1
00:00:16,891 --> 00:00:20,770
ENTRANDO NO EPISODIO VIOLETA:
VINTE E CATRO ANOS ANTES DO ATRACO

2
00:00:36,995 --> 00:00:39,080
<i>Hei de confesarche algunhas cousas.</i>

3
00:00:41,499 --> 00:00:43,418
<i>Non che son fáciles de explicar.</i>

4
00:00:46,921 --> 00:00:49,424
<i>Gustaríame dicir</i>
<i>que as decisións que tomei</i>

5
00:00:50,258 --> 00:00:51,509
<i>foron pensando en ti</i>…

6
00:00:53,803 --> 00:00:54,929
<i>mais en túa nai,</i>

7
00:00:56,264 --> 00:00:58,058
<i>pero non sei se sería verdade.</i>

8
00:00:59,017 --> 00:01:00,852
<i>Ás veces, remataron ben.</i>

9
00:01:01,895 --> 00:01:03,646
<i>Outras, fatal.</i>

10
00:01:04,647 --> 00:01:08,068
<i>Quero deixar de ter que tomar</i>
<i>ese tipo de decisións,</i>

11
00:01:08,693 --> 00:01:10,153
<i>mais non sei se poderei.</i>

12
00:01:11,362 --> 00:01:12,989
<i>Abofé que non che sei.</i>

13
00:01:13,073 --> 00:01:16,201
Vai un millonario vello
e dille a un banqueiro noviño:

14
00:01:16,284 --> 00:01:20,663
"Estaba case sen branca e,
co peso que me quedaba, merquei unha mazá.

15
00:01:21,289 --> 00:01:23,708
Saqueille brillo e vendina por dez pesos.

16
00:01:23,792 --> 00:01:27,337
O vindeiro día merquei dúas,
lustreinas e saquei 20 pesos."

17
00:01:27,420 --> 00:01:30,048
O banqueiro di:
"Reinvestiches máis e triunfaches."

18
00:01:30,131 --> 00:01:33,510
E responde: "O pai da muller atragoouse
coa mazá e deixoume unha fortuna."

19
00:01:33,593 --> 00:01:34,969
Así se fai.

20
00:01:36,387 --> 00:01:37,680
- Dúas máis.
- Claro.

21
00:01:40,016 --> 00:01:45,355
Agora me dirás que es a persoa ideal
para xestionar os meus investimentos.

22
00:01:45,438 --> 00:01:47,524
Ocórreseme algo mellor que facer.

23
00:02:25,019 --> 00:02:27,480
Mamá, papá, tróuxeno de volta á casa!

24
00:02:29,315 --> 00:02:31,651
Isto si é vida, colega!

25
00:02:32,277 --> 00:02:33,194
Veña.

26
00:02:35,238 --> 00:02:36,197
Iso é!

27
00:02:37,824 --> 00:02:40,869
Quen quere un dos meus famosos martinis?

28
00:02:40,952 --> 00:02:42,287
- Un para min.
- Si?

29
00:02:58,511 --> 00:02:59,971
Vou ao baño.

30
00:03:00,471 --> 00:03:01,598
Eu tomaría un.

31
00:03:02,182 --> 00:03:03,266
Vamos, logo.

32
00:03:04,517 --> 00:03:06,144
- Estás preparada?
- Estou.

33
00:03:06,227 --> 00:03:09,272
Un dobre!

34
00:03:09,355 --> 00:03:11,191
Lista?

35
00:03:25,997 --> 00:03:27,707
Veña, axiña. Vante escoitar.

36
00:03:27,790 --> 00:03:29,417
Temos 30 segundos, axúdame.

37
00:03:29,918 --> 00:03:32,503
- Non a abriches?
- Non os mantiveches fóra?

38
00:03:33,087 --> 00:03:35,673
Que subnormal ten unha TL-30 no armario?

39
00:03:35,757 --> 00:03:36,966
Un ricacho.

40
00:03:37,050 --> 00:03:39,844
Mira, un Audemars Piguet
de 5000 polo menos.

41
00:03:39,928 --> 00:03:41,137
Ti bótame unha man.

42
00:03:50,563 --> 00:03:52,065
Xa o teño.

43
00:03:56,027 --> 00:03:56,861
Que carallo?

44
00:03:56,945 --> 00:03:58,947
Colle ese pé de cabra e axúdame.

45
00:03:59,030 --> 00:03:59,864
Xa está.

46
00:03:59,948 --> 00:04:01,366
Ben, fíncao aí.

47
00:04:01,449 --> 00:04:03,117
- Un, dous, tres.
- Vamos.

48
00:04:03,826 --> 00:04:04,827
Iso é!

49
00:04:06,955 --> 00:04:07,789
Vamos, logo.

50
00:04:10,625 --> 00:04:11,876
Moi ben.

51
00:04:15,380 --> 00:04:19,050
Claro! Non, baixo agora.

52
00:04:19,133 --> 00:04:21,219
- Poñédevos outra copa.
- Vamos!

53
00:04:22,553 --> 00:04:24,097
- Ei.
- Que fas aquí?

54
00:04:24,180 --> 00:04:26,516
Terás baños arreo e non dou atopado un.

55
00:04:28,101 --> 00:04:30,937
Vamos canda as rapazas,
vese que xa as entoaches.

56
00:04:31,020 --> 00:04:32,730
Vou poñerme algo máis cómodo.

57
00:04:40,238 --> 00:04:42,782
Deberías valorar o de Chicago.

58
00:04:43,574 --> 00:04:47,578
Has de aturar o inverno,
pero podes facer moitos cartos aquí.

59
00:04:48,663 --> 00:04:49,539
Seguro.

60
00:04:50,123 --> 00:04:54,002
Dime, e o baño?

61
00:04:55,378 --> 00:04:58,131
- Ao final do corredor á esquerda.
- Ao fondo?

62
00:04:58,214 --> 00:05:00,008
Cal deles? Hai tantos…

63
00:05:02,010 --> 00:05:03,511
- Ese de aí.
- Ese entón.

64
00:05:06,848 --> 00:05:11,477
Rapazas, que vou!

65
00:05:19,068 --> 00:05:20,069
Oe, Ray.

66
00:05:20,153 --> 00:05:21,362
Veña.

67
00:05:22,030 --> 00:05:23,114
Sácame de aquí.

68
00:05:24,449 --> 00:05:25,742
Merda!

69
00:05:26,701 --> 00:05:27,618
Agarda.

70
00:05:30,413 --> 00:05:31,664
- Aguanta.
- Axiña!

71
00:05:31,748 --> 00:05:32,749
Bule!

72
00:05:33,624 --> 00:05:35,752
Ben, está cedendo.

73
00:05:43,551 --> 00:05:44,427
Estás ben?

74
00:05:46,304 --> 00:05:48,264
- Hostia.
- Estás ben?

75
00:05:48,848 --> 00:05:50,350
Estou. Veña, bule.

76
00:05:50,433 --> 00:05:52,018
Estás tolo de remate.

77
00:05:55,521 --> 00:05:56,689
Hostia.

78
00:06:36,896 --> 00:06:39,899
SALCHICHA E TENREIRA CON PEMENTOS
MOEGAS - SALCHICHAS AO MARSALA

79
00:06:39,982 --> 00:06:42,568
<i>Quero voar.</i>

80
00:06:43,778 --> 00:06:45,780
Veña, saborea o filete da vitoria.

81
00:06:47,740 --> 00:06:49,117
Coidado co ombro.

82
00:06:49,200 --> 00:06:50,410
Hostia, mancácheste?

83
00:06:50,493 --> 00:06:52,245
Só foi un golpe, nada grave.

84
00:06:52,829 --> 00:06:54,372
Canto conseguimos, 50 000?

85
00:06:55,415 --> 00:06:58,376
Uns 70, quizais 40 cando o coloquemos.

86
00:06:58,960 --> 00:07:00,002
E á parte…

87
00:07:02,130 --> 00:07:02,964
temos isto.

88
00:07:03,047 --> 00:07:04,465
Que cabrón!

89
00:07:05,550 --> 00:07:07,468
E dicíasme que deixase o reloxo.

90
00:07:08,302 --> 00:07:13,933
O meu socio non vai pasearse cun Casio,
cando pescamos un cachalote coma Max.

91
00:07:14,016 --> 00:07:15,768
Es un puto diamante, tío.

92
00:07:15,852 --> 00:07:18,396
Póñente baixo presión e saes relucente.

93
00:07:18,479 --> 00:07:21,274
Se a porta chega a pechar
dous centímetros máis,

94
00:07:21,774 --> 00:07:23,401
os bulóns deslizaríanse e…

95
00:07:23,484 --> 00:07:24,902
pecharía hermeticamente.

96
00:07:25,987 --> 00:07:30,575
Imaxíname intentando abrila, se non dou
aberto un tarro. Estariamos fodidos.

97
00:07:37,748 --> 00:07:38,749
Non o vas comer?

98
00:07:39,917 --> 00:07:41,085
Non, todo teu.

99
00:07:42,670 --> 00:07:43,796
Con permiso.

100
00:08:07,862 --> 00:08:08,696
Ola.

101
00:08:09,989 --> 00:08:10,823
Bo día.

102
00:08:16,537 --> 00:08:18,956
- Como foi por Chicago?
- Foi ben.

103
00:08:21,459 --> 00:08:22,585
Moi ben.

104
00:08:27,632 --> 00:08:29,592
- Ray.
- Heille levar unhas a Ava.

105
00:08:29,675 --> 00:08:31,511
Decidín gardarche unha.

106
00:08:31,594 --> 00:08:33,930
Irá perfecta cos pendentes de Memphis.

107
00:08:35,473 --> 00:08:36,724
Xesús, é preciosa.

108
00:08:37,475 --> 00:08:39,727
Moitas grazas, amor meu.

109
00:08:45,107 --> 00:08:45,942
Bo día.

110
00:08:46,025 --> 00:08:49,362
Este esquío cativeiro,
agardou a papá onte ata ben tarde.

111
00:08:49,445 --> 00:08:51,739
Queres contarlle que pasou?

112
00:08:51,822 --> 00:08:53,533
Conseguín o cinto amarelo.

113
00:08:54,575 --> 00:08:57,411
Parabéns! Ensínalle a este vello
eses movementos.

114
00:09:02,333 --> 00:09:03,793
Moi ben, ponte firme.

115
00:09:03,876 --> 00:09:05,503
Mostra orgullo.

116
00:09:06,087 --> 00:09:07,505
Mira á fronte.

117
00:09:07,588 --> 00:09:09,090
Concéntrate.

118
00:09:09,715 --> 00:09:11,133
Amósame onde es afouta.

119
00:09:13,844 --> 00:09:15,221
Amósame onde es forte.

120
00:09:17,807 --> 00:09:19,934
E agora, dálle unha aperta a papá.

121
00:09:22,770 --> 00:09:27,441
Por que non saídes almorzar e deixades
que mamá se erga tranquilamente?

122
00:09:27,525 --> 00:09:28,442
Moi ben.

123
00:09:30,361 --> 00:09:31,904
- Quérote.
- E eu a ti.

124
00:09:31,988 --> 00:09:35,199
H-A-N-N-A-H.

125
00:09:37,159 --> 00:09:38,953
Lese igual do revés.

126
00:09:40,913 --> 00:09:42,248
Podemos xogar a algo?

127
00:09:42,331 --> 00:09:44,875
Vexamos, ás sete en punto.

128
00:09:46,460 --> 00:09:47,503
É unha familia.

129
00:09:48,379 --> 00:09:51,048
A nai, o fillo e os avós.

130
00:09:52,675 --> 00:09:53,801
E a súa historia?

131
00:09:55,344 --> 00:09:59,682
Os avós viñeron de visita dende Wisconsin.

132
00:10:00,182 --> 00:10:04,270
Están ledos porque non adoitan ver
o seu neto dende o divorcio.

133
00:10:05,730 --> 00:10:07,148
Que sabes dos divorcios?

134
00:10:08,149 --> 00:10:10,067
Os pais de Sammy divorciáronse.

135
00:10:10,151 --> 00:10:13,821
Súa nai quería un can
e seu pai tivo que mercarlle outro a ela.

136
00:10:14,322 --> 00:10:16,824
Os maiores consenten todo
cando se separan.

137
00:10:17,325 --> 00:10:18,326
Podo ter un can?

138
00:10:18,409 --> 00:10:20,786
Dareille de comer e xogaremos no xardín.

139
00:10:21,579 --> 00:10:23,080
A nosa cancela non serve.

140
00:10:23,164 --> 00:10:25,708
Pois mercamos unha!

141
00:10:25,791 --> 00:10:27,752
Con flores, que sexa bonita.

142
00:10:29,462 --> 00:10:31,714
Consegue o cinto verde e logo falamos.

143
00:10:32,423 --> 00:10:33,591
Gústame como vés.

144
00:10:33,674 --> 00:10:35,259
Es unha monada.

145
00:10:35,343 --> 00:10:37,511
Queren algo máis?

146
00:10:37,595 --> 00:10:39,472
Eu unha torta de chocolate.

147
00:10:39,555 --> 00:10:41,307
Ben xogado, pequena.

148
00:10:41,891 --> 00:10:43,059
A conta, por favor.

149
00:10:49,732 --> 00:10:52,652
- Hei facer unha chamada.
- Dillo á man.

150
00:11:10,086 --> 00:11:11,337
Vai todo ben?

151
00:11:11,420 --> 00:11:13,464
<i>Mete un par de monos nunha maleta.</i>

152
00:11:13,547 --> 00:11:15,132
<i>Ímonos ás Vegas, socio.</i>

153
00:11:18,928 --> 00:11:20,346
Tío, acabamos de chegar.

154
00:11:20,429 --> 00:11:23,099
<i>Veña, é a COMDEX no hotel Sands.</i>

155
00:11:23,182 --> 00:11:25,559
<i>Eses ordenadores son cartos fáciles.</i>

156
00:11:25,643 --> 00:11:29,355
<i>Logo pasamos polo Strip e dobrámolo, veña.</i>

157
00:11:29,438 --> 00:11:31,190
Deixa que remate de almorzar.

158
00:11:38,739 --> 00:11:40,199
Dixen que nada de torta.

159
00:11:40,282 --> 00:11:42,368
Deuma ela.

160
00:11:44,286 --> 00:11:48,499
Dixen que me gustaba o seu mandil de gatos
e preguntoume se me gustaban.

161
00:11:48,582 --> 00:11:53,212
Díxenlle que si, pero que me poñía triste
pensar neles dende o accidente.

162
00:11:54,046 --> 00:11:55,297
Que accidente?

163
00:11:55,881 --> 00:11:57,675
No que morreu o noso gato.

164
00:11:57,758 --> 00:11:58,592
Hannah!

165
00:11:58,676 --> 00:12:00,761
Sonche un esquío astuto, non si?

166
00:12:20,281 --> 00:12:22,783
Cómpre mellorar esa patada de crol.

167
00:12:22,867 --> 00:12:24,744
Métete e amósame como se fai.

168
00:12:24,827 --> 00:12:26,787
Colle unha toalla, o tempo corre.

169
00:12:30,708 --> 00:12:31,542
Precioso.

170
00:12:38,257 --> 00:12:41,469
Que opinas? Corenta, cincuenta?

171
00:12:41,552 --> 00:12:43,345
Hei de falar con Zanetti.

172
00:12:44,221 --> 00:12:45,723
Isto é máis do normal.

173
00:12:45,806 --> 00:12:51,103
- Móveo a través da empresa, como adoitas.
- O goberno púxose serio co branqueo.

174
00:12:51,771 --> 00:12:56,066
Precisarás unhas S. L. de tipo S
de fóra de Delaware, sabes?

175
00:12:56,150 --> 00:12:58,068
Aprendiches trucos en Dereito.

176
00:12:58,152 --> 00:13:01,363
Se vives baixo o mar,
mellor nadar cos peixes.

177
00:13:02,823 --> 00:13:05,618
- E iso que significa?
- Soa mellor en castelán.

178
00:13:06,660 --> 00:13:07,787
En fin.

179
00:13:08,996 --> 00:13:11,874
Deixa que o monte todo,
dobrarás os cartos.

180
00:13:15,252 --> 00:13:16,545
Xa arrisco dabondo.

181
00:13:16,629 --> 00:13:20,299
Se apunto alto, trincaranme.
Non llo podo facer á miña familia.

182
00:13:20,382 --> 00:13:23,886
Escoita, este é o teu maior botín en anos.

183
00:13:23,969 --> 00:13:29,767
Logo de repartilo,
quedarás cuns 20 ou 25 000.

184
00:13:32,186 --> 00:13:37,274
A maioría dos tipos aos que lles movo
a mercancía non teñen familia nin vida,

185
00:13:38,859 --> 00:13:39,693
mais ti…

186
00:13:42,238 --> 00:13:45,115
has de ver o que queres realmente.

187
00:13:45,699 --> 00:13:46,909
Xa te chamarei.

188
00:13:50,579 --> 00:13:52,706
Dixen que o de Chicago fora moi ben,

189
00:13:53,582 --> 00:13:54,416
mais…

190
00:13:56,293 --> 00:13:57,419
case acaba fatal.

191
00:13:59,046 --> 00:14:00,005
Entendo.

192
00:14:01,590 --> 00:14:03,717
Dende que era novo como Hannah,

193
00:14:05,219 --> 00:14:10,558
sinto que estou ao bordo dun precipicio.

194
00:14:13,853 --> 00:14:15,646
Mírote a ti e a Hannah e…

195
00:14:16,981 --> 00:14:21,277
sei que non é sinxelo
pedirvos que quededes canda min.

196
00:14:21,944 --> 00:14:24,947
Quero ter algo real que nos sustente.

197
00:14:28,576 --> 00:14:33,080
Pensei nunha tenda de recambios de coches,
agora que sei como manexarme.

198
00:14:33,163 --> 00:14:36,584
Podería vender recambios
e, á parte, reparar vehículos.

199
00:14:36,667 --> 00:14:38,919
Montar un negocio é complicado, Ray.

200
00:14:39,003 --> 00:14:41,672
É dicir, habería que apertar o cinto.

201
00:14:41,755 --> 00:14:45,676
A vida é curta. Non me importa
a cantidade se gañamos en calidade.

202
00:14:47,303 --> 00:14:48,888
Buscaría algo de contable.

203
00:14:48,971 --> 00:14:52,057
Non tan rápido,
eu precisaría unha contable.

204
00:14:54,059 --> 00:14:55,644
Estou fóra do teu alcance.

205
00:15:03,944 --> 00:15:05,362
Serías capaz de deixalo?

206
00:15:14,455 --> 00:15:16,206
Quen quere pasalo ben?

207
00:15:16,290 --> 00:15:19,668
Mírate, ía unha chea
que non nos viamos, non si?

208
00:15:19,752 --> 00:15:21,420
- Abofé.
- Ola!

209
00:15:21,503 --> 00:15:22,338
Vésete ben.

210
00:15:24,173 --> 00:15:25,925
Vaia MasterChef estás feito!

211
00:15:26,717 --> 00:15:27,760
Leva todo o día.

212
00:15:28,344 --> 00:15:30,763
Courtney, os famosos Lily e Ray Vernon.

213
00:15:30,846 --> 00:15:33,599
A casa é preciosa, grazas por convidarnos.

214
00:15:33,682 --> 00:15:35,893
Coñecéstesvos nunha convención?

215
00:15:35,976 --> 00:15:39,605
No club de golf Rolling Greens,
que non queda lonxe de aquí.

216
00:15:39,688 --> 00:15:42,441
Así é, Graham era membro
e eu traballaba alí.

217
00:15:42,524 --> 00:15:44,360
- Meus pais eran membros.
- Iso.

218
00:15:44,443 --> 00:15:47,655
Meu pai traballaba o dobre
para podelo pagar, mais…

219
00:15:48,572 --> 00:15:51,659
Non pegabamos nin con cuspe
nese sitio, ou?

220
00:15:51,742 --> 00:15:54,078
Agochabamos boliños de pan no peto

221
00:15:54,161 --> 00:15:56,330
e os fodidos ricachos mirábannos.

222
00:15:56,413 --> 00:15:59,375
Este tiña unha boa montada
na tenda de golf.

223
00:15:59,458 --> 00:16:01,460
Non, era máis un baleiro.

224
00:16:01,543 --> 00:16:02,753
Que é un baleiro?

225
00:16:03,921 --> 00:16:04,880
Boa pregunta.

226
00:16:04,964 --> 00:16:08,634
Poñamos que túa nai dita a lei

227
00:16:08,717 --> 00:16:11,512
e diche que non podes coller máis boliños.

228
00:16:12,846 --> 00:16:16,850
Un baleiro dáse cando me pides a min
que os colla para logo darchos.

229
00:16:16,934 --> 00:16:17,768
Daquela…

230
00:16:18,769 --> 00:16:20,270
quebrantaches a lei?

231
00:16:22,272 --> 00:16:26,694
Non, colleuno outra persoa, eu só o comín.

232
00:16:26,777 --> 00:16:28,737
Es moi lista, velaí un baleiro.

233
00:16:28,821 --> 00:16:29,655
Que chulo.

234
00:16:29,738 --> 00:16:31,949
Mais aínda estás en problemas.

235
00:16:32,032 --> 00:16:33,742
Iso xa depende dos tribunais.

236
00:16:34,368 --> 00:16:36,036
Iso facedes no traballo?

237
00:16:36,120 --> 00:16:40,874
- Non, traballamos con cartos.
- Eu monto todo e teu pai faino funcionar.

238
00:16:40,958 --> 00:16:44,837
Ceo, por que non sobes
e prepáraste para ir á cama?

239
00:16:44,920 --> 00:16:47,339
Pero quero saber máis dos baleiros.

240
00:16:48,340 --> 00:16:49,341
Arrea.

241
00:16:53,262 --> 00:16:55,764
Talvez deberiamos tomar un respiro.

242
00:16:57,474 --> 00:17:01,687
Talvez, tras o das Vegas, deberiamos…

243
00:17:02,354 --> 00:17:04,982
tomar un par de meses e acougar.

244
00:17:06,608 --> 00:17:09,111
Hannah está medrando e comeza a decatarse.

245
00:17:09,194 --> 00:17:12,156
E Lily encárgase ela soa de todo
cando non estamos.

246
00:17:12,740 --> 00:17:14,408
Xa o sei, enténdote.

247
00:17:14,491 --> 00:17:18,454
Creo que haberiamos de acougar,
pensar as cousas e ser intelixentes.

248
00:17:25,002 --> 00:17:30,299
E, cando sexa o momento axeitado,
volvemos ao noso, compañeiro.

249
00:17:33,343 --> 00:17:34,344
Toma esa.

250
00:17:39,058 --> 00:17:40,601
Escoita, eu ábrome.

251
00:17:42,144 --> 00:17:43,270
Déixoo…

252
00:17:44,897 --> 00:17:45,856
definitivamente.

253
00:17:50,027 --> 00:17:53,655
- Canto o levas pensando?
- Sempre dixemos que sería temporal.

254
00:17:55,157 --> 00:17:57,451
Xa, hai 15 anos.

255
00:17:57,534 --> 00:18:00,204
Dixéchelo ti, o de Chicago puido torcerse.

256
00:18:00,287 --> 00:18:02,414
- Estás a castigarme?
- Non é iso.

257
00:18:02,498 --> 00:18:04,666
O de Chicago non volverá pasar.

258
00:18:04,750 --> 00:18:06,502
Non podo seguir salvándote.

259
00:18:07,878 --> 00:18:09,046
Salvándome?

260
00:18:10,297 --> 00:18:13,133
Que queres dicir?
Corro o mesmo risco ca ti.

261
00:18:13,217 --> 00:18:18,013
Que cres que pasaría se collesen un negro
violando a casa dun branco?

262
00:18:20,182 --> 00:18:24,937
Son eu quen lisca pola fiestra,
ti saes pola porta principal.

263
00:19:20,367 --> 00:19:22,327
AUTORECAMBIOS ROCKET MOTORS

264
00:19:47,853 --> 00:19:49,479
Os brazos, estirados.

265
00:19:51,023 --> 00:19:53,192
Queres as boas ou as malas novas?

266
00:19:53,275 --> 00:19:54,776
Quen vai querer as malas?

267
00:19:55,986 --> 00:19:59,740
Este mes só estamos 6000 en negativo.

268
00:20:00,490 --> 00:20:02,117
O préstamo está a matarnos.

269
00:20:02,201 --> 00:20:03,827
Se puidésemos refinancialo…

270
00:20:03,911 --> 00:20:06,580
Avalei os nove e medio
con todo o que tiñamos,

271
00:20:06,663 --> 00:20:08,832
non lle dan cartos a xente coma min.

272
00:20:08,916 --> 00:20:10,542
Precisamos ter clientes.

273
00:20:11,752 --> 00:20:12,628
Marcho.

274
00:20:12,711 --> 00:20:14,296
Vas ao club?

275
00:20:15,839 --> 00:20:19,509
Preferiría mil veces estar aquí contigo
que nunha adega escura.

276
00:20:19,593 --> 00:20:22,137
- Recólleme cando peches, queres?
- Claro.

277
00:20:22,221 --> 00:20:25,015
Ben, e ti coida de teu pai
mentres non estou.

278
00:20:25,098 --> 00:20:28,018
- Podo ir? Gústame o club.
- Deixa a mamá co seu.

279
00:20:28,101 --> 00:20:30,145
- Por favor.
- Sabes que? Vamos.

280
00:20:30,771 --> 00:20:32,648
Saiamos da tenda un ratiño.

281
00:20:32,731 --> 00:20:34,858
- Segura?
- Deixámoste ao teu aire.

282
00:20:34,942 --> 00:20:37,819
Pasarémolo ben.
Serás a miña pequena axudante.

283
00:20:37,903 --> 00:20:40,280
- Iso!
- Vamos, logo. Quérote.

284
00:20:40,364 --> 00:20:42,157
- Adeus.
- Adeus, meu esquío.

285
00:20:53,377 --> 00:20:56,630
- Bo día.
- Preciso tres copias das chaves de casa.

286
00:20:57,714 --> 00:21:00,968
Por suposto. Quere volver nuns 30 minutos?

287
00:21:06,640 --> 00:21:07,474
Manda carallo.

288
00:21:10,310 --> 00:21:12,062
Veña, queda cunha copia.

289
00:21:13,063 --> 00:21:14,731
Mais sería ilegal, non si?

290
00:21:16,400 --> 00:21:17,943
- Como vai, socio?
- Ben.

291
00:21:18,527 --> 00:21:22,781
Andaba preto de aquí e pasei ver o local.

292
00:21:22,864 --> 00:21:24,866
- Fará oito meses o martes.
- Vaia.

293
00:21:26,660 --> 00:21:30,163
Fixéchelo, socio. Estou orgulloso de ti.

294
00:21:30,247 --> 00:21:33,208
Teño algún cliente habitual
e vaise correndo a voz.

295
00:21:33,292 --> 00:21:36,169
- Hai que pagarlle ao banco, non?
- Non vai mal.

296
00:21:36,253 --> 00:21:39,965
Se entrases na casa dese mamón,
pagarías a débeda ben rápido.

297
00:21:42,259 --> 00:21:45,971
Que sistema de alarma
pensas que ten ese tipo?

298
00:21:46,054 --> 00:21:47,931
Unha básica de dobre vía.

299
00:21:48,015 --> 00:21:50,517
- Desas cunha central de detección.
- Xa.

300
00:21:50,600 --> 00:21:53,979
- Pódese desactivar cunha ponte.
- Caixa forte encaixada?

301
00:21:54,062 --> 00:21:56,023
- De pé.
- Ha de ser.

302
00:21:56,106 --> 00:21:59,192
Con apertura dixital
e garda a combinación na axenda.

303
00:21:59,985 --> 00:22:02,571
- Cartos fáciles.
- Fáciles…

304
00:22:04,990 --> 00:22:05,991
ata que non.

305
00:22:06,783 --> 00:22:07,617
Xa.

306
00:22:08,452 --> 00:22:10,495
E casualmente pasabas polo barrio?

307
00:22:12,706 --> 00:22:13,540
Vaia.

308
00:22:14,791 --> 00:22:15,625
Pilláchesme.

309
00:22:16,585 --> 00:22:18,754
Non, a verdade é que…

310
00:22:22,549 --> 00:22:24,593
Ben, estou en problemas.

311
00:22:26,011 --> 00:22:26,845
Graves?

312
00:22:26,928 --> 00:22:29,598
Debo 250 000, case 300 000 cos…

313
00:22:29,681 --> 00:22:31,600
Carallo, quen che prestou tanto?

314
00:22:31,683 --> 00:22:35,062
Escoita, preciso saír do burato…

315
00:22:35,604 --> 00:22:38,607
conseguir cartos da hostia e axiña.

316
00:22:38,690 --> 00:22:42,736
- Non podo, atopa outro.
- Intenteino, pero ninguén fai o que ti.

317
00:22:44,154 --> 00:22:44,988
Ray…

318
00:22:47,449 --> 00:22:49,368
precísote, carallo.

319
00:23:04,383 --> 00:23:05,384
Hannah.

320
00:23:06,718 --> 00:23:08,261
Ceo, podes levar iso fóra?

321
00:23:08,970 --> 00:23:09,971
Claro cristalino.

322
00:23:44,923 --> 00:23:47,426
Mamá, estou no calabozo.

323
00:24:31,970 --> 00:24:33,013
Podo axudarlle?

324
00:24:33,096 --> 00:24:35,599
Veño pola muller, Lily Vernon, de compras.

325
00:24:35,682 --> 00:24:38,393
Agora a chamo, una segundo, señor.

326
00:24:39,603 --> 00:24:43,523
Ola, podes dicirlle a Lily
que seu marido está aquí?

327
00:24:45,233 --> 00:24:46,067
Grazas.

328
00:24:46,151 --> 00:24:48,653
- Ben, vou…
- Pode tomar asento.

329
00:24:50,947 --> 00:24:52,574
Temos auga de cogombro.

330
00:25:20,769 --> 00:25:23,730
POXA CARITATIVA DE NADAL EN GLEN HILLS

331
00:25:29,903 --> 00:25:31,738
A ORQUÍDEA DE RAPPACCINI
C. 1926

332
00:25:31,821 --> 00:25:33,448
Fasme dano!

333
00:25:33,532 --> 00:25:35,200
- Hannah?
- Sóltame.

334
00:25:36,117 --> 00:25:38,787
- Hannah!
- Señor!

335
00:25:39,579 --> 00:25:42,082
- Para, sóltame!
- Manden a seguridade.

336
00:25:42,165 --> 00:25:44,626
- Hannah!
- Déixame, fasme dano.

337
00:25:45,293 --> 00:25:48,088
Saque esas mans da miña cativa.

338
00:25:48,672 --> 00:25:50,382
Entrou na propiedade do club.

339
00:25:50,465 --> 00:25:53,051
Que carallo lle pasa? É unha cativa.

340
00:25:53,134 --> 00:25:56,972
- Isto non é un parque, hai unhas normas.
- Fíxoche dano?

341
00:25:57,055 --> 00:26:02,519
- Talvez non as haxa na súa casa.
- Vamos, saiamos de aquí.

342
00:26:03,728 --> 00:26:05,230
Que foi? Ray?

343
00:26:05,313 --> 00:26:09,192
Isto é un negocio,
non unha grellada no xardín do gueto.

344
00:26:09,276 --> 00:26:11,361
- Que carallo dixo?
- Ray, para.

345
00:26:11,444 --> 00:26:16,074
- Non, repítao, veña!
- Kyle, síntoo. É culpa miña.

346
00:26:16,157 --> 00:26:17,659
- De que?
- Debín vixiala.

347
00:26:17,742 --> 00:26:19,828
- Non debiches traela.
- O carallo.

348
00:26:19,911 --> 00:26:24,457
- Prométoche que non volverá pasar.
- Abofé que non, recolle as túas cousas.

349
00:26:24,541 --> 00:26:27,252
- Non a pode castigar a ela!
- Non, Kyle!

350
00:26:30,255 --> 00:26:32,507
E xa está? Vas deixar se saia coa súa?

351
00:26:40,140 --> 00:26:41,474
Síntoo, papá.

352
00:26:45,812 --> 00:26:47,063
Tranquila, ceo.

353
00:26:49,482 --> 00:26:50,442
Non é culpa túa.

354
00:26:50,525 --> 00:26:53,069
Tan só quería xogar ás agochadas.

355
00:26:57,616 --> 00:26:58,533
Xa.

356
00:27:00,702 --> 00:27:02,954
Veña, agardemos no coche, meu esquío.

357
00:27:03,038 --> 00:27:03,913
De acordo.

358
00:27:11,671 --> 00:27:13,006
Acabemos con eles.

359
00:27:13,089 --> 00:27:14,633
A ORQUÍDEA DE RAPPACCINI

360
00:27:18,720 --> 00:27:22,140
Nunha poxa caritativa de Nadal,
terán seguridade arreo.

361
00:27:22,223 --> 00:27:23,642
Abofé, estiven nalgunha.

362
00:27:23,725 --> 00:27:28,146
As mozas locen as xoias, os maridos
póñense chispos e quentes e sobe a poxa.

363
00:27:28,229 --> 00:27:29,773
Máis distracción para nós.

364
00:27:29,856 --> 00:27:32,067
Habemos saber cando chegan as xoias.

365
00:27:32,150 --> 00:27:35,236
Estudaremos onde as poden
gardar e mostrar.

366
00:27:36,154 --> 00:27:37,489
E para entrar e saír?

367
00:27:37,572 --> 00:27:42,285
Como decotío, xa sabes. Pos un traxe,
un sorriso e entras pola porta principal.

368
00:27:42,369 --> 00:27:43,370
Eu farei o meu.

369
00:27:46,414 --> 00:27:49,042
E… dálle. Sacamos as xemas reais.

370
00:27:54,005 --> 00:27:55,382
Poñemos as falsas.

371
00:28:00,053 --> 00:28:00,887
E…

372
00:28:01,971 --> 00:28:04,140
- Listo.
- Dezasete segundos.

373
00:28:05,684 --> 00:28:09,646
Ben, terei uns catro minutos
entre roldas para sacar tódalas xemas.

374
00:28:09,729 --> 00:28:13,316
Co xeitosa que é a bixutería,
para que gastar en xoias?

375
00:28:13,400 --> 00:28:17,821
Non pasará pola lupa,
mais pasará por vez tempo dabondo.

376
00:28:17,904 --> 00:28:19,322
E que pasa coa Orquídea?

377
00:28:20,824 --> 00:28:22,242
Imposible de vender.

378
00:28:24,160 --> 00:28:25,662
Veña, outra vez.

379
00:28:28,665 --> 00:28:29,582
E Lily?

380
00:28:31,960 --> 00:28:32,961
Contareillo.

381
00:28:36,881 --> 00:28:38,007
Direillo.

382
00:28:39,926 --> 00:28:43,263
Levo unha hora
organizando mostras de pintura.

383
00:28:43,346 --> 00:28:45,473
Creo que estou daltónica.

384
00:28:46,516 --> 00:28:50,979
- Oe, estás ben?
- Estou, mais doulle voltas a…

385
00:28:51,062 --> 00:28:51,896
Aos cartos?

386
00:28:53,732 --> 00:28:55,191
- A Glen Hills.
- Non!

387
00:28:55,275 --> 00:28:59,904
Non malgastes nin un segundo
pensando neles, Ray.

388
00:28:59,988 --> 00:29:02,699
- Van celebrar unha poxa…
- Esquece o club!

389
00:29:05,368 --> 00:29:06,786
Apostaches por ti.

390
00:29:08,496 --> 00:29:10,373
Has de confiar no teu instinto.

391
00:29:21,426 --> 00:29:26,014
Xa, de acordo.

392
00:29:26,639 --> 00:29:31,811
Hei de sacar por aí o representante
de Airtex, a ver se me fai prezo,

393
00:29:31,895 --> 00:29:34,314
así que se cadra chego tarde á casa.

394
00:29:34,397 --> 00:29:37,066
Ben, vémonos pola noite.

395
00:30:19,776 --> 00:30:21,444
Desculpe, grazas.

396
00:30:25,907 --> 00:30:27,867
Non me creo que vaia perder.

397
00:30:29,744 --> 00:30:31,412
Puxéchesmo moi difícil.

398
00:30:31,496 --> 00:30:33,957
Non fun eu, Pepper escolleu o código.

399
00:30:34,040 --> 00:30:35,917
Vaia, en serio?

400
00:30:37,377 --> 00:30:41,631
Pois probemos isto. Téñoo, podo sentilo.

401
00:30:42,465 --> 00:30:46,010
- Erraches.
- Veña!

402
00:30:46,845 --> 00:30:49,347
- Á túa propia nai, Pepper?
- Non.

403
00:30:49,430 --> 00:30:51,599
Es a súa avoa.

404
00:30:51,683 --> 00:30:54,102
- Así de súpeto son avoa?
- Exacto.

405
00:30:58,481 --> 00:30:59,440
Ola?

406
00:31:09,868 --> 00:31:10,702
De acordo.

407
00:31:11,870 --> 00:31:13,621
Tardo 45 minutos.

408
00:31:17,417 --> 00:31:20,253
Ceo, hei ir ao club,

409
00:31:20,336 --> 00:31:24,257
así que vou chamar a Beverley
a ver se pode vir e coidar de ti, eh?

410
00:31:24,340 --> 00:31:25,675
Mais botáronte.

411
00:31:25,758 --> 00:31:31,347
Xa, e agora meu xefe vai e chama
porque precisa da miña axuda.

412
00:31:32,015 --> 00:31:35,560
Queda aquí lendo ata que chegue Beverley.

413
00:31:35,643 --> 00:31:36,895
- De acordo?
- Ben.

414
00:31:36,978 --> 00:31:38,354
- Quérote.
- E eu a ti.

415
00:31:43,026 --> 00:31:44,110
Como vai?

416
00:31:44,694 --> 00:31:45,528
<i>Moita xente?</i>

417
00:31:46,696 --> 00:31:47,530
Moita pasta.

418
00:31:48,031 --> 00:31:49,324
<i>Vou cara a aí.</i>

419
00:31:55,955 --> 00:31:56,831
Oe!

420
00:31:58,750 --> 00:32:02,295
Veña, arrea,
temos 200 cubertos esta noite.

421
00:32:14,432 --> 00:32:15,266
Ola.

422
00:32:25,443 --> 00:32:26,361
Cabaleiro.

423
00:32:27,195 --> 00:32:28,112
Non grazas…

424
00:32:29,197 --> 00:32:30,031
Que carallo?

425
00:32:31,115 --> 00:32:33,117
Quere un destes?

426
00:32:34,744 --> 00:32:36,371
- Está ben.
- Colle un pano.

427
00:33:09,654 --> 00:33:10,530
Vou entrar.

428
00:33:19,622 --> 00:33:21,624
PECHADO POR EVENTO NO CLUB

429
00:33:44,147 --> 00:33:45,064
Desculpen.

430
00:33:47,483 --> 00:33:48,818
Vai a primeira.

431
00:33:58,119 --> 00:33:59,454
Perigo ás seis.

432
00:34:45,750 --> 00:34:47,251
Despexado, está alerta.

433
00:34:53,549 --> 00:34:57,470
Jen di que tivo un choque na estrada
ou algo así, xusto esta noite.

434
00:34:57,553 --> 00:35:01,390
Non digo que minta, mais tivo
moitos accidentes ultimamente.

435
00:35:01,474 --> 00:35:03,726
Descoida, alégrame ser de axuda.

436
00:35:04,227 --> 00:35:08,272
Preciso que alguén cotexe
as compras coas facturas.

437
00:35:08,356 --> 00:35:11,776
O papelame da última poxa
que tivemos así foi un pesadelo.

438
00:35:12,819 --> 00:35:14,237
Sen problema, Kyle. Eu…

439
00:35:14,862 --> 00:35:19,784
Ti vai atender os convidados
que eu me encargo de todo.

440
00:35:19,867 --> 00:35:22,995
De acordo, pois… grazas.

441
00:36:15,882 --> 00:36:18,092
Non cre que é demasiado?

442
00:36:18,176 --> 00:36:21,429
Non, coma moito dálle un matiz.

443
00:36:21,929 --> 00:36:23,723
Un matiz di? Grazas.

444
00:36:23,806 --> 00:36:26,142
- Vaites, descúlpanme?
- Claro.

445
00:36:28,728 --> 00:36:30,438
Convidados en dous, Ray.

446
00:36:33,900 --> 00:36:35,526
- Recibes?
<i>- Non podo parar.</i>

447
00:36:35,610 --> 00:36:36,611
Dáme máis tempo.

448
00:36:38,738 --> 00:36:40,156
Desculpe, señorita.

449
00:36:40,239 --> 00:36:42,325
A miña nai encantaríalle ollar…

450
00:36:42,408 --> 00:36:44,368
- Por favor, deixe paso.
- …a iso.

451
00:36:45,286 --> 00:36:46,412
É moi adiñeirada.

452
00:36:47,413 --> 00:36:49,081
- E está bébeda.
- Señor.

453
00:36:49,165 --> 00:36:50,458
- Está ben.
- Grazas.

454
00:36:53,294 --> 00:36:55,087
Ray, sae de aí xa.

455
00:37:25,785 --> 00:37:29,247
Ben, poñamos este de aquí.

456
00:37:45,304 --> 00:37:47,306
- Non se mova!
- Agarde.

457
00:37:47,390 --> 00:37:49,892
- Non se levante. Ao chan.
- Agarde.

458
00:37:49,976 --> 00:37:52,937
- Escoite, isto é un malentendido.
- Que fai aquí?

459
00:37:53,020 --> 00:37:55,856
- Señores, que pasa aquí?
- Volva á festa, quere?

460
00:37:55,940 --> 00:37:57,650
Preciso reforzos…

461
00:38:12,957 --> 00:38:14,583
<i>David, responde.</i>

462
00:38:14,667 --> 00:38:17,295
Merda, carallo.

463
00:38:20,673 --> 00:38:22,591
<i>David, estás aí?</i>

464
00:38:23,217 --> 00:38:25,594
- Estás ben?
- Lisquemos cagando hostias.

465
00:38:27,430 --> 00:38:29,849
- Ben, méteas na bolsa.
- Habemos largar.

466
00:38:29,932 --> 00:38:30,850
Marchamos.

467
00:38:32,226 --> 00:38:33,311
Temos que marchar.

468
00:38:40,151 --> 00:38:42,236
- Que fas?
- Conseguir máis tempo.

469
00:38:48,117 --> 00:38:49,076
- Merda.
- Xesús.

470
00:38:52,621 --> 00:38:54,915
- Santo Deus!
- Veña!

471
00:38:56,792 --> 00:38:59,128
Marcha, carallo. Xa me encargo eu.

472
00:39:00,463 --> 00:39:01,505
Veña!

473
00:39:20,024 --> 00:39:23,444
CASA DE KARATE KEN

474
00:39:34,455 --> 00:39:36,332
- Onde vas?
- Está aquí.

475
00:39:36,415 --> 00:39:38,751
- Quen?
- Lily. Vin seu coche no garaxe.

476
00:39:38,834 --> 00:39:41,087
- Cría que a botaran.
- Pois está aquí.

477
00:39:41,170 --> 00:39:42,421
Vou mirar por aí.

478
00:39:43,089 --> 00:39:44,131
Merda.

479
00:39:44,215 --> 00:39:45,049
Socorro!

480
00:39:46,008 --> 00:39:47,802
- Socorro!
- Lily!

481
00:39:47,885 --> 00:39:48,719
Ray?

482
00:39:49,970 --> 00:39:52,598
- Axúdame, estou dentro!
- Lily!

483
00:39:52,681 --> 00:39:53,516
Hostia!

484
00:39:56,227 --> 00:39:57,436
Lily!

485
00:39:58,020 --> 00:40:00,022
- Lily!
- Axúdame!

486
00:40:02,024 --> 00:40:02,858
Axuda!

487
00:40:03,943 --> 00:40:04,777
Lily!

488
00:40:06,362 --> 00:40:07,321
Axuda!

489
00:40:07,405 --> 00:40:10,783
Lily, mírame. Móvete, cariño, por favor!

490
00:40:10,866 --> 00:40:17,164
Lily, mantente tombada. Voute salvar.

491
00:40:17,248 --> 00:40:19,208
Mantente tombada.

492
00:40:21,544 --> 00:40:22,795
Graham?

493
00:40:22,878 --> 00:40:26,715
Graham, está xusto aí!

494
00:40:26,799 --> 00:40:30,010
- Onde?
- Graham, está xusto aí, veña!

495
00:40:30,094 --> 00:40:31,220
Graham, sálvaa.

496
00:40:31,303 --> 00:40:33,431
Lily, vaite sacar.

497
00:40:34,140 --> 00:40:35,141
Mantente tombada.

498
00:40:35,724 --> 00:40:38,853
Tranquilos, a axuda está en camiño.

499
00:40:41,480 --> 00:40:44,525
Graham, non!

500
00:40:49,113 --> 00:40:51,198
<i>Hei de confesarche algunhas cousas.</i>

501
00:40:52,283 --> 00:40:54,410
<i>Non che son fáciles de explicar.</i>

502
00:40:55,327 --> 00:40:57,288
<i>Gustaríame dicir</i>
<i>que as decisións que tomei…</i>

503
00:40:57,371 --> 00:40:58,205
Lily!

504
00:40:58,956 --> 00:41:02,501
<i>…foron pensando en ti mais en túa nai…</i>

505
00:41:04,795 --> 00:41:06,589
<i>pero non sei se sería verdade.</i>

506
00:41:10,176 --> 00:41:12,011
<i>Ás veces, remataron ben.</i>

507
00:41:15,890 --> 00:41:17,266
<i>Outras…</i>

508
00:41:17,349 --> 00:41:18,184
Non.

509
00:41:18,267 --> 00:41:19,310
<i>…remataron fatal.</i>

510
00:41:19,393 --> 00:41:20,394
Lily!

511
00:41:21,562 --> 00:41:23,189
Axuda!

512
00:41:26,609 --> 00:41:28,652
Axuda!

513
00:41:28,736 --> 00:41:31,739
<i>Quero deixar de ter que tomar</i>
<i>ese tipo de decisións,</i>

514
00:41:32,656 --> 00:41:34,408
<i>mais non sei se poderei.</i>

515
00:41:35,743 --> 00:41:37,119
<i>Abofé que non che sei.</i>

516
00:41:38,829 --> 00:41:41,081
<i>Talvez mañá todo estea mellor.</i>

517
00:41:45,878 --> 00:41:47,880
Porase ben mamá?

518
00:41:51,258 --> 00:41:52,218
Non che sei.

519
00:41:53,594 --> 00:41:55,012
Cando poderemos vela?

520
00:42:03,521 --> 00:42:04,355
Non che sei.

521
00:42:16,909 --> 00:42:19,036
- Díganme.
- Inspector Tony Barrelli.

522
00:42:19,119 --> 00:42:20,955
Busco a Ray Vernon.

523
00:42:27,795 --> 00:42:29,046
Ven aquí, meu esquío.

524
00:42:30,422 --> 00:42:31,674
Deixa que te abroche.

525
00:42:37,680 --> 00:42:38,514
As cousas…

526
00:42:41,308 --> 00:42:43,185
pode que cambien por un tempo.

527
00:42:45,271 --> 00:42:46,397
Que queres dicir?

528
00:42:50,734 --> 00:42:55,406
Pode que o mundo non sexa como agardabas.

529
00:42:58,158 --> 00:43:00,369
Talvez a xente non actúe como debe,

530
00:43:01,245 --> 00:43:02,079
mais…

531
00:43:07,960 --> 00:43:11,964
quero que te manteñas firme e…

532
00:43:12,923 --> 00:43:15,092
que rectifiques as cousas.

533
00:43:29,815 --> 00:43:31,275
Ves esa muller de aí?

534
00:43:33,485 --> 00:43:34,695
Chámase Ava.

535
00:43:35,362 --> 00:43:36,280
Vai canda ela

536
00:43:37,406 --> 00:43:40,492
e fai o que che diga.

537
00:43:43,954 --> 00:43:45,080
Ti segue a camiñar…

538
00:43:47,249 --> 00:43:50,794
e non mires atrás, pase o que pase.

539
00:43:53,047 --> 00:43:55,549
Pero eu quero quedar canda ti.

540
00:43:56,425 --> 00:44:00,137
Xa o sei, ceo, mais preciso
que aguantes ti soa por un tempo.

541
00:44:01,263 --> 00:44:02,097
E sexa afouta?

542
00:44:04,224 --> 00:44:05,059
Exacto.

543
00:44:06,060 --> 00:44:07,895
Lembras o que dixemos diso?

544
00:44:13,067 --> 00:44:14,485
Amósame onde es afouto.

545
00:44:24,745 --> 00:44:26,455
Amósame onde es forte.

546
00:45:17,631 --> 00:45:20,467
Ray Vernon,
ten dereito a permanecer en silencio.

547
00:45:21,093 --> 00:45:24,763
O que diga poderá e será usado
na súa contra ante un tribunal.

548
00:45:25,472 --> 00:45:28,016
Ten dereito a un avogado…

549
00:47:15,541 --> 00:47:20,546
Subtítulos: Bruno Martínez Pita

