
Nada do que preocuparse,
agás se o FBI ten un fontaneiro.

339
00:30:13,770 --> 00:30:14,687
Están baleiras.

340
00:30:14,771 --> 00:30:19,150
Levamos os bens dos clientes a un lugar
seguro para protexelos do temporal.

341
00:30:27,116 --> 00:30:28,326
E esa?

342
00:30:29,160 --> 00:30:31,454
É a miña cámara privada.

343
00:30:32,789 --> 00:30:36,417
- Prometo que ninguén entrou nela.
- Abrámola para verificalo.

344
00:30:39,128 --> 00:30:39,963
Está ben.

345
00:31:23,131 --> 00:31:26,634
Importaríalle dicirme por que está iso
na súa caixa privada?

346
00:31:31,472 --> 00:31:33,099
Quero chamar o meu avogado.

347
00:34:23,978 --> 00:34:28,983
Subtítulos: Bruno Martínez Pita

