1
00:00:16,850 --> 00:00:20,687
ENTRANDO NO EPISODIO AZUL:
CINCO DÍAS ANTES DO ATRACO

2
00:00:27,027 --> 00:00:28,778
<i>Enfrontámonos a el,</i>

3
00:00:28,862 --> 00:00:30,071
<i>Roger Salas.</i>

4
00:00:30,155 --> 00:00:34,242
<i>Preside SLS, a maior empresa</i>
<i>de seguridade financeira da costa leste.</i>

5
00:00:35,493 --> 00:00:37,203
<i>Cre que é intocable</i>,

6
00:00:38,204 --> 00:00:39,456
<i>mais está equivocado.</i>

7
00:00:40,373 --> 00:00:43,460
<i>A súa familia pensa</i>
<i>que tivo unha boa vida, impoluta,</i>

8
00:00:44,127 --> 00:00:45,503
<i>mais está equivocada.</i>

9
00:00:45,587 --> 00:00:48,339
<i>O mundo pensa que é un titán na industria,</i>

10
00:00:48,423 --> 00:00:50,216
<i>un virtuoso,</i>

11
00:00:50,300 --> 00:00:53,678
<i>mais non ten nin idea</i>
<i>de quen é en realidade.</i>

12
00:00:54,304 --> 00:00:56,765
Precísanse sete traballos para derrotalo.

13
00:00:57,348 --> 00:01:02,103
Sete traballos son os que nos separan
do que sempre ambicionamos.

14
00:01:02,187 --> 00:01:03,438
Se enfiamos a agulla,

15
00:01:04,606 --> 00:01:06,983
seremos reis e raíñas.

16
00:01:07,567 --> 00:01:11,404
Primeiro traballo, o 505 de Wall Street.

17
00:01:11,988 --> 00:01:16,785
<i>SLS incorpora nos seus vehículos blindados</i>
<i>transmisores de radio con codificación.</i>

18
00:01:17,410 --> 00:01:22,957
Son a única forma de entrar na baía
de carga e podemos clonalos estando preto.

19
00:01:24,209 --> 00:01:26,920
<i>Se non obtemos o código</i>
<i>antes de que entren…</i>

20
00:01:30,757 --> 00:01:33,593
adeus ao segundo traballo.

21
00:01:49,526 --> 00:01:51,528
TRANSFERENCIA DE DATOS
COBERTURA

22
00:01:54,656 --> 00:01:55,990
<i>Se alguén nos ficha…</i>

23
00:01:59,702 --> 00:02:01,496
pum, acabouse o que se daba.

24
00:02:01,579 --> 00:02:02,831
Circule.

25
00:02:02,914 --> 00:02:05,458
<i>Roger gañará e nós perderemos.</i>

26
00:02:08,670 --> 00:02:09,879
Apártese, veña.

27
00:02:09,963 --> 00:02:11,422
TRANSFERENCIA DE DATOS
COBERTURA

28
00:02:13,925 --> 00:02:17,512
<i>Segundo traballo, entrar en SLS.</i>

29
00:02:21,808 --> 00:02:24,727
<i>Hai unhas portas</i>
<i>custodiadas por gardas armados</i>

30
00:02:25,436 --> 00:02:28,189
<i>e dous ascensores con acceso restrinxido.</i>

31
00:02:28,857 --> 00:02:30,358
<i>Un para obxectos de valor</i>

32
00:02:31,693 --> 00:02:33,820
<i>e outro para clientes.</i>

33
00:02:35,822 --> 00:02:41,119
Todo está videovixiado
e grávase e súbese as 24 horas do día.

34
00:02:41,828 --> 00:02:46,624
<i>Terceiro traballo, dous gardas armados</i>
<i>con adestramento militar no vestíbulo.</i>

35
00:02:47,959 --> 00:02:52,130
Benvidos a SLS. Xa coñecen a Hannah Kim,
que leva a seguridade dixital.

36
00:02:52,213 --> 00:02:54,090
Perdoa, Bob, distráiote?

37
00:02:57,343 --> 00:02:58,887
Os Chiefs gañan de seis.

38
00:02:58,970 --> 00:03:01,431
Vaites, os Chiefs gañan de seis?

39
00:03:02,640 --> 00:03:03,641
Abofé.

40
00:03:08,229 --> 00:03:11,232
Ben, xente. Aquí se complica a cousa.

41
00:03:11,316 --> 00:03:13,484
Vaites, aquí se nos complica.

42
00:03:17,447 --> 00:03:19,991
Aquí temos a entrada da cámara acoirazada.

43
00:03:25,079 --> 00:03:28,875
<i>Cuarto traballo, a porta da entrada.</i>
<i>A tarxeta que temos bastará.</i>

44
00:03:28,958 --> 00:03:31,336
<i>Unha vez aberta, virá o quinto traballo.</i>

45
00:03:32,253 --> 00:03:34,380
Teremos o equipamento.

46
00:03:34,464 --> 00:03:36,799
Haberemos de ser silenciosos.

47
00:03:36,883 --> 00:03:40,178
O maior problema de todos será que,
ao abrirse a porta,

48
00:03:40,261 --> 00:03:45,350
<i>se activará unha unidade biométrica</i>
<i>multimatriz de recoñecemento da marcha.</i>

49
00:03:45,433 --> 00:03:49,437
- Que significa iso para os non friquis?
- <i>Que recoñece como camiñas.</i>

50
00:03:49,520 --> 00:03:52,690
<i>Se entra quen non debe,</i>
<i>as cámaras o detectarán.</i>

51
00:03:52,774 --> 00:03:57,654
- E non podemos cegalas ou fumealas?
- Son de movemento e infravermellas.

52
00:03:57,737 --> 00:04:01,532
Daquela temos que ser invisibles
e, se non podemos…

53
00:04:01,616 --> 00:04:07,080
- Pecharán as reixas, entrarán os gardas…
- E acabouse, mais o que me preocupa é a…

54
00:04:07,163 --> 00:04:11,542
A entrada é o quinto traballo.
Logo vén o sexto.

55
00:04:12,961 --> 00:04:16,798
Abrir a porta da cámara
e apagar os sensores de temperatura.

56
00:04:16,881 --> 00:04:19,842
Roger usa seguridade tripla:
algo que o identifica…

57
00:04:22,428 --> 00:04:23,346
<i>Adiante, Roger.</i>

58
00:04:23,429 --> 00:04:25,014
…algo que ten

59
00:04:26,391 --> 00:04:28,643
e algo que sabe.

60
00:04:29,227 --> 00:04:32,772
<i>O código apaga</i>
<i>os monitores de temperatura.</i>

61
00:04:34,691 --> 00:04:36,067
<i>Daquela como o obtemos?</i>

62
00:04:41,030 --> 00:04:41,864
Non podemos.

63
00:04:42,782 --> 00:04:44,993
Só o sabe Roger e múdao tódolos días.

64
00:04:45,868 --> 00:04:49,580
Cando entremos,
a temperatura comezará a subir

65
00:04:49,664 --> 00:04:52,458
e, se acada 73 graos Fahrenheit…

66
00:04:52,542 --> 00:04:53,626
- K.O.
- Diabólico.

67
00:04:53,710 --> 00:04:54,961
Prisión de por vida.

68
00:04:55,044 --> 00:04:57,714
Exacto, podemos esquivar todo agás isto.

69
00:04:57,797 --> 00:05:00,800
A non ser que deixases
unha porta traseira.

70
00:05:02,719 --> 00:05:05,013
Dixécheslles que deixaches unha?

71
00:05:07,557 --> 00:05:08,599
Deixeina.

72
00:05:10,601 --> 00:05:13,730
<i>Un parche que desactivará</i>
<i>os sensores de temperatura.</i>

73
00:05:14,355 --> 00:05:17,233
<i>Sen el, seríanos imposible entrar.</i>

74
00:05:25,033 --> 00:05:29,287
Esta é a cámara acoirazada máis segura

75
00:05:30,038 --> 00:05:33,875
da costa leste dos Estados Unidos.

76
00:05:35,835 --> 00:05:37,045
Se cadra do mundo.

77
00:05:37,879 --> 00:05:39,964
A miña caixa de seguridade está aí.

78
00:05:42,633 --> 00:05:44,719
Non confiaría en tela noutro sitio.

79
00:05:57,482 --> 00:06:02,487
De agora en adiante,
os seus bens estarán 100 % seguros.

80
00:06:02,570 --> 00:06:08,785
Ninguén nin nada pode entrar
nesta cámara acoirazada, agás se eu quero.

81
00:06:17,710 --> 00:06:20,046
E, por último, o sétimo traballo.

82
00:06:21,089 --> 00:06:24,675
Abriremos as caixas fortes,
extraeremos os bonos,

83
00:06:25,426 --> 00:06:27,845
e subirémolos ata a camioneta.

84
00:06:27,929 --> 00:06:29,806
Todo nunha hora escasa.

85
00:06:30,848 --> 00:06:32,183
E ninguén se decatará.

86
00:06:36,854 --> 00:06:38,773
Practicamente róubase soa.

87
00:06:41,275 --> 00:06:42,985
Podes devolverme o móbil?

88
00:06:48,199 --> 00:06:49,450
Hostia, perderon.

89
00:07:08,052 --> 00:07:10,138
Suzanne e Woo chegan mañá á cidade.

90
00:07:10,221 --> 00:07:13,141
Teño un cóctel na casa do concello,
deberían vir.

91
00:07:13,224 --> 00:07:14,684
Ollarei a miña axenda.

92
00:07:22,442 --> 00:07:23,359
Conseguímolo.

93
00:07:23,443 --> 00:07:24,402
Conseguino.

94
00:07:25,820 --> 00:07:29,449
Ía esquivando coches
e saltando os beirados, ao GTA.

95
00:07:29,532 --> 00:07:32,952
Entón achegouse un tipo
armado ata os dentes. Ía matarme e…

96
00:07:34,745 --> 00:07:35,580
Ben.

97
00:07:40,418 --> 00:07:42,462
Queres ir traballar na camioneta?

98
00:07:43,504 --> 00:07:46,007
Claro, boa idea.

99
00:07:51,929 --> 00:07:54,015
Só buscaba unha palmadiña no lombo.

100
00:07:54,098 --> 00:07:57,101
Xa haberá tempo de palmadiñas
cando rematemos.

101
00:07:58,019 --> 00:08:01,606
FORBES
OS GARDIÁNS DE WALL STREET

102
00:08:15,620 --> 00:08:18,498
PARABÉNS POR ATRAPARES O PEIXE GORDO.

103
00:08:18,581 --> 00:08:21,626
QUEN É?

104
00:08:35,723 --> 00:08:37,058
De acordo, ben.

105
00:08:38,100 --> 00:08:40,728
RJ, amorea isto para que quede recto.

106
00:08:40,811 --> 00:08:42,438
Ha de medir máis dun metro.

107
00:08:42,522 --> 00:08:44,649
- Caerá e esmagarache os pés.
- Ben.

108
00:08:44,732 --> 00:08:46,317
E se os levamos a peso?

109
00:08:47,026 --> 00:08:48,736
Cada bono vale 100 000, ben?

110
00:08:48,819 --> 00:08:51,072
Por tanto, hai 70 000 follas de papel.

111
00:08:51,155 --> 00:08:56,744
Poñamos que cada unha pesa cinco gramos.
Iso son 350 000 gramos, ou 350 quilos.

112
00:08:56,827 --> 00:08:59,789
E se temos en conta as caixas,
son case 450 quilos.

113
00:08:59,872 --> 00:09:03,459
Non atendín nadiña,
do atractiva que estás cando calculas.

114
00:09:03,543 --> 00:09:05,211
Ai, si? Só cando calculo?

115
00:09:05,294 --> 00:09:07,421
- Sexa o que fagas.
- E hai máis.

116
00:09:07,505 --> 00:09:10,550
- Máis cálculos?
- De que tipo os queres?

117
00:09:10,633 --> 00:09:14,011
É bonito ver unha parella
mostrar afecto tras tantos anos.

118
00:09:14,095 --> 00:09:19,976
Meus pais nin se tocaban, mais dubido que
me cambiase a percepción. Difícil sabelo…

119
00:09:20,059 --> 00:09:21,185
Ha calar o melenas?

120
00:09:21,269 --> 00:09:23,104
- Déixao en paz.
- Que o deixe?

121
00:09:23,187 --> 00:09:26,107
Dirás iso cando nos pillen
polos seus chíos?

122
00:09:26,190 --> 00:09:27,441
Eh, periquiño?

123
00:09:29,443 --> 00:09:30,736
Mais teño dúas mans.

124
00:09:31,737 --> 00:09:33,447
Ah, tes dúas mans?

125
00:09:33,531 --> 00:09:35,074
Tes dúas putas mans?

126
00:09:35,157 --> 00:09:37,910
- Mais es un torpe cos pés.
- Oe!

127
00:09:37,994 --> 00:09:39,328
Que pasa aquí?

128
00:09:39,412 --> 00:09:42,748
Síntoo, señor Jenkins,
non xogaremos máis no patio!

129
00:09:42,832 --> 00:09:45,876
Todo ben, Leo.
Teño todo baixo control, descoida.

130
00:09:45,960 --> 00:09:50,006
Rapaces, portádevos ben. Logo volvo.

131
00:09:52,008 --> 00:09:53,634
Xa, enténdoo,

132
00:09:54,343 --> 00:09:57,221
mais non podo darche
información que non teño.

133
00:09:57,305 --> 00:10:00,141
Non hai nada do que informar, de acordo?
Falamos.

134
00:10:00,808 --> 00:10:02,560
Vas á casa de Roger?

135
00:10:02,643 --> 00:10:05,605
Hei pinchar as cámaras
e instalar o escáner facial.

136
00:10:06,439 --> 00:10:10,735
Se cadra deberías mandar a Judy
e quedar aquí.

137
00:10:11,611 --> 00:10:14,196
Non, isto non llo podo confiar a ninguén.

138
00:10:19,452 --> 00:10:20,661
Isto xa é persoal.

139
00:10:21,746 --> 00:10:23,205
Cando non o foi?

140
00:10:40,723 --> 00:10:43,643
Agora son o teu puto problema.
Abellas do carallo.

141
00:10:47,480 --> 00:10:49,607
ABELLARIZA NAJIMY

142
00:10:49,690 --> 00:10:52,652
<i>A abella raíña é a femia líder da colonia.</i>

143
00:10:53,444 --> 00:10:56,155
<i>Comunícase coas súas directivas</i>
<i>por feromonas</i>

144
00:10:56,238 --> 00:10:59,075
<i>e, onde vai ela,</i>
<i>séguena o resto de abellas.</i>

145
00:10:59,742 --> 00:11:01,994
<i>As abellas obreiras son todas femias…</i>

146
00:11:02,078 --> 00:11:02,912
Manda carallo.

147
00:11:03,913 --> 00:11:07,124
Non sei por que pido lingua,
sempre a cagan.

148
00:11:13,089 --> 00:11:17,635
Quizais debería ir armado
para o atraco, coma vós.

149
00:11:17,718 --> 00:11:18,552
Ti…

150
00:11:20,179 --> 00:11:23,516
Non precisas unha arma para isto, ceo.

151
00:11:24,392 --> 00:11:28,771
Xa, tedes razón,
pero e se a cousa se complica?

152
00:11:28,854 --> 00:11:31,941
Que tipo de complicación vas ter no teu?

153
00:11:32,024 --> 00:11:37,029
Non sei, se vén un garda e solta:
"Oe, que estás a facer?"

154
00:11:37,113 --> 00:11:38,614
Por que é británico?

155
00:11:38,698 --> 00:11:40,908
Non sei, podería ser de calquera…

156
00:11:40,991 --> 00:11:45,162
Ti has levarnos, cargar a camioneta
e traernos. Esquece as armas.

157
00:11:45,246 --> 00:11:49,542
Ben, deixamos o das armas pendente
e xa o volveremos discutir.

158
00:12:08,561 --> 00:12:09,729
Coñeces esta xente?

159
00:12:10,896 --> 00:12:12,148
Pronto a coñeceremos.

160
00:12:12,940 --> 00:12:15,443
Agardo axudar a causar unha boa impresión.

161
00:12:15,943 --> 00:12:18,529
Non podería ser mala
nin aínda que quixeses.

162
00:13:14,293 --> 00:13:20,132
O meu final feliz, se o conseguimos,
será mercar un viñedo en Portugal.

163
00:13:22,176 --> 00:13:23,511
Cultivarei uva.

164
00:13:24,637 --> 00:13:28,015
Venderei parte do viño a un restaurante
e beberei o resto.

165
00:13:33,646 --> 00:13:34,980
Eu e alguén especial.

166
00:13:35,064 --> 00:13:36,524
Túa nai, daquela.

167
00:13:37,274 --> 00:13:38,984
Polo menos soño, paspán.

168
00:13:41,237 --> 00:13:43,447
Descoida, este paspán tamén soña.

169
00:13:43,531 --> 00:13:45,366
Mudareime ás Bahamas.

170
00:13:45,866 --> 00:13:49,078
Ás súas praias rosas,
longas como acada a vista.

171
00:13:49,161 --> 00:13:54,875
Se o conseguimos, eu boteille o ollo
a unha Ludwig 1965 de Butch Vig orixinal.

172
00:13:59,255 --> 00:14:02,383
- É unha batería.
- Poderías mercar un millón delas.

173
00:14:02,466 --> 00:14:03,634
Mercareiche dez.

174
00:14:03,717 --> 00:14:06,679
Mais Butch tocaba esta
cando estaba en Garbage.

175
00:14:07,346 --> 00:14:11,767
Está no museo histórico de Wisconsin,
pero xa sabes que os cartos mandan.

176
00:14:11,851 --> 00:14:13,227
Imbécil.

177
00:14:14,937 --> 00:14:16,939
Pode soñar canto queira, sabes?

178
00:14:17,523 --> 00:14:18,983
E ti que farás, Judy?

179
00:14:21,110 --> 00:14:25,614
Hai unha pequena vila
nunha montaña en México,

180
00:14:26,198 --> 00:14:27,032
Angangueo.

181
00:14:28,492 --> 00:14:30,911
Meu pai levoume alí cando era cativa.

182
00:14:30,995 --> 00:14:35,249
É onde van
as bolboretas monarca no inverno.

183
00:14:35,332 --> 00:14:36,208
Elas…

184
00:14:37,793 --> 00:14:40,880
viaxan durante todo o ano,
miles de quilómetros.

185
00:14:40,963 --> 00:14:44,174
Mais só viven tres semanas,
dabondo para poñer un ovo.

186
00:14:44,258 --> 00:14:48,888
As últimas chegan a Angangueo

187
00:14:49,513 --> 00:14:52,391
e viven uns oito ou nove meses.

188
00:14:52,474 --> 00:14:56,937
Saben que son as últimas da estirpe e…

189
00:14:58,355 --> 00:15:00,858
han de levar o facho o máis lonxe posible.

190
00:15:05,154 --> 00:15:08,699
Así que alí é onde irei.

191
00:15:10,993 --> 00:15:11,869
Que fermoso.

192
00:15:15,372 --> 00:15:18,834
Semella que estarás tombado
nesas areas rosas ti só, Bob.

193
00:15:24,590 --> 00:15:26,342
Tes algo que dicir, mamón?

194
00:15:27,801 --> 00:15:29,094
Se tes algo, sóltao!

195
00:15:29,178 --> 00:15:30,512
Borracho do carallo.

196
00:15:30,596 --> 00:15:33,599
Cavareiche unha tomba, puto maricas.
Solta, hostia!

197
00:15:35,100 --> 00:15:37,227
- Que carallo?
- Non, Judy. Veña, eu…

198
00:15:41,148 --> 00:15:41,982
Oe.

199
00:15:42,066 --> 00:15:44,526
Sempre o mesmo con este tío, diola.

200
00:15:44,610 --> 00:15:46,779
- Xa sei, acouga.
- Sempre o mesmo.

201
00:15:46,862 --> 00:15:48,614
- El non importa.
- Inténtoo.

202
00:15:48,697 --> 00:15:50,532
Oe, respira.

203
00:15:50,616 --> 00:15:52,034
- Eu inténtoo.
- Eu…

204
00:15:52,576 --> 00:15:53,869
- Perdoa.
- …quérote.

205
00:15:53,953 --> 00:15:56,080
- Quérote.
- Síntoo, xa o sabes.

206
00:15:57,081 --> 00:15:57,915
Perdoa.

207
00:15:58,707 --> 00:16:00,125
Non me asustes así.

208
00:16:00,668 --> 00:16:02,878
Non me gusta cando me asustas así.

209
00:16:06,006 --> 00:16:08,008
Escóitame.

210
00:16:08,092 --> 00:16:10,094
Cando consigamos eses bonos…

211
00:16:11,679 --> 00:16:12,930
quedaremos con todos.

212
00:16:14,139 --> 00:16:15,975
- De acordo?
- Ben.

213
00:16:16,058 --> 00:16:17,518
Mudarémonos xuntos.

214
00:16:19,061 --> 00:16:21,063
Sós ti mais eu, nena, eh?

215
00:16:22,481 --> 00:16:23,399
Sós ti mais eu.

216
00:16:23,899 --> 00:16:25,818
- Abofé que si.
- Para sempre.

217
00:16:26,860 --> 00:16:29,863
Claro, quérote.

218
00:16:29,947 --> 00:16:30,990
Quérote.

219
00:16:34,368 --> 00:16:35,494
Ó, si.

220
00:16:53,053 --> 00:16:55,389
Semella un pouco perigoso.

221
00:16:55,472 --> 00:16:58,642
Non, é incriblemente sinxelo
e xa está preparado.

222
00:16:58,726 --> 00:17:00,894
O risco para vostede será moi baixo.

223
00:17:03,522 --> 00:17:07,067
- Alégrame que puidese vir.
- Claro. Miña esposa, Sakura.

224
00:17:07,151 --> 00:17:10,279
Comentáballe dos nosos plans
de protección de activos.

225
00:17:10,779 --> 00:17:13,490
E eu que pensaba
que sería unha noite de relax.

226
00:17:15,492 --> 00:17:17,411
- Acompáñame?
- Por suposto.

227
00:17:44,021 --> 00:17:46,565
SÓ UNHA PINGA!

228
00:19:09,565 --> 00:19:12,442
Vaites, vostedes os tres no mesmo lugar.

229
00:19:16,321 --> 00:19:18,240
Daquela, aproveitando que están…

230
00:19:19,783 --> 00:19:22,286
quería comentarlles que estou valorando

231
00:19:22,369 --> 00:19:25,706
- expandirnos a Europa.
- Queremos que coloque os bonos.

232
00:19:27,666 --> 00:19:33,297
- Acabo de colocalos na cámara.
- Quere dicir que queremos que nos axude

233
00:19:33,380 --> 00:19:36,550
a trocalos por outro tipo de activos.

234
00:19:37,134 --> 00:19:39,094
Exacto, máis legais.

235
00:19:40,137 --> 00:19:43,348
A súa orixe é problemática.

236
00:19:44,474 --> 00:19:47,644
Apreciaríamos moito
a súa discreción e rapidez.

237
00:19:50,314 --> 00:19:53,108
Non estou preparado
para ese tipo de cousas.

238
00:19:53,859 --> 00:19:58,530
Desafortunadamente, neste momento
hai moitos focos postos en nós.

239
00:19:58,614 --> 00:20:02,910
O Goberno olla con lupa
cada transacción que facemos.

240
00:20:03,535 --> 00:20:05,329
Mais alguén coma vostede…

241
00:20:05,412 --> 00:20:10,667
Respectado, con conexións
e a tiro de pedra… non si?

242
00:20:12,961 --> 00:20:17,299
Mais non podo facer desaparecer
7000 millóns de dólares da noite á mañá.

243
00:20:17,382 --> 00:20:23,555
Seguro que vostedes…
entenden o difícil que é

244
00:20:24,723 --> 00:20:28,101
colocar esa contía
sen disparar as alarmas.

245
00:20:30,562 --> 00:20:32,189
Vostede é enxeñoso.

246
00:20:34,566 --> 00:20:39,196
Confiamos en que atopará
a maneira de axudarnos.

247
00:21:23,448 --> 00:21:25,450
NÚMERO DESCOÑECIDO

248
00:21:37,713 --> 00:21:39,631
- Quen é?
<i>- Mire o correo.</i>

249
00:21:44,886 --> 00:21:46,138
XESTIÓN

250
00:21:49,516 --> 00:21:50,392
Que quere?

251
00:21:50,475 --> 00:21:53,603
<i>Quero que saiba</i>
<i>que nada do que ten está seguro.</i>

252
00:21:53,687 --> 00:21:57,232
<i>A súa familia, a súa identidade</i>
<i>nin a súa prezada cámara.</i>

253
00:21:58,358 --> 00:21:59,735
<i>Estarei en contacto.</i>

254
00:22:06,116 --> 00:22:09,953
Analizade tódolos sistemas.
De SLS e de todo o 505 de Wall Street.

255
00:22:10,037 --> 00:22:12,039
Podes rastrexar un correo cifrado?

256
00:22:12,122 --> 00:22:14,374
Depende do número de proxis. Todo ben?

257
00:22:14,458 --> 00:22:16,543
Só protexo os activos dos clientes.

258
00:22:16,626 --> 00:22:20,464
- Vale máis ter contentos os Trixemelgos.
- Semellaban agradables.

259
00:22:20,964 --> 00:22:23,717
Son da xente coa que, se non estás a boas,

260
00:22:23,800 --> 00:22:28,138
vas pola rúa, alguén te roza
e aos tres pasos caes morto dun infarto.

261
00:22:28,221 --> 00:22:29,848
- Mantén a distancia.
- Ben.

262
00:22:29,931 --> 00:22:31,600
Fai o varrido de seguridade.

263
00:22:32,601 --> 00:22:34,728
Liz.

264
00:22:35,354 --> 00:22:36,188
Liz.

265
00:22:36,688 --> 00:22:37,522
Ola.

266
00:22:39,399 --> 00:22:43,236
- Non me pases chamadas.
- De parte da dirección, danllas a todos.

267
00:22:45,697 --> 00:22:47,366
Querida irmá, baila comigo.

268
00:22:52,496 --> 00:22:55,415
Vou cara a enriba e máis alá.

269
00:22:55,499 --> 00:22:57,959
Teño o meu recuncho, os papeis amoreados

270
00:22:58,043 --> 00:23:03,090
e cando vou aos almacéns da zona alta,
collo máis caixas e póñoas na morea, vés?

271
00:23:03,173 --> 00:23:05,217
Velaquí unha abelliña ocupadiña.

272
00:23:05,300 --> 00:23:07,636
Traga horas para cebar a conta, ou?

273
00:23:08,136 --> 00:23:10,013
Aínda se me suicidará a Fitbit.

274
00:23:10,722 --> 00:23:12,516
Mentres o fagas ben…

275
00:23:13,475 --> 00:23:15,602
Temes que túa irmá te deixe tirada?

276
00:23:15,685 --> 00:23:18,897
Temo que a miña irmá pequena
esqueza por que está aquí.

277
00:23:18,980 --> 00:23:20,774
- Deixa, ou!
- Quérote.

278
00:23:22,109 --> 00:23:25,570
Vés? Só me quedan 137 despachos.

279
00:23:25,654 --> 00:23:27,364
Vémonos na casa.

280
00:23:28,073 --> 00:23:29,157
Ben.

281
00:23:48,135 --> 00:23:52,264
<i>Señor Salas,</i>
<i>Graham Davies pola liña principal.</i>

282
00:23:53,223 --> 00:23:54,349
<i>Di que é urxente.</i>

283
00:23:55,308 --> 00:23:56,184
Pásamo.

284
00:24:01,690 --> 00:24:02,524
Quen é?

285
00:24:03,024 --> 00:24:04,693
<i>4,3 millóns.</i>

286
00:24:06,027 --> 00:24:09,197
Que? Non, toleou. Non podo…

287
00:24:09,281 --> 00:24:12,659
<i>Cría que non ía doer,</i>
<i>non coñece a dor de verdade.</i>

288
00:24:13,201 --> 00:24:15,203
<i>Ten un número de conta no correo.</i>

289
00:24:15,287 --> 00:24:16,121
Escoite.

290
00:24:17,664 --> 00:24:18,790
<i>Ten tres días.</i>

291
00:24:19,791 --> 00:24:20,625
Ola?

292
00:24:26,673 --> 00:24:27,549
Si?

293
00:24:29,009 --> 00:24:29,843
Ola.

294
00:24:31,511 --> 00:24:33,180
Creo que achei algo.

295
00:24:33,263 --> 00:24:34,890
Estaba analizando o sistema

296
00:24:34,973 --> 00:24:39,311
e semella que, se se accede
seguindo unha orde específica,

297
00:24:39,394 --> 00:24:42,522
os sensores de temperatura
da cámara poden fallar.

298
00:24:43,940 --> 00:24:46,568
É coma unha porta traseira.

299
00:24:48,904 --> 00:24:53,033
- Dis que alguén a puxo a propósito?
- Seméllame máis un fallo técnico.

300
00:24:54,493 --> 00:24:55,535
Seméllache?

301
00:24:55,619 --> 00:24:58,121
Entón que é,
un erro ou unha maldita porta?

302
00:24:59,581 --> 00:25:04,085
Este sistema instalouse hai sete anos,
cando construímos a cámara acoirazada.

303
00:25:04,920 --> 00:25:09,508
A non ser que crea que alguén
botou a perder todo este tempo,

304
00:25:09,591 --> 00:25:13,094
agardando anos a sacar a relucir
unha elaborada trampa,

305
00:25:14,513 --> 00:25:16,723
tan só é un microprograma defectuoso.

306
00:25:22,270 --> 00:25:24,231
- Arranxádeo.
- Agora mesmo.

307
00:25:24,314 --> 00:25:25,148
Por certo.

308
00:25:26,358 --> 00:25:28,443
Podo pedirlle cita para o oculista?

309
00:25:29,319 --> 00:25:30,153
Claro.

310
00:25:31,238 --> 00:25:34,616
Teño un número de conta,
rastrexaremos ese cabrón.

311
00:25:35,116 --> 00:25:36,326
Pedireillo a Hannah.

312
00:25:36,409 --> 00:25:37,577
Non.

313
00:25:38,286 --> 00:25:39,663
Non quero ninguén máis.

314
00:25:40,747 --> 00:25:41,915
Este tipo…

315
00:25:43,124 --> 00:25:44,209
sabe quen son.

316
00:25:44,292 --> 00:25:45,794
Todo o mundo sabe quen é.

317
00:25:45,877 --> 00:25:46,711
Non.

318
00:25:50,048 --> 00:25:51,091
Sabe quen son.

319
00:25:53,051 --> 00:25:54,469
Conségueme o seu nome.

320
00:26:00,559 --> 00:26:02,686
Manteña os ollos abertos, por favor.

321
00:26:10,569 --> 00:26:11,611
E o doutor Lowe?

322
00:26:13,530 --> 00:26:15,490
O doutor Lowe tivo unha urxencia,

323
00:26:16,074 --> 00:26:18,577
creo que na volta no golf, en Forest Park.

324
00:26:19,327 --> 00:26:20,453
Maldito afortunado.

325
00:26:25,834 --> 00:26:26,918
Mire á fronte.

326
00:26:32,382 --> 00:26:33,216
Ben.

327
00:26:36,428 --> 00:26:37,429
Acenda as luces.

328
00:26:42,142 --> 00:26:42,976
Ben.

329
00:26:44,144 --> 00:26:47,731
Semella unha simple infección
por unha bacteria.

330
00:26:48,898 --> 00:26:51,151
Dúas pingas por ollo, cada dúas horas.

331
00:26:51,901 --> 00:26:54,404
Atoparase mellor pola mañá.
Senón, chámeme.

332
00:26:55,322 --> 00:26:56,156
Grazas.

333
00:27:02,621 --> 00:27:04,080
A porta traseira pechou.

334
00:27:05,749 --> 00:27:06,833
Que dis?

335
00:27:06,916 --> 00:27:11,880
Estaba comprobando unhas cousas na oficina
e o desvío desapareceu.

336
00:27:11,963 --> 00:27:16,551
Non pode ser. Planteino hai anos
e pagueille máis de 50 000 ao fabricante.

337
00:27:16,635 --> 00:27:18,637
Non sei que dicirche.

338
00:27:20,513 --> 00:27:21,598
Esfumouse.

339
00:27:28,647 --> 00:27:30,899
Atoparíaa Salas e pechouna.

340
00:27:32,651 --> 00:27:35,236
Se cadra algo o asustou.

341
00:27:35,945 --> 00:27:36,905
Mírasme a min?

342
00:27:37,822 --> 00:27:40,200
Entrei e saín da casa sen deixar rastro.

343
00:27:43,244 --> 00:27:45,121
É imposible que o logremos.

344
00:27:45,705 --> 00:27:47,290
Habemos pechar o cotarro.

345
00:28:03,223 --> 00:28:04,766
Tiña fotos da súa familia.

346
00:28:06,559 --> 00:28:07,852
Na súa casa.

347
00:28:09,521 --> 00:28:10,647
Da súa muller,

348
00:28:11,147 --> 00:28:11,981
do seu fillo.

349
00:28:12,899 --> 00:28:13,733
Son…

350
00:28:15,694 --> 00:28:16,778
felices.

351
00:28:18,655 --> 00:28:21,616
Non saben quen era antes ou o que fixo.

352
00:28:23,868 --> 00:28:25,995
Pregúntome se aínda o lembra alguén.

353
00:28:27,455 --> 00:28:30,542
Teno todo, Ava,

354
00:28:30,625 --> 00:28:34,713
e todo o que me quedaba a min
era unha maneira de axustar contas.

355
00:28:35,547 --> 00:28:36,548
E agora que?

356
00:28:40,468 --> 00:28:41,678
El gaña.

357
00:28:43,596 --> 00:28:46,725
Así que si é unha mala cousa, contra.

358
00:29:23,845 --> 00:29:26,639
Benvido a Recuperación de Datos Setec.
Ten cita?

359
00:29:27,307 --> 00:29:29,184
Dubido que me agardásedes.

360
00:29:33,813 --> 00:29:34,939
Oe, Greg.

361
00:29:35,023 --> 00:29:38,485
Podes botarlle unha ollada
ao envío de Tully?

362
00:29:40,487 --> 00:29:42,989
Es bo, diso non hai dúbida.

363
00:29:44,657 --> 00:29:45,909
Por iso te contratei.

364
00:29:46,493 --> 00:29:48,286
Son bo vendo o talento.

365
00:29:48,369 --> 00:29:50,413
Mais tentaches a sorte.

366
00:29:52,415 --> 00:29:54,292
4,3 millóns?

367
00:29:55,126 --> 00:29:57,378
É o meu patrimonio neto case exacto,

368
00:29:57,462 --> 00:30:00,298
se obviamos que estou
endebedado ata as cellas.

369
00:30:00,381 --> 00:30:03,635
Tiña que ser un exempregado,
alguén resentido

370
00:30:03,718 --> 00:30:07,555
que puidese conseguir información persoal
relacionada con Jersey.

371
00:30:07,639 --> 00:30:10,934
Conectando os puntos,
todo apuntaba a ti, Andrew.

372
00:30:13,853 --> 00:30:16,105
En serio crías

373
00:30:17,690 --> 00:30:20,401
que chantaxearme era unha boa opción?

374
00:30:20,485 --> 00:30:22,487
Crías que non me decataría?

375
00:30:22,570 --> 00:30:23,822
Que opción tiña?

376
00:30:24,906 --> 00:30:25,824
Ves onde estou?

377
00:30:27,158 --> 00:30:30,286
Non tiña outra,
déchesme un mal nome en toda a cidade.

378
00:30:30,370 --> 00:30:33,248
- É o que lles pasa aos ladróns.
- Christine.

379
00:30:33,331 --> 00:30:34,207
Lémbrala?

380
00:30:35,124 --> 00:30:35,959
Pois deixoume.

381
00:30:37,377 --> 00:30:38,461
Marchou co cativo.

382
00:30:39,254 --> 00:30:41,881
Debiches pensar niso antes de roubarme.

383
00:30:41,965 --> 00:30:44,133
Que non roubei nada!

384
00:30:44,217 --> 00:30:47,512
Alégrame termos a oportunidade de falar,
sós ti mais eu.

385
00:30:47,595 --> 00:30:51,266
Sen chamadas, correos
nin malditas mensaxes. De home a home.

386
00:30:51,349 --> 00:30:56,646
Vin dicirche que só che dou un aviso.

387
00:30:57,939 --> 00:30:59,190
Só unha oportunidade.

388
00:31:00,942 --> 00:31:02,026
Agardo que a uses.

389
00:31:05,530 --> 00:31:06,531
Deiche un número…

390
00:31:08,533 --> 00:31:11,369
un prazo e unha consecuencia.

391
00:31:13,955 --> 00:31:17,750
Que pensarán os Trixemelgos
cando saiban quen es en realidade?

392
00:31:21,296 --> 00:31:22,672
Ó, Andrew.

393
00:31:23,214 --> 00:31:25,300
Contratáronte porque es legal.

394
00:31:26,259 --> 00:31:28,136
Un porto na tormenta.

395
00:31:28,219 --> 00:31:34,434
Mais se reciben unha chamada,
unha mensaxe ou un correo…

396
00:31:35,852 --> 00:31:39,272
ou se alguén chama
a Comisión da Bolsa e Valores ou o FBI.

397
00:31:40,732 --> 00:31:41,608
Andrew.

398
00:31:42,984 --> 00:31:46,279
4,3 millóns, tres días.

399
00:31:49,407 --> 00:31:51,284
- Ola.
- Aténdoo nun segundiño.

400
00:31:51,367 --> 00:31:52,201
Ben.

401
00:31:52,994 --> 00:31:53,995
Oe.

402
00:31:58,082 --> 00:31:59,000
Se non sae ben…

403
00:32:01,252 --> 00:32:02,670
sempre precisamos xente.

404
00:32:35,119 --> 00:32:36,746
INFORMÁTICA SETEC
ABERTO

405
00:32:36,829 --> 00:32:37,664
Vémonos.

406
00:32:42,168 --> 00:32:44,879
PECHADO
SENTIMOS NON PODER ATENDELO!

407
00:34:11,549 --> 00:34:12,383
Ola.

408
00:34:13,092 --> 00:34:13,926
Boas.

409
00:34:16,012 --> 00:34:17,555
Viu a tormenta?

410
00:34:17,638 --> 00:34:19,015
Vina. É boa.

411
00:34:21,893 --> 00:34:23,895
Comezan en África, sabe?

412
00:34:26,981 --> 00:34:29,859
Unhas tormentas de po
da hostia, no Sáhara.

413
00:34:31,069 --> 00:34:33,905
Convértense en monstros.

414
00:34:35,156 --> 00:34:39,285
De cando en vez, unha delas medra máis,

415
00:34:39,952 --> 00:34:43,456
recollendo vento, calor
e choiva suficientes.

416
00:34:44,082 --> 00:34:47,001
Arrástrase miles de quilómetros,
océano a través.

417
00:34:48,795 --> 00:34:50,421
Cando a vemos no telexornal

418
00:34:52,340 --> 00:34:54,634
semella ineludible.

419
00:34:56,052 --> 00:34:59,055
Tanto dá canto corras
e o cedo que a viras vir,

420
00:34:59,138 --> 00:35:00,556
sempre te atrapará.

421
00:35:02,767 --> 00:35:04,435
Non se sabe cales van morrer

422
00:35:04,519 --> 00:35:09,482
e cales medrarán ata convertérense
en xigantescos monstros do demo.

423
00:35:10,650 --> 00:35:11,651
Asexantes.

424
00:35:12,360 --> 00:35:14,320
Non hai nada que facer, só…

425
00:35:15,822 --> 00:35:17,532
saír ao vento e á choiva.

426
00:35:18,825 --> 00:35:20,159
Enfrontar a tormenta

427
00:35:21,869 --> 00:35:25,498
e pregar para que, cando marche,
aínda sigamos en pé, sabe?

428
00:35:28,709 --> 00:35:29,836
Ou non?

429
00:35:34,966 --> 00:35:37,009
FURACÁN

430
00:35:37,093 --> 00:35:38,594
Aproveitaremos o furacán.

431
00:35:39,178 --> 00:35:40,680
Non sabemos do que falas.

432
00:35:40,763 --> 00:35:45,518
A porta traseira eludía os sensores de
temperatura. Sen ela, non había maneira.

433
00:35:47,186 --> 00:35:48,062
Ata agora.

434
00:35:48,146 --> 00:35:48,980
Móstrallelo.

435
00:35:49,605 --> 00:35:53,442
Isto é un penique e isto azida de cesio.
Mellor que vos apartedes.

436
00:35:55,069 --> 00:35:55,945
Aparta.

437
00:35:57,446 --> 00:35:58,531
Máis.

438
00:35:59,949 --> 00:36:02,869
Tíos, non levo gafas e guantes?
Apartade, concho.

439
00:36:02,952 --> 00:36:05,621
Tres pasos. Máis. Ben.

440
00:36:21,596 --> 00:36:23,764
- Arre demo.
- Abofé.

441
00:36:23,848 --> 00:36:25,683
Para que nos serve?

442
00:36:25,766 --> 00:36:28,019
Imaxinade peniques moito máis grandes.

443
00:36:28,102 --> 00:36:29,687
Entón é como unha pistola?

444
00:36:29,770 --> 00:36:32,690
Exacto, como disparar sete á vez.

445
00:36:35,568 --> 00:36:38,321
O cesio puro oxida da hostia,

446
00:36:38,404 --> 00:36:41,407
mais, ao ser demasiado inestable,
fixen un derivado.

447
00:36:42,200 --> 00:36:46,454
Non oxida tan fácil, máis con enerxía
de baixa ionización, a sublimación…

448
00:36:49,248 --> 00:36:50,917
Impórtavos un carallo, pois…

449
00:36:52,001 --> 00:36:53,753
precisamos unha chea de auga.

450
00:36:53,836 --> 00:36:55,963
- De onde sacas as movidas?
- Etsy.

451
00:36:56,047 --> 00:36:58,925
A cidade de Nova York fíxonos un agasallo.

452
00:36:59,008 --> 00:37:00,551
O túnel de auga número un.

453
00:37:01,052 --> 00:37:05,473
Construíuse en 1917
e ten tres metros de diámetro.

454
00:37:05,556 --> 00:37:07,516
Leva décadas baleiro.

455
00:37:07,600 --> 00:37:12,438
Pasa xusto por embaixo
da estación de metro de Wall Street.

456
00:37:12,521 --> 00:37:16,817
Nove centímetros de choiva tornarían
a estación nas cataratas do Niágara.

457
00:37:16,901 --> 00:37:19,362
E un furacán cunha marusía ciclónica…

458
00:37:19,862 --> 00:37:21,072
Anegaríaa.

459
00:37:21,155 --> 00:37:24,825
Ese mesmo túnel pasa xusto por riba
da cámara acoirazada.

460
00:37:26,160 --> 00:37:28,746
Agardaremos a que o metro se asolague

461
00:37:28,829 --> 00:37:33,376
e rebentaremos o solo con C4,

462
00:37:33,459 --> 00:37:38,089
canalizando a auga cara ao túnel,
xusto enriba da cámara acoirazada.

463
00:37:38,172 --> 00:37:41,050
Topará co cesio que,
medido e no lugar correcto,

464
00:37:41,133 --> 00:37:43,928
estourará e atravesará o teito da cámara,

465
00:37:44,011 --> 00:37:47,014
esnaquizando os cativeiros
sensores de temperatura.

466
00:37:47,098 --> 00:37:49,100
Reabriremos a porta traseira.

467
00:37:49,600 --> 00:37:50,643
Éche…

468
00:37:52,019 --> 00:37:53,145
intricado.

469
00:37:54,021 --> 00:37:55,273
E se vos equivocades?

470
00:37:56,565 --> 00:38:00,861
Pois ben non fará gran cousa,
ben estourará e mataranos a todos.

471
00:38:00,945 --> 00:38:03,739
Mais eu agardo fóra na camioneta, non si?

472
00:38:03,823 --> 00:38:04,907
Claro.

473
00:38:04,991 --> 00:38:06,409
Vémonos aquí ao rematar.

474
00:38:06,492 --> 00:38:10,121
Se as cousas se torcen,
vémonos no lago Tupper en tres días.

475
00:38:11,914 --> 00:38:15,209
Imos en tromba.
Non é calculado e non hai volta atrás.

476
00:38:16,210 --> 00:38:18,629
Ava daravos unha identidade nova entón

477
00:38:18,713 --> 00:38:22,800
e vos converteredes
nesa persoa para sempre.

478
00:38:22,883 --> 00:38:28,014
Imos roubarlles os cartos a unhas
das persoas máis poderosas do mundo.

479
00:38:29,682 --> 00:38:31,726
É a única maneira de gozar deles.

480
00:38:31,809 --> 00:38:34,770
- É de tolos, ou? Semella unha loucura.
- Talvez.

481
00:38:35,688 --> 00:38:37,106
Paga a pena polo viñedo?

482
00:38:43,237 --> 00:38:44,780
A miña man non está lista.

483
00:38:44,864 --> 00:38:47,533
Apréndeslle a Stan
a manexar o segundo dial?

484
00:38:57,001 --> 00:38:59,712
Isto vai custar e moito.

485
00:38:59,795 --> 00:39:00,880
Fagámolo agora

486
00:39:01,797 --> 00:39:02,631
ou…

487
00:39:04,258 --> 00:39:05,551
adeus para sempre.

488
00:39:07,386 --> 00:39:12,391
Podemos volver ao que sexa que tivésemos.

489
00:39:17,480 --> 00:39:21,984
<i>Incido en que ordenamos estas evacuacións</i>

490
00:39:22,068 --> 00:39:28,741
<i>pola seguridade dos que residen</i>
<i>nestas zonas da cidade de Nova York.</i>

491
00:41:00,374 --> 00:41:03,752
Brad, mamá di que queres tomarte libre
o próximo semestre.

492
00:41:04,378 --> 00:41:07,465
Non preciso ir a clase,
tampouco é que aprenda nada.

493
00:41:09,508 --> 00:41:11,469
Poñédevos cómodos.

494
00:41:13,637 --> 00:41:16,056
<i>O vento comeza a coller forza…</i>

495
00:41:16,140 --> 00:41:18,642
Toby, vai ser esta noite.

496
00:41:18,726 --> 00:41:19,977
No medio dun furacán?

497
00:41:20,060 --> 00:41:23,731
Díxomo a nosa toupa favorita.
Será no 505 de Wall Street, veña.

498
00:41:24,398 --> 00:41:27,067
É un edificio enorme. Algo máis concreto?

499
00:41:27,151 --> 00:41:28,694
Só teño iso.

500
00:41:28,777 --> 00:41:32,740
Fagamos unha lista cos posibles
obxectivos e poñámoslles vixilancia.

501
00:41:34,241 --> 00:41:37,203
Esta é a única oportunidade
de cachar os bastardos.

502
00:41:38,579 --> 00:41:39,580
Vamos!

503
00:41:43,751 --> 00:41:45,836
ASUNTOS OFICIAIS
VEHÍCULO AUTORIZADO

504
00:41:52,843 --> 00:41:54,512
<i>Están listos para actuar.</i>

505
00:41:54,595 --> 00:42:00,184
<i>Se a tormenta acada a súa forza máxima,</i>
<i>podería tomar días reparar tódolos danos.</i>

506
00:42:09,151 --> 00:42:13,322
- Señor Thiele, en que lle podo axudar?
<i>- Cavilou no que falamos?</i>

507
00:42:13,906 --> 00:42:18,827
Cavilei, si, e creo que hai algo…

508
00:42:18,911 --> 00:42:21,747
<i>Francamente,</i>
<i>pensaba que alguén co seu historial</i>

509
00:42:22,248 --> 00:42:24,166
<i>tería menos reparos con isto.</i>

510
00:42:26,794 --> 00:42:29,004
Co meu historial?

511
00:42:29,088 --> 00:42:32,758
<i>Antes de que Roger Salas for Roger Salas.</i>

512
00:42:33,259 --> 00:42:37,096
<i>Pensaba que fariamos negocios con alguén</i>
<i>sen saber todo del?</i>

513
00:42:37,179 --> 00:42:38,722
Non sei que lle contarían,

514
00:42:40,766 --> 00:42:41,684
mais esa vida…

515
00:42:43,227 --> 00:42:45,145
deixeina atrás hai tempo.

516
00:42:45,229 --> 00:42:47,439
<i>Comprendo que garde os seus segredos,</i>

517
00:42:48,399 --> 00:42:51,694
<i>sobre todo se os coñezo,</i>
<i>así sei que pode gardar os meus.</i>

518
00:42:52,987 --> 00:42:57,157
<i>Falemos tras a tormenta,</i>
<i>pode que entón me dea mellores novas.</i>

519
00:43:35,571 --> 00:43:36,405
Oe.

520
00:43:37,781 --> 00:43:40,159
Haberías ter unha, por se as moscas.

521
00:43:41,201 --> 00:43:43,495
Claro, xenial. E grazas.

522
00:43:44,622 --> 00:43:46,040
Ollo, non é un xoguete.

523
00:43:46,582 --> 00:43:48,208
Xa, claro.

524
00:43:50,127 --> 00:43:51,211
Que…?

525
00:43:53,631 --> 00:43:55,090
Cóidate, queres?

526
00:43:56,634 --> 00:43:58,218
Claro, ti tamén.

527
00:44:22,034 --> 00:44:23,202
Que fas, Leo?

528
00:44:24,328 --> 00:44:25,954
Que hai de novo, vello?

529
00:44:31,919 --> 00:44:32,836
Arreando.

530
00:46:09,933 --> 00:46:14,938
Subtítulos: Bruno Martínez Pita

