1
00:00:15,140 --> 00:00:19,019
ENTRANDO NO EPISODIO LARANXA:
TRES SEMANAS ANTES DO ATRACO

2
00:00:22,147 --> 00:00:24,607
<i>Chámome Nazan e son adicta.</i>

3
00:00:25,150 --> 00:00:26,151
<i>Ola, Nazan.</i>

4
00:00:32,240 --> 00:00:34,659
<i>Levo limpa catro anos e unha semana.</i>

5
00:00:35,535 --> 00:00:38,079
<i>O traballo vai ben,</i>
<i>volven a confiar en min.</i>

6
00:00:38,705 --> 00:00:39,539
<i>Normalmente.</i>

7
00:00:43,001 --> 00:00:46,254
<i>Aquí falamos moito</i>
<i>de poñer límites, regras.</i>

8
00:00:46,337 --> 00:00:48,381
- Parte norte despexada.
- E aquí.

9
00:00:48,465 --> 00:00:51,009
Retirádevos todos e reagrupádevos fóra.

10
00:00:51,509 --> 00:00:53,470
<i>Estou limpa grazas a esas regras.</i>

11
00:00:54,137 --> 00:00:56,639
<i>Cando consumía,</i>
<i>todo semellaba desdebuxado,</i>

12
00:00:57,140 --> 00:01:01,770
<i>mais agora fíxome nos detalles,</i>
<i>nas cousas que se me escapaban.</i>

13
00:01:01,853 --> 00:01:03,354
<i>Estrañara ese sentimento.</i>

14
00:01:04,272 --> 00:01:06,024
<i>Guíome por eses sentimentos.</i>

15
00:01:06,775 --> 00:01:07,984
<i>Ás veces, atinan.</i>

16
00:01:08,485 --> 00:01:09,486
<i>Só ás veces.</i>

17
00:01:10,570 --> 00:01:14,115
<i>Mais agora adoitan levarme polo bo camiño,</i>

18
00:01:14,783 --> 00:01:16,576
<i>aínda que non sempre o pareza.</i>

19
00:01:56,199 --> 00:01:57,534
Creo que están aquí!

20
00:01:57,617 --> 00:01:59,410
Vamos! FBI!

21
00:02:00,036 --> 00:02:00,870
Non se mova!

22
00:02:01,704 --> 00:02:03,123
Por que tardastes tanto?

23
00:02:10,630 --> 00:02:13,842
Por iso me deron outra oportunidade
co meu fillo, Reza.

24
00:02:13,925 --> 00:02:15,593
POLICÍA
INMIGRACIÓN E ADUANAS

25
00:02:15,677 --> 00:02:18,930
Este será o noso primeiro
fin de semana sen supervisión.

26
00:02:20,306 --> 00:02:23,101
Se cadra leva
á custodia compartida, xa se verá.

27
00:02:23,768 --> 00:02:24,978
É un pasiño de bebé.

28
00:02:25,478 --> 00:02:26,855
Talvez máis pequeno.

29
00:02:27,564 --> 00:02:31,192
Un pasiño cativeiro, prenatal, non sei.

30
00:02:31,276 --> 00:02:32,986
O importante é que é un paso.

31
00:02:41,202 --> 00:02:42,620
E nesta esquina,

32
00:02:42,704 --> 00:02:45,790
a campioa de loita libre
do baixo leste de Nova York.

33
00:02:47,125 --> 00:02:48,585
Veña, xente!

34
00:02:48,668 --> 00:02:52,964
Abbasi atrapou ela soa o cuarto
ciberdelincuente máis buscado. Un aplauso.

35
00:02:53,047 --> 00:02:55,842
Está ben, tranquilos.

36
00:02:55,925 --> 00:02:58,720
Aprecio a excesivamente
calorosa benvida, Toby.

37
00:03:00,346 --> 00:03:01,181
Celosos.

38
00:03:01,848 --> 00:03:03,057
Están todos celosos.

39
00:03:04,142 --> 00:03:06,269
Que, non podo estar impresionado?

40
00:03:06,352 --> 00:03:09,189
Podes, se me vas axudar co papelame.

41
00:03:09,272 --> 00:03:13,526
Ti mira que sedutores
son estes formularios.

42
00:03:13,610 --> 00:03:16,070
R84, FT209.

43
00:03:17,363 --> 00:03:20,783
Es unha tentadora.
É unha conduta desapropiada no traballo.

44
00:03:21,284 --> 00:03:26,831
Encantaríame que flipas, pero estamos
enfrascados no atraco da vía Diamante.

45
00:03:26,915 --> 00:03:28,666
Ai, si? Que tedes?

46
00:03:28,750 --> 00:03:31,544
Identificamos
a impresión dactilar dunha vaíña.

47
00:03:31,628 --> 00:03:32,670
Xenial.

48
00:03:32,754 --> 00:03:35,173
Entón, quen é o rateiro de diamantes?

49
00:03:41,721 --> 00:03:43,640
Ei, parabéns polo de Jagos.

50
00:03:43,723 --> 00:03:46,100
Non me iades dicir o de Ava Mercer?

51
00:03:46,184 --> 00:03:49,062
Non sabía que o noso <i>boy scout</i>
era o pregoeiro.

52
00:03:49,145 --> 00:03:51,814
Teredes máis
que unha impresión e unha bala.

53
00:03:51,898 --> 00:03:54,943
Senón, non a deteñades
ou marearavos o peixe.

54
00:03:55,026 --> 00:03:57,528
Mira, entendo que ti e Mercer teñades un…

55
00:03:58,238 --> 00:03:59,948
- pasado.
- Serei de axuda.

56
00:04:00,031 --> 00:04:01,741
Non hai nada no que axudar.

57
00:04:02,533 --> 00:04:03,576
Será un erro.

58
00:04:03,660 --> 00:04:05,954
É unha avogada da parte alta, concho.

59
00:04:06,037 --> 00:04:10,667
Mercer será corrupta, mais dubido
que sexa a ladroa de xoias que buscamos.

60
00:04:10,750 --> 00:04:11,626
Foinos ben.

61
00:04:12,627 --> 00:04:13,461
Ti cres?

62
00:04:14,254 --> 00:04:18,883
- Hai dabondo para o vindeiro atraco?
- Para o que queremos ou o que fai falla?

63
00:04:18,967 --> 00:04:21,636
Abrir a cámara
requirirá equipamento especial.

64
00:04:22,595 --> 00:04:26,057
Mercaremos o que poidamos
e amañarémonolas para que sirva.

65
00:04:26,140 --> 00:04:27,642
- Acompáñote?
- Non.

66
00:04:28,393 --> 00:04:30,812
Xa sabes que Javier prefire que vaia soa.

67
00:04:30,895 --> 00:04:32,772
Máis razón para que vaia.

68
00:04:50,373 --> 00:04:51,374
Ava.

69
00:04:56,587 --> 00:04:57,922
Esqueces algo?

70
00:05:42,091 --> 00:05:43,176
Xusto a tempo.

71
00:05:44,427 --> 00:05:46,929
A puntualidade escasea
nas mulleres guapas.

72
00:05:47,430 --> 00:05:50,391
Circula, Bob, vou soa. Ese é o trato.

73
00:05:50,475 --> 00:05:53,603
Non coñezo o teu socio
e a ti e ao vello Joe, apenas.

74
00:05:54,145 --> 00:05:56,564
Xogo o pescozo nesta partida, arriscarei.

75
00:05:59,275 --> 00:06:01,778
Está detrás e non axites a mar, entendido?

76
00:06:02,612 --> 00:06:04,572
A mar abana o barco, nena.

77
00:06:04,655 --> 00:06:06,616
E iso que se supón que significa?

78
00:06:08,326 --> 00:06:09,535
Isto é todo?

79
00:06:09,619 --> 00:06:11,204
Agás un par de cousas.

80
00:06:13,498 --> 00:06:14,374
Tres centos.

81
00:06:14,457 --> 00:06:15,708
Tres? Estás que si.

82
00:06:18,961 --> 00:06:21,881
Calcularamos un pouco máis.

83
00:06:21,964 --> 00:06:24,842
Serán difíciles de colocar,
pola súa procedencia.

84
00:06:24,926 --> 00:06:26,844
Hei atopar un comprador de fóra.

85
00:06:26,928 --> 00:06:29,639
Sei dun tipo de Filadelfia
que daría un millón.

86
00:06:35,895 --> 00:06:39,148
Pois talvez sexa o lugar axeitado
para esta transacción.

87
00:06:43,778 --> 00:06:45,571
Non comecedes coa carallada.

88
00:06:48,825 --> 00:06:50,076
Que dis?

89
00:06:51,828 --> 00:06:53,371
- Catro centos.
- Catro?

90
00:06:54,580 --> 00:06:55,915
Quen é o ladrón agora?

91
00:06:56,541 --> 00:06:57,375
De acordo.

92
00:06:57,458 --> 00:06:59,085
Nunha hora terei os fondos.

93
00:07:19,605 --> 00:07:20,440
Agardo fóra.

94
00:07:26,779 --> 00:07:28,281
Podemos facer iso, claro.

95
00:07:28,364 --> 00:07:31,909
- Abriu unha xeadería nova.
<i>- Podo tomar un de pasas con ron?</i>

96
00:07:31,993 --> 00:07:35,288
O que ti queiras
e tamén podemos ir ao carrusel.

97
00:07:39,584 --> 00:07:43,087
A mamá raposa lle encantan.
E ao raposiño, aínda lle gustan?

98
00:07:43,796 --> 00:07:45,798
<i>Ao raposiño tamén lle encanta</i>n<i>.</i>

99
00:07:45,882 --> 00:07:48,092
- Moi ben.
<i>- Socio, despídete de mamá.</i>

100
00:07:48,176 --> 00:07:49,218
<i>Hora das tarefas!</i>

101
00:07:49,802 --> 00:07:51,929
<i>Papá di que hei facer o de Ciencias.</i>

102
00:07:52,597 --> 00:07:54,849
Claro, as tarefas son importantes.

103
00:07:55,600 --> 00:07:58,728
Teño moitas ganas de verte, quérote.

104
00:07:58,811 --> 00:08:01,397
<i>- Eu tamén, adeus!</i>
- Di a teu pai que vou…

105
00:08:06,819 --> 00:08:08,946
MAMÁ

106
00:08:14,494 --> 00:08:17,914
ACORDO DE CUSTODIA
XULGADO DE FAMILIA DE NOVA YORK

107
00:08:22,043 --> 00:08:24,712
FBI
RAY VERNON, AGOSTO-DECEMBRO

108
00:08:29,926 --> 00:08:31,969
Queres un vehículo blindado?

109
00:08:32,053 --> 00:08:34,388
Quero unha copia dun vehículo blindado.

110
00:08:34,472 --> 00:08:38,601
Unha réplica que nos permita
traspasar a reixa de seguridade de SLS.

111
00:08:38,684 --> 00:08:43,898
Se pasa por vez, pode que logremos entrar
na baía de carga sen disparar as alarmas.

112
00:08:43,981 --> 00:08:46,484
Cómpre comezar
coa configuración da cabina.

113
00:08:46,567 --> 00:08:49,320
Fixo que as camionetas son unhas 132s,

114
00:08:49,403 --> 00:08:52,156
mais a suspensión é ríxida que flipas

115
00:08:52,240 --> 00:08:55,910
e, se levamos moita carga atrás,
derraparemos sen parar.

116
00:08:55,993 --> 00:08:56,953
Mala cousa.

117
00:08:57,787 --> 00:09:04,377
Agarda, o pai dun baixista de Fairlawn
tiña unha Chevy C4500 do 2003 cuspidiña.

118
00:09:04,460 --> 00:09:07,171
Atopa unha
e modificarei e ampliarei a cabina.

119
00:09:07,255 --> 00:09:09,465
Agarda, teño o seu número en algures.

120
00:09:09,549 --> 00:09:10,925
Stan, podes conseguila?

121
00:09:12,885 --> 00:09:13,886
Stan!

122
00:09:15,096 --> 00:09:17,306
Stan, podes ir por esa camioneta?

123
00:09:17,390 --> 00:09:20,810
Unha Chevy do 2003 para modificala.
Encárgome.

124
00:09:21,394 --> 00:09:24,021
Tecnicamente o rapaz
non se graduou connosco,

125
00:09:24,105 --> 00:09:27,525
mais asinou o meu libro de graduación
e apuntou o teléfono.

126
00:09:29,944 --> 00:09:32,154
Debuxou un pene.

127
00:09:36,993 --> 00:09:39,328
Osíxeno e gasolina, bonita combinación.

128
00:09:39,412 --> 00:09:40,496
Bo traballo, Judy.

129
00:09:40,580 --> 00:09:41,914
É estable?

130
00:09:41,998 --> 00:09:44,458
Eu non dispararía nin arredor,

131
00:09:44,542 --> 00:09:48,838
pero para máis de cinco centímetros
de aceiro, precisaremos calor dabondo.

132
00:09:50,923 --> 00:09:55,344
Un tipo do Triángulo de Ferro pode
conseguir unha caixa para practicar.

133
00:09:55,428 --> 00:09:58,431
Ti mais eu poderiamos ir xuntos.

134
00:09:59,140 --> 00:10:03,603
A quen lle apetece ir xantar ao Sizzler?
Descoidade, o tío Bob invita.

135
00:10:04,395 --> 00:10:06,564
- Canto?
- Máis que xusto, 400 000.

136
00:10:06,647 --> 00:10:10,026
Mamacita contentaba con tres,
mais eu aperteille ao tipo.

137
00:10:10,109 --> 00:10:11,986
Que sería de nós sen ti?

138
00:10:12,069 --> 00:10:14,155
Quen come espaguetes con pauciños?

139
00:10:14,238 --> 00:10:15,615
Mil millóns de persoas.

140
00:10:19,952 --> 00:10:23,581
Lembrade o que nos custou conseguilo,
non é un caixeiro.

141
00:10:23,664 --> 00:10:27,126
A camioneta,
a tecnoloxía, as caixas fortes

142
00:10:27,710 --> 00:10:29,378
e os explosivos e a química.

143
00:10:29,462 --> 00:10:32,965
Debería cubrir todo o preciso
para entrar na cámara da SLS.

144
00:10:33,049 --> 00:10:35,635
Axustádevos ao tempo e ao presuposto.

145
00:10:36,302 --> 00:10:38,054
Por que leva tanto ela?

146
00:10:38,846 --> 00:10:42,850
Isto é Nova York, querido,
o mercado inmobiliario manda.

147
00:10:42,933 --> 00:10:46,771
O edificio ten un ximnasio
e un balneario para tódolos inquilinos.

148
00:10:46,854 --> 00:10:51,609
Hai moitas grandes empresas da lista
Fortune 500, institucións financeiras,

149
00:10:51,692 --> 00:10:56,947
e incluso algúns museos usan o edificio
para gardar excedentes de obras de arte.

150
00:10:59,200 --> 00:11:01,827
- Ola, señor Salas.
- Unha visita, Leighanne?

151
00:11:01,911 --> 00:11:05,456
Si, preséntolle a Roger Salas,
leva sete anos de inquilino.

152
00:11:05,539 --> 00:11:07,208
Esta é Mallory…

153
00:11:07,291 --> 00:11:08,501
- Rosenthal.
- Abofé.

154
00:11:09,251 --> 00:11:12,672
De Belgrano Industrial,
optimización do usuario final.

155
00:11:13,756 --> 00:11:15,257
E vostede, señor Salas?

156
00:11:19,387 --> 00:11:23,015
Protexemos as cousas
que paga a pena protexer. Goce da visita.

157
00:11:24,100 --> 00:11:26,268
ROGER SALAS
DIRECTOR EXECUTIVO DE SLS

158
00:11:26,352 --> 00:11:29,730
Preguntou polas medidas de seguridade
e temos as mellores.

159
00:11:30,898 --> 00:11:34,110
É moi difícil achar un espazo diáfano
así en Manhattan.

160
00:11:35,861 --> 00:11:37,780
Gustaríame facer algúns cambios.

161
00:11:38,406 --> 00:11:41,617
Por suposto, cada empresa
ten as súas necesidades.

162
00:11:42,993 --> 00:11:47,623
Dígame, señorita Rosenthal, exactamente
que é a optimización do usuario final?

163
00:11:47,707 --> 00:11:48,666
Quedamos con el.

164
00:11:49,750 --> 00:11:51,752
Primeiro e último mes en metálico?

165
00:11:52,712 --> 00:11:54,422
Prepararei os papeis.

166
00:12:04,348 --> 00:12:06,475
AVA MERCER
NOTAS DO INTERROGATORIO

167
00:12:27,037 --> 00:12:30,958
<i>O meu instinto, o meu ollo</i>
<i>e a miña percepción</i>

168
00:12:31,041 --> 00:12:36,422
<i>dinme que Ava Mercer coñece</i>
<i>a Ray Vernon e sabe onde está.</i>

169
00:12:36,505 --> 00:12:40,009
<i>Está mentindo e chéirame algo…</i>

170
00:13:14,794 --> 00:13:21,425
OFICINA FEDERAL DE INVESTIGACIÓN

171
00:13:26,222 --> 00:13:29,058
Ei, non deberías estar aquí.
Ted porase furioso.

172
00:13:29,809 --> 00:13:31,352
Só eu a coñezo de verdade.

173
00:13:32,978 --> 00:13:34,063
Non direi nin mu.

174
00:13:39,527 --> 00:13:42,822
Sinto a demora, son o axente Gough.
Falamos por teléfono.

175
00:13:42,905 --> 00:13:45,157
Impórtalle que grave o interrogatorio?

176
00:13:46,158 --> 00:13:47,159
Estou arrestada?

177
00:13:47,243 --> 00:13:49,495
Abofé que non, só son unhas preguntas.

178
00:13:49,578 --> 00:13:51,080
Pois grave o que queira.

179
00:13:51,163 --> 00:13:54,542
De familia española,
pero veu da Arxentina como refuxiada?

180
00:13:55,125 --> 00:13:57,127
Hai anos, agora teño a residencia.

181
00:13:57,753 --> 00:13:58,963
Foi na Guerra Sucia?

182
00:13:59,839 --> 00:14:01,632
Así a chamaron.

183
00:14:02,424 --> 00:14:03,843
Nós chamámola xenocidio.

184
00:14:05,678 --> 00:14:08,764
Sen titor, padriño nin pais.

185
00:14:10,391 --> 00:14:11,600
Estivo soa de nena,

186
00:14:11,684 --> 00:14:15,396
non tiña ningún familiar vivo
e estaba soa nun país estranxeiro,

187
00:14:16,689 --> 00:14:17,606
mais aquí está.

188
00:14:19,358 --> 00:14:20,442
Aquí estou?

189
00:14:20,526 --> 00:14:23,028
Unha muller con poder, contactos e cartos.

190
00:14:23,696 --> 00:14:24,655
Chegou lonxe.

191
00:14:24,738 --> 00:14:28,701
E, aínda así, chámanme
para vir ao FBI sen motivo ningún.

192
00:14:28,784 --> 00:14:32,246
- Eu non diría tal.
- Pois non sei por que non vai ao gran.

193
00:14:34,081 --> 00:14:36,041
Gústalle ser avogada, Mercer?

194
00:14:36,792 --> 00:14:39,628
Digamos que me gusta
facer o que se me dá ben.

195
00:14:39,712 --> 00:14:42,047
Traballa para moita xente cuestionable.

196
00:14:42,923 --> 00:14:44,508
Podería dicirlle o mesmo.

197
00:14:45,885 --> 00:14:49,430
- Vería o do distrito Diamante nas novas.
- Difícil non velo.

198
00:14:49,513 --> 00:14:52,725
No lugar, atopamos unha vaíña
cunha impresión dactilar.

199
00:14:52,808 --> 00:14:56,437
Cotexámola coas bases de datos
e saíu alguén curioso, vostede.

200
00:14:57,104 --> 00:14:59,231
Pregúntome que explicación hai.

201
00:15:00,232 --> 00:15:02,151
Non podo dicir que me sorprenda.

202
00:15:02,234 --> 00:15:07,865
Hai un mes, denunciei ante a policía
que me roubaran dúas armas.

203
00:15:07,948 --> 00:15:13,287
Teño varias, polo dereito que me garante
a Segunda Emenda ao ser cidadá dos EE. UU.

204
00:15:13,370 --> 00:15:18,208
E, ao igual que a xente responsable
que ten armas, cárgoas eu mesma.

205
00:15:19,251 --> 00:15:23,923
Iso explicaría a miña impresión na vaíña.

206
00:15:25,674 --> 00:15:29,720
É horrible que se usasen
para cometer un acto delituoso.

207
00:15:31,847 --> 00:15:34,099
Permíteme que o corrobore coa Policía?

208
00:15:55,996 --> 00:15:57,957
<i>De certo que foi Abbasi.</i>

209
00:15:58,540 --> 00:15:59,541
Mala cousa.

210
00:16:00,084 --> 00:16:01,835
Xa as tiveches con ela.

211
00:16:05,089 --> 00:16:08,008
Habemos de tomar precaucións
e ver se nos seguen.

212
00:16:10,886 --> 00:16:14,890
- Non poden achar este lugar.
- Usaremos teléfonos de prepago.

213
00:16:18,602 --> 00:16:19,937
Que di o teu instinto?

214
00:16:23,941 --> 00:16:25,150
Temos un problema?

215
00:16:27,653 --> 00:16:28,487
Non.

216
00:16:29,863 --> 00:16:30,781
Non?

217
00:16:30,864 --> 00:16:32,032
Non, non o temos.

218
00:16:34,493 --> 00:16:36,912
- Hai algo máis.
- Xa estamos de novo.

219
00:16:36,996 --> 00:16:41,000
- Non sabe que podería estar en xogo.
- Dixo por que o quere facer?

220
00:16:41,083 --> 00:16:41,917
Ted.

221
00:16:42,001 --> 00:16:44,628
É innegable que Abbasi
ten experiencia nisto,

222
00:16:44,712 --> 00:16:46,880
mais, polo seu historial con Mercer,

223
00:16:46,964 --> 00:16:50,467
decidín que o mellor para o FBI
é que manteña a distancia.

224
00:16:54,596 --> 00:16:58,475
Hai sete anos, Ava Mercer
puxo unha queixa formal contra min.

225
00:16:59,435 --> 00:17:02,479
Alegou que eu estaba drogada
nun interrogatorio

226
00:17:02,563 --> 00:17:05,607
no que dixo que un cliente
estaba en perigo.

227
00:17:06,358 --> 00:17:10,237
Alegou que, como non tomei
a información en serio,

228
00:17:10,320 --> 00:17:12,031
tiven culpa na súa morte.

229
00:17:12,114 --> 00:17:14,283
E iso ocorreu cando…

230
00:17:14,366 --> 00:17:16,869
Si, señora. Naquel entón consumía.

231
00:17:18,495 --> 00:17:19,872
Recoñezo que non…

232
00:17:19,955 --> 00:17:22,458
xulguei a situación como era debido.

233
00:17:24,251 --> 00:17:28,005
A súa queixa ocasionou,
en parte, a miña suspensión.

234
00:17:28,088 --> 00:17:29,214
Xa vexo o problema.

235
00:17:29,298 --> 00:17:31,884
Isto non é un desquite,
sei como pensa ela.

236
00:17:31,967 --> 00:17:33,510
- Ten coartada.
- Manipula.

237
00:17:33,594 --> 00:17:36,555
- A información concorda.
- Só pido poder asesorar.

238
00:17:40,350 --> 00:17:42,311
Entendo que a coñeces,

239
00:17:43,353 --> 00:17:44,688
mais tócache de preto.

240
00:17:45,731 --> 00:17:49,151
Ted levará o da vía Diamante
e fará como vexa oportuno.

241
00:17:50,611 --> 00:17:51,695
Si, señora.

242
00:17:52,279 --> 00:17:53,155
Grazas.

243
00:17:57,493 --> 00:17:59,620
Tes máis que dabondo cos teus casos.

244
00:18:01,580 --> 00:18:04,291
Mantente afastada de Mercer, entendido?

245
00:18:04,374 --> 00:18:05,209
Ben.

246
00:18:06,668 --> 00:18:07,503
Entendido.

247
00:18:10,798 --> 00:18:13,634
Aquí está ben, poñédeas aí,
a carón das outras.

248
00:18:14,676 --> 00:18:17,805
Fallan máis disipadores
e protección de sobretensións.

249
00:18:17,888 --> 00:18:20,891
- E un transmisor satélite para o vídeo.
- Escríbeo.

250
00:18:20,974 --> 00:18:24,061
E talvez unha PlayStation
para os ratos mortos.

251
00:18:24,144 --> 00:18:25,479
Escríbeo.

252
00:18:25,562 --> 00:18:26,563
Perfecto.

253
00:18:27,606 --> 00:18:30,359
<i>A transferencia de adicción é xusto iso.</i>

254
00:18:30,943 --> 00:18:33,278
É trocar unha adicción por outra.

255
00:18:33,362 --> 00:18:36,031
Podemos sobrepoñernos
ás drogas e o alcohol,

256
00:18:36,115 --> 00:18:38,951
mais substituímolos polo sexo ou o xogo.

257
00:18:40,410 --> 00:18:41,870
Se non nos sobrepoñemos

258
00:18:42,496 --> 00:18:45,290
e seguimos culpando a outra persoa,

259
00:18:45,916 --> 00:18:48,335
é fácil recaer nos vellos hábitos.

260
00:18:49,378 --> 00:18:52,172
Moi ben, rematemos coa oración
do terceiro paso.

261
00:18:58,137 --> 00:19:00,556
Toma a miña vontade e a miña vida.

262
00:19:01,390 --> 00:19:05,227
Guíame na miña recuperación
e amósame como vivir.

263
00:19:05,727 --> 00:19:07,771
Grazas a todos, vémonos á próxima.

264
00:19:16,780 --> 00:19:17,781
Bo traballo hoxe.

265
00:19:21,952 --> 00:19:23,412
Xa chegou teu fillo?

266
00:19:23,495 --> 00:19:24,496
En dúas semanas.

267
00:19:25,330 --> 00:19:26,748
Xa preparei o sofá.

268
00:19:28,125 --> 00:19:32,838
Está entusiasmado, e eu tamén.
É raro que tamén estea… nerviosa.

269
00:19:33,505 --> 00:19:36,008
Estará contento con tal de estar canda ti.

270
00:19:36,508 --> 00:19:37,342
Xa sei.

271
00:19:38,177 --> 00:19:41,847
Pero preocúpame leala dalgunha maneira.

272
00:19:47,144 --> 00:19:49,855
Non hai un punto na recuperación
no que hei de…

273
00:19:50,731 --> 00:19:51,815
confiar en min?

274
00:19:51,899 --> 00:19:53,901
É difícil confiar na persoa que es

275
00:19:53,984 --> 00:19:56,403
cando aínda estás amarrada a quen eras.

276
00:19:57,946 --> 00:19:59,323
Dáte unha oportunidade,

277
00:20:00,240 --> 00:20:02,242
seguro que non vas mal encamiñada.

278
00:20:05,329 --> 00:20:07,789
Non podemos obter os planos da cámara.

279
00:20:07,873 --> 00:20:10,042
Grazas a RJ, o que podemos é estudar

280
00:20:10,125 --> 00:20:13,420
os canos, a ventilación
e os sistemas eléctricos arredor.

281
00:20:15,923 --> 00:20:19,218
- Ben.
- Tíos, por favor, non foi nada.

282
00:20:20,719 --> 00:20:22,304
Vaites, un aplauso curto.

283
00:20:23,722 --> 00:20:25,766
Pois tan sinxelo non foi.

284
00:20:25,849 --> 00:20:27,851
Ben, vexamos os canos.

285
00:20:28,727 --> 00:20:32,397
<i>O que usen para mover a auga,</i>
<i>está illado dos canos principais,</i>

286
00:20:39,196 --> 00:20:43,784
<i>mais as augas residuais están conectadas</i>
<i>á rede, que podemos rastrexar.</i>

287
00:21:09,643 --> 00:21:12,354
<i>O sistema de ventilación</i>
<i>ten unha complicación.</i>

288
00:21:12,437 --> 00:21:17,317
<i>Ten menos de 30 cm de ancho e non cabemos,</i>
<i>mais chega aos despachos de SLS.</i>

289
00:21:24,992 --> 00:21:29,788
<i>A cámara usa a súa fonte de electricidade,</i>
<i>mais os despachos arredor usan a xeral.</i>

290
00:21:29,871 --> 00:21:33,709
Perdoa, non te toquei adrede.

291
00:21:44,511 --> 00:21:45,887
Seguro que vai aí?

292
00:21:48,932 --> 00:21:53,061
- É o interior do edificio.
- Iso xa o vexo, señor catedrático.

293
00:21:53,145 --> 00:21:55,856
- Non cabemos nos condutos.
- Nin nos retretes.

294
00:21:55,939 --> 00:21:57,607
Nin nos retretes, ben visto.

295
00:21:59,443 --> 00:22:01,361
E onde conflúen tódolos sistemas

296
00:22:02,112 --> 00:22:02,946
está…

297
00:22:03,030 --> 00:22:03,864
A cámara.

298
00:22:04,656 --> 00:22:07,200
Aquí hai un corredor perimetral,
unha porta,

299
00:22:07,284 --> 00:22:09,870
un conduto que leva a un nivel inferior

300
00:22:09,953 --> 00:22:12,331
e estas seccións son as caixas fortes.

301
00:22:12,414 --> 00:22:17,502
Podemos mapear as distancias, as alarmas,
as posicións e os centros de seguridade.

302
00:22:17,586 --> 00:22:20,213
Que son esas cousas con forma de araña?

303
00:22:20,297 --> 00:22:23,592
Unha malla eléctrica?
Hai cables de resistencia.

304
00:22:23,675 --> 00:22:25,218
E sensores de temperatura?

305
00:22:25,969 --> 00:22:29,014
Abofé, son termistores,
e mirade a zona de aí.

306
00:22:29,097 --> 00:22:31,725
- Han ser biométricos.
- Está todo cablado.

307
00:22:31,808 --> 00:22:34,644
Se é a entrada,
podería ter recoñecemento facial…

308
00:23:49,428 --> 00:23:50,262
Oe!

309
00:23:50,971 --> 00:23:52,389
Vixíe as salchichas!

310
00:24:01,731 --> 00:24:04,568
Que ben. Besa o cadáver
do seu home con ese bico?

311
00:24:16,121 --> 00:24:20,375
Ninguén vén á miña casa, oes?
Se queres falar comigo, faino no taller.

312
00:24:24,421 --> 00:24:26,006
Quero falar da miña parte.

313
00:24:26,089 --> 00:24:27,257
Coméntallo a Leo.

314
00:24:27,340 --> 00:24:30,844
Veña, é ben sabido quen move os fíos.

315
00:24:31,761 --> 00:24:34,222
Dubido que mans xelatina manexe moito.

316
00:24:35,640 --> 00:24:36,683
Exacto.

317
00:24:37,309 --> 00:24:39,936
Non sei se tramaredes
metérnola boa ao resto.

318
00:24:40,896 --> 00:24:41,813
Talvez non.

319
00:24:42,898 --> 00:24:46,776
Mais cun 10 % extra terei menos queixa.

320
00:24:46,860 --> 00:24:51,156
Fai que a min e a Judy
nos mereza a pena quedar no equipo.

321
00:24:52,574 --> 00:24:55,035
Direiche o que mereces.

322
00:24:57,037 --> 00:24:57,913
Nada.

323
00:24:58,622 --> 00:25:01,583
Es un ladrón de caixas fortes
cunha soa man.

324
00:25:02,250 --> 00:25:03,793
Es un apéndice.

325
00:25:04,419 --> 00:25:06,546
Non fas máis que botar leña ao lume,

326
00:25:07,380 --> 00:25:11,760
e, no momento no que caias,
todos estaremos moito mellor.

327
00:25:12,552 --> 00:25:15,055
Mais precisamos da túa esposa

328
00:25:15,138 --> 00:25:18,850
e semella que vai atada a ti.

329
00:25:21,061 --> 00:25:23,605
Así que te darei o seguinte,

330
00:25:24,397 --> 00:25:27,400
dez mil e o teléfono
dun especialista de mans.

331
00:25:28,443 --> 00:25:34,574
A cambio, non volverás poñer
un pé na miña entrada,

332
00:25:35,909 --> 00:25:36,743
no meu bloque

333
00:25:38,787 --> 00:25:40,205
nin no meu barrio.

334
00:25:43,375 --> 00:25:45,627
GENE GLASSER: VAS VIR Á VISTA OU QUE?

335
00:25:45,710 --> 00:25:46,920
Merda.

336
00:25:55,178 --> 00:25:57,138
Chegaches unha hora tarde, e que?

337
00:25:57,639 --> 00:25:59,140
O avogado de Harsha dixo:

338
00:25:59,641 --> 00:26:02,727
"Non chega ao xulgado a tempo
e vai coidar dun neno?"

339
00:26:04,521 --> 00:26:05,355
E terá razón.

340
00:26:06,398 --> 00:26:08,733
Veña, non te fustrigues con iso.

341
00:26:08,817 --> 00:26:11,194
Non, se xa o fan eles dabondo.

342
00:26:11,278 --> 00:26:15,699
O meu avogado manexouno… de momento,
mais estou na corda frouxa.

343
00:26:19,286 --> 00:26:21,538
Que fas aquí, escoitándome latricar?

344
00:26:27,627 --> 00:26:28,837
Que é isto?

345
00:26:28,920 --> 00:26:31,298
É unha planta de desculpas.

346
00:26:31,798 --> 00:26:32,632
Por que?

347
00:26:33,967 --> 00:26:34,801
É que…

348
00:26:36,344 --> 00:26:39,723
quería pedirche perdón
por como levei o de Mercer.

349
00:26:39,806 --> 00:26:43,476
- Non, en tal caso fun eu quen cruzou…
- Hei ser máis discreto.

350
00:26:44,603 --> 00:26:45,979
Probablemente estivese…

351
00:26:46,479 --> 00:26:47,856
alardeando un pouco.

352
00:26:50,233 --> 00:26:51,067
Por ti.

353
00:26:52,902 --> 00:26:54,279
Non é preciso.

354
00:26:54,863 --> 00:26:58,241
Es un bo axente, por iso
todos queren terte no seu equipo.

355
00:27:00,076 --> 00:27:01,578
Es unha axente excelente.

356
00:27:11,630 --> 00:27:13,882
Grazas pola planta de desculpas.

357
00:27:14,549 --> 00:27:15,383
Ben.

358
00:27:17,594 --> 00:27:18,511
Descoida iso.

359
00:27:18,595 --> 00:27:23,600
- Ía poñelo de volta no almacén. Estaba…
- En serio cres que Mercer está metida?

360
00:27:35,695 --> 00:27:36,780
Pois ben.

361
00:27:38,740 --> 00:27:39,616
Amósamo.

362
00:27:41,159 --> 00:27:41,993
De acordo.

363
00:27:46,081 --> 00:27:48,500
- Esta é a casa de Ava.
- Xesús, Nazan.

364
00:27:48,583 --> 00:27:52,045
É Bob Goodwin, rouba caixas fortes.
Ten un historial longo.

365
00:27:52,128 --> 00:27:54,506
Olla de preto, ten a man dereita ferida.

366
00:27:55,757 --> 00:27:58,468
Pois aquí vén o gracioso.

367
00:27:58,968 --> 00:28:01,054
Bob está casado cunha tal Judy.

368
00:28:02,055 --> 00:28:05,350
Seu pai era o Dr. James Strauss,
un profesor de Química.

369
00:28:06,601 --> 00:28:08,937
Levouna polo mundo ata os 11 anos.

370
00:28:09,020 --> 00:28:13,024
Só ten dúas tachas no seu historial,
por tenza ilícita de artillería.

371
00:28:13,983 --> 00:28:15,694
Gústalle rebentar cousas.

372
00:28:15,777 --> 00:28:19,197
Rastrexei os alias de Bob
e está nun motel de Queens.

373
00:28:19,280 --> 00:28:22,450
Levan aí dende dez días antes
do da vía Diamante.

374
00:28:23,451 --> 00:28:25,870
O normal é vender a mercancía e liscar.

375
00:28:26,496 --> 00:28:28,415
- Agás…
- Se planean outra cousa.

376
00:28:30,250 --> 00:28:33,336
As testemuñas viron
seis sospeitosos na vía Diamante.

377
00:28:33,837 --> 00:28:35,171
Estes han de ser tres.

378
00:28:35,255 --> 00:28:38,925
O da vía Diamante tivo que ser
para financiar algo máis grande.

379
00:28:39,008 --> 00:28:42,887
Helman e Ted só buscan
entregarlle un par deles ao tribunal.

380
00:28:42,971 --> 00:28:47,142
Se lles vou con isto,
pecharán o caso e estarei no lado erróneo.

381
00:28:47,726 --> 00:28:49,561
E no correcto na túa profesión.

382
00:28:51,563 --> 00:28:54,441
Sempre falas das regras,
do branco e o negro.

383
00:28:55,233 --> 00:28:56,067
Xa.

384
00:28:57,318 --> 00:28:59,028
As regras sonche importantes.

385
00:29:00,071 --> 00:29:03,199
De pequena, todo eran regras
e non podía rompelas.

386
00:29:03,283 --> 00:29:05,410
Cando había comer, traballar, rezar.

387
00:29:05,493 --> 00:29:09,038
Sacaba boas notas, corría
e casei con quen querían meus pais.

388
00:29:09,706 --> 00:29:13,793
Tiña unha vida impoluta
e as miñas decisións… tamén o eran.

389
00:29:16,963 --> 00:29:18,506
Tras os atentados do 11S,

390
00:29:19,132 --> 00:29:23,470
quería demostrar
que non era coma eles, entendes?

391
00:29:24,304 --> 00:29:25,638
Por iso entrei no FBI.

392
00:29:26,848 --> 00:29:29,225
Entón, botáronme unha ollada

393
00:29:29,893 --> 00:29:32,896
e mandáronme
a atrapar radicais a tódalas mesquitas,

394
00:29:34,147 --> 00:29:35,064
ás tendas,

395
00:29:36,024 --> 00:29:36,858
ás casas.

396
00:29:41,154 --> 00:29:44,491
Pasei catro anos
arruinando unha chea de vidas,

397
00:29:46,201 --> 00:29:49,162
desfacendo os meus semellantes,
os da miña terra.

398
00:29:50,705 --> 00:29:56,252
Intentei aplacar ese sentimento
e non puiden, por iso comecei coas drogas.

399
00:29:57,670 --> 00:29:59,923
Agora sigo as regras para non consumir

400
00:30:00,632 --> 00:30:02,342
e para poder ver o meu fillo.

401
00:30:03,468 --> 00:30:06,846
As regras son importantes se teñen
un porqué, senón…

402
00:30:06,930 --> 00:30:12,185
ás veces cómpre retorcelas para evitar que
creben as cousas que realmente importan.

403
00:30:18,233 --> 00:30:19,150
Aquí tes.

404
00:30:21,486 --> 00:30:24,614
NERVIOS CON DANOS GRAVES
IMPROBABLE RECUPERAR A MOBILIDADE TOTAL

405
00:30:28,117 --> 00:30:30,370
Algúns naceron para que lles roubasen.

406
00:30:30,453 --> 00:30:33,248
- Nin me sinto mal, foi xenial.
- Pobre tipo.

407
00:30:33,331 --> 00:30:34,165
Ola, ceo.

408
00:30:35,166 --> 00:30:37,627
Posme unha Pilsner, por favor?

409
00:30:37,710 --> 00:30:39,003
E teño outra cousa.

410
00:30:40,255 --> 00:30:43,258
- Uns xalapeños de balde coa <i>app</i> Yelp.
- Mi madriña.

411
00:30:43,758 --> 00:30:44,717
Son da elite.

412
00:30:46,970 --> 00:30:48,680
Mira ti, uña e carne.

413
00:30:49,180 --> 00:30:52,308
Foi un día incrible,
sacamos a camioneta a bo prezo.

414
00:30:52,809 --> 00:30:56,354
O tipo tiña unha granxa de polos
e usábao para transportalos.

415
00:30:56,437 --> 00:30:59,649
Quería 20 000, mais coñezo estes tipos.
Son brandiños.

416
00:30:59,732 --> 00:31:03,570
- Dixemos que estabamos casados.
- O típico, non foi para tanto.

417
00:31:03,653 --> 00:31:04,946
Sería unha ganga.

418
00:31:05,029 --> 00:31:09,534
E escoita, vai Jude e di: "Oe, Charlie…"
Usamos eses nomes, Charlie e Amanda…

419
00:31:09,617 --> 00:31:11,411
Nomes de cans, adorable.

420
00:31:11,494 --> 00:31:14,747
Pois vai e di: "Deixa cartos
para a cirurxía de Indigo."

421
00:31:14,831 --> 00:31:17,375
Como se tivésemos
unha nena, ou sería neno…?

422
00:31:17,458 --> 00:31:20,295
Bla, bla, bla. Bravo, carallo!

423
00:31:20,920 --> 00:31:23,506
Posme unha ronda de chopos para os noivos?

424
00:31:23,590 --> 00:31:24,632
Ceo, vámonos.

425
00:31:24,716 --> 00:31:27,468
Que hai da noite de vodas? Desvirgáchela?

426
00:31:29,596 --> 00:31:32,348
Que? Non, tío, non é iso. Só foi un…

427
00:31:32,432 --> 00:31:34,934
Sería mellor que a noite que fuches preso.

428
00:31:36,895 --> 00:31:38,313
Contoumo todo.

429
00:31:38,396 --> 00:31:39,230
Non, eu…

430
00:31:39,314 --> 00:31:41,482
Un foguetiño por pena e xa namoras.

431
00:31:41,566 --> 00:31:43,818
- Nunca dixen tal.
- Xa choveu diso…

432
00:31:43,902 --> 00:31:45,987
Igual ca ti, poñéndote do seu lado.

433
00:31:46,070 --> 00:31:47,572
- Non lle fales…
- Fódete!

434
00:31:47,655 --> 00:31:48,656
Bob, que carallo?

435
00:31:49,949 --> 00:31:51,659
Podes traernos algo de xeo?

436
00:31:52,160 --> 00:31:54,287
- Iso é!
- Inténtao de novo!

437
00:31:54,370 --> 00:31:56,080
Agora si!

438
00:31:57,707 --> 00:31:59,375
Que tes? Que vas facer?

439
00:32:00,460 --> 00:32:01,294
Nada.

440
00:32:03,922 --> 00:32:04,881
Síntoo.

441
00:32:08,635 --> 00:32:10,637
Saltáronme os puntos, vaia leria.

442
00:32:13,890 --> 00:32:14,724
Stan!

443
00:32:17,602 --> 00:32:18,436
Stan!

444
00:32:19,938 --> 00:32:22,398
Stan, agarda. Síntoo.

445
00:32:23,274 --> 00:32:24,192
Non dixen tal.

446
00:32:26,361 --> 00:32:29,656
El… só di trapalladas
para sacarte do rego.

447
00:32:30,531 --> 00:32:32,200
A noite que ingresaches, eu…

448
00:32:33,117 --> 00:32:35,954
- Sabes que non é certo…
- Lida ti con esa merda.

449
00:32:36,663 --> 00:32:38,998
- Sei que é un mamón.
- Non falo de Bob.

450
00:32:39,082 --> 00:32:41,709
Refírome ao te impulsa
a querer estar con el.

451
00:32:45,505 --> 00:32:48,007
Nena, veña, volve aquí.

452
00:32:48,758 --> 00:32:49,759
<i>Veña, escóitame.</i>

453
00:32:50,343 --> 00:32:52,011
Oe, Judy!

454
00:32:52,845 --> 00:32:54,180
Que, queres pegarme?

455
00:32:54,263 --> 00:32:57,100
Faino e amósame
que es un home feito e dereito!

456
00:32:57,183 --> 00:32:59,102
<i>Escóitame, por favor.</i>

457
00:32:59,686 --> 00:33:01,270
Mira.

458
00:33:02,230 --> 00:33:04,232
Quería darte isto

459
00:33:04,857 --> 00:33:07,151
doutra maneira, mais…

460
00:33:10,530 --> 00:33:11,531
É unha bolboreta.

461
00:33:13,324 --> 00:33:14,784
Xa o vexo.

462
00:33:20,873 --> 00:33:23,167
Que carallo te pasa?

463
00:33:37,056 --> 00:33:41,602
- De acordo.
- Sen poder abrir caixas, para que sirvo?

464
00:33:42,186 --> 00:33:44,022
Talvez… Non, só tes a esquerda.

465
00:33:44,105 --> 00:33:47,025
- Non é a fin do mundo.
- É o único que sei facer.

466
00:33:50,486 --> 00:33:51,654
Non…

467
00:34:12,717 --> 00:34:15,178
Este é Stan Loomis.

468
00:34:15,261 --> 00:34:20,808
Ten unha tenda de <i>delicatessen</i> legal,
mais é un contrabandista con antecedentes.

469
00:34:20,892 --> 00:34:25,521
Pasou tres anos en prisión por drogas,
mais dende entón portouse bastante ben.

470
00:34:25,605 --> 00:34:28,608
Podemos ollar no rexistro
quen o visitou no cárcere.

471
00:34:28,691 --> 00:34:29,692
Boa idea.

472
00:34:31,235 --> 00:34:32,236
Vexamos.

473
00:34:33,738 --> 00:34:34,572
Súa nai,

474
00:34:35,156 --> 00:34:35,990
súa nai,

475
00:34:36,949 --> 00:34:37,784
súa nai

476
00:34:38,659 --> 00:34:40,828
e aquí está, Judy Strauss.

477
00:34:40,912 --> 00:34:41,746
Para, mira.

478
00:34:42,705 --> 00:34:43,581
Bob Goodwin.

479
00:34:43,664 --> 00:34:44,791
Só unha vez.

480
00:34:46,375 --> 00:34:47,919
Na prisión de Washington…

481
00:34:49,003 --> 00:34:52,048
- Cando dis que saíu Loomis?
- Hai seis anos.

482
00:34:54,342 --> 00:34:57,303
Sabes quen estaba
tamén daquela nese correccional?

483
00:34:57,970 --> 00:34:59,263
Quen é?

484
00:34:59,347 --> 00:35:02,391
Ray Vernon, cliente de Ava Mercer e…

485
00:35:05,311 --> 00:35:07,021
compañeiro de cela de Loomis.

486
00:35:09,482 --> 00:35:11,400
Equivoqueime con Mercer.

487
00:35:11,484 --> 00:35:12,527
Non está nisto?

488
00:35:12,610 --> 00:35:16,614
Abofé que si, mais non é a cabeza,
senón unha peza da engrenaxe.

489
00:35:16,697 --> 00:35:18,074
Pero Ray Vernon finou.

490
00:35:18,866 --> 00:35:23,621
Sospeitábase que tiña un cómplice
e as xoias do último roubo non apareceron.

491
00:35:23,704 --> 00:35:27,125
Talvez quen ía con el
aínda manda no galiñeiro.

492
00:35:27,208 --> 00:35:28,918
Precisamos ter ollos dentro.

493
00:35:29,001 --> 00:35:31,629
Ben, digámosllo a Ted, teremos máis apoio.

494
00:35:31,712 --> 00:35:34,841
Non, temos que achar
unha fenda na armadura de Mercer.

495
00:35:34,924 --> 00:35:36,467
Como sabemos que ten unha?

496
00:35:37,135 --> 00:35:38,386
Todos a temos.

497
00:35:43,266 --> 00:35:44,100
Ben.

498
00:35:44,934 --> 00:35:45,768
Eu…

499
00:35:47,770 --> 00:35:49,272
nunca che diría que non.

500
00:35:52,650 --> 00:35:53,568
Píllano, ou?

501
00:36:00,074 --> 00:36:02,243
Non é que non…

502
00:36:04,245 --> 00:36:06,247
queira, é que non…

503
00:36:08,666 --> 00:36:09,792
Non podemos facelo.

504
00:36:15,131 --> 00:36:16,674
Cómpre retorcer as regras.

505
00:36:29,145 --> 00:36:30,021
Ben.

506
00:36:32,899 --> 00:36:33,774
Volvamos…

507
00:36:36,277 --> 00:36:37,320
ao traballo.

508
00:36:41,824 --> 00:36:43,451
Conseguíchela?

509
00:36:46,913 --> 00:36:50,458
Boas novas, temos unha réplica
das pechaduras da cámara.

510
00:36:50,541 --> 00:36:51,959
Contra, deixa que vexa.

511
00:36:52,043 --> 00:36:55,296
Malas novas, cómpre xiralas á vez.

512
00:36:59,091 --> 00:37:00,343
Podería cortalas.

513
00:37:00,426 --> 00:37:04,513
- Por oxicombustión ou plasma.
- É alta en carbono, levaría horas.

514
00:37:05,556 --> 00:37:06,557
Déixovos con iso.

515
00:37:10,311 --> 00:37:11,562
Stan non ía convosco?

516
00:37:18,402 --> 00:37:19,237
Dime.

517
00:37:20,947 --> 00:37:21,906
Ben, vamos alá.

518
00:37:23,824 --> 00:37:26,410
<i>Xurdiu unha cousa, habemos vernos.</i>

519
00:37:27,995 --> 00:37:30,122
<i>Á medianoite, non tardes.</i>

520
00:37:31,165 --> 00:37:31,999
<i>De acordo.</i>

521
00:37:39,757 --> 00:37:42,385
- Ola.
<i>- Collín unha conversa coa parabólica.</i>

522
00:37:42,468 --> 00:37:45,554
Mercer quedou esta noite
cun contacto en Bushwick.

523
00:37:45,638 --> 00:37:46,597
<i>Que fai aí?</i>

524
00:37:46,681 --> 00:37:49,016
Só hai matadoiros e galerías de arte.

525
00:37:49,100 --> 00:37:53,312
Viría mercar polos e mosaicos,
non che sei. Quedou á medianoite.

526
00:37:53,396 --> 00:37:56,274
Ben, vaiamos por algo de cear
e faremos garda.

527
00:37:56,357 --> 00:37:59,193
Hei de ir ao Bronx
por unha emerxencia de Ted.

528
00:37:59,277 --> 00:38:00,653
Isto é unha emerxencia.

529
00:38:00,736 --> 00:38:02,989
<i>Xa, pero non llo podo dicir a Ted, ou?</i>

530
00:38:04,073 --> 00:38:05,491
Oe, por min quedaría…

531
00:38:05,574 --> 00:38:08,828
- Ben, envíame a información. Irei soa.
<i>- Nazan, agarda.</i>

532
00:38:10,413 --> 00:38:11,539
E se é unha trampa?

533
00:38:13,833 --> 00:38:15,918
Mágoa que non esteas para salvarme.

534
00:39:26,906 --> 00:39:29,075
- Ves algo que che guste?
- Non.

535
00:40:33,389 --> 00:40:34,390
Sóltame, hostia!

536
00:40:34,932 --> 00:40:36,058
Oe, onde vas?

537
00:40:36,142 --> 00:40:37,643
Fóra do medio!

538
00:40:43,315 --> 00:40:44,150
Merda!

539
00:40:44,233 --> 00:40:45,943
Ava, alto!

540
00:40:46,026 --> 00:40:47,278
Dixen que alto!

541
00:40:47,361 --> 00:40:48,821
As mans onde poda velas!

542
00:40:55,369 --> 00:40:56,454
Soltádeme!

543
00:40:57,079 --> 00:40:58,289
Soltádeme!

544
00:40:58,831 --> 00:41:01,667
- Ten máis armas?
- Son do FBI, puto parvo.

545
00:41:01,750 --> 00:41:02,960
Señora, estea queda.

546
00:41:03,502 --> 00:41:06,380
Oe, Travis. Que é isto?

547
00:41:09,008 --> 00:41:09,967
Queda arrestada.

548
00:41:10,468 --> 00:41:12,261
<i>Non debiches provocar a besta.</i>

549
00:41:12,344 --> 00:41:15,097
<i>Non a provoquei, abatina.</i>

550
00:41:15,598 --> 00:41:16,807
<i>Estás segura diso?</i>

551
00:41:17,391 --> 00:41:19,477
Non tardará en conectalo todo.

552
00:41:19,560 --> 00:41:20,394
<i>Entón que?</i>

553
00:41:20,895 --> 00:41:22,313
<i>Queres pechar o negocio?</i>

554
00:41:23,230 --> 00:41:25,232
Non, estamos demasiado preto.

555
00:41:25,774 --> 00:41:28,861
Seremos coidadosos
e tomaremos precaucións.

556
00:41:28,944 --> 00:41:30,529
É o que estamos a facer.

557
00:41:35,117 --> 00:41:36,243
E cal é a solución?

558
00:41:40,873 --> 00:41:41,999
Son eu.

559
00:41:43,250 --> 00:41:44,084
Non.

560
00:41:44,627 --> 00:41:47,505
<i>Escoita, se me abro agora,</i>

561
00:41:47,588 --> 00:41:50,090
Abbasi non terá nada contra ti

562
00:41:51,133 --> 00:41:53,636
e poderás acabar o que comezaches.

563
00:42:00,017 --> 00:42:00,851
De acordo.

564
00:42:05,689 --> 00:42:07,024
Escoita, Gene, has de…

565
00:42:07,107 --> 00:42:08,484
Enténdoo, escóitame.

566
00:42:08,567 --> 00:42:11,695
Dille ao xuíz que isto
pasa acotío no meu traballo.

567
00:42:11,779 --> 00:42:13,489
Eu…

568
00:42:13,572 --> 00:42:16,200
Non poden. Nin sequera me imputaron.

569
00:42:16,283 --> 00:42:18,744
Non poden quitarme a custodia.

570
00:42:19,703 --> 00:42:20,955
Estou calmada, estou…

571
00:42:21,872 --> 00:42:25,167
De acordo, mais chámame de volta, queres?

572
00:42:27,503 --> 00:42:28,671
Merda.

573
00:43:24,268 --> 00:43:25,102
Teté?

574
00:43:36,071 --> 00:43:37,197
Teresa?

575
00:44:12,441 --> 00:44:14,526
Quitáronme a custodia do meu fillo.

576
00:44:15,069 --> 00:44:16,028
Nunca a tiveras.

577
00:44:18,989 --> 00:44:20,949
- O poder tela.
- Onde a levaches?

578
00:44:32,961 --> 00:44:37,383
Para saberes de burocracia, sorpréndeme
que non conseguises a súa cidadanía.

579
00:44:38,759 --> 00:44:40,427
Chama pola súa coelliña.

580
00:44:41,845 --> 00:44:42,930
E iso de coelliña?

581
00:44:45,015 --> 00:44:47,226
Cando era unha cativa,

582
00:44:49,353 --> 00:44:52,314
era difícil de atrapar.

583
00:44:55,651 --> 00:44:56,694
É familia túa?

584
00:44:57,945 --> 00:44:59,196
Era a miña coidadora.

585
00:44:59,780 --> 00:45:03,158
Axudoume a fuxir e coidou de min.

586
00:45:04,576 --> 00:45:08,872
Pensa que unha muller da súa idade
volve a un país que non viu en 40 anos.

587
00:45:09,373 --> 00:45:11,834
Soa, sen familia.

588
00:45:13,585 --> 00:45:15,254
Ao menos o Goberno é mellor.

589
00:45:16,755 --> 00:45:18,716
Cres que hai algún bo?

590
00:45:19,925 --> 00:45:21,176
Algúns o intentan.

591
00:45:21,260 --> 00:45:22,094
Cales?

592
00:45:23,137 --> 00:45:25,973
O de España, no que Franco
matou os meus curmáns?

593
00:45:27,766 --> 00:45:32,062
O de Arxentina, no que Videla
fixo desaparecer os meus pais?

594
00:45:34,022 --> 00:45:35,441
Ou o dos Estados Unidos,

595
00:45:36,066 --> 00:45:39,987
no que os policías secuestran
anciás para conseguir o que queren?

596
00:45:40,070 --> 00:45:44,324
Eu non secuestrei a ninguén, foron
os de Inmigración facendo o que deben.

597
00:45:46,493 --> 00:45:47,327
Vas con esas?

598
00:45:48,746 --> 00:45:51,707
- Durmo pola noite.
- E como lle vai á túa familia?

599
00:45:51,790 --> 00:45:53,333
Mellor que a Teresa.

600
00:45:59,131 --> 00:46:01,049
Teño amigos en Inmigración

601
00:46:01,133 --> 00:46:02,843
e débenme uns favores.

602
00:46:04,052 --> 00:46:06,555
Teresa ten a vista
da deportación o martes.

603
00:46:06,638 --> 00:46:09,641
Pode que xa saquen do país
nun voo a semana que vén,

604
00:46:10,893 --> 00:46:12,394
agás se fago esa chamada.

605
00:46:15,481 --> 00:46:16,648
Que queres?

606
00:46:17,691 --> 00:46:18,859
Quero que cantes.

607
00:46:20,360 --> 00:46:21,361
Non che sei nada.

608
00:46:21,445 --> 00:46:22,571
Deixa que o dubide.

609
00:46:23,155 --> 00:46:25,866
Aínda que fose así,
poderías servirme de toupa.

610
00:46:26,450 --> 00:46:30,746
Os miles de dólares en diamantes
non eran o obxectivo final da túa banda.

611
00:46:30,829 --> 00:46:32,956
Banda?

612
00:46:33,040 --> 00:46:33,916
De que falas?

613
00:46:33,999 --> 00:46:37,336
Bob Goodwin, Stan Loomis, Judy Strauss.

614
00:46:37,419 --> 00:46:39,171
Fixo que fago cantar a algún

615
00:46:39,254 --> 00:46:40,756
e te deixa co cu ao aire.

616
00:46:41,965 --> 00:46:43,217
Entón, Teresa…

617
00:46:50,098 --> 00:46:52,100
Saben que me estou baixo a lupa.

618
00:46:53,936 --> 00:46:55,979
Estou fóra. Teño a porta pechada.

619
00:46:56,480 --> 00:46:59,399
Sabemos dabondo que podes
conseguir volver entrar.

620
00:47:04,321 --> 00:47:06,073
E amósame como vivir.

621
00:47:07,699 --> 00:47:10,160
Ben, moitas grazas a todos.

622
00:47:10,244 --> 00:47:13,413
Quero que saibades
o afoutos que fostes hoxe.

623
00:47:31,014 --> 00:47:31,849
Ola.

624
00:47:33,308 --> 00:47:34,935
Que foi? Bulín o máximo.

625
00:48:45,380 --> 00:48:46,590
Quero volver entrar.

626
00:50:37,409 --> 00:50:42,414
Subtítulos: Bruno Martínez Pita

