1
00:00:15,557 --> 00:00:19,352
ENTRANDO NO EPISODIO AMARELO:
SEIS SEMANAS ANTES DO ATRACO

2
00:00:30,989 --> 00:00:34,868
<i>Canto máis levas neste xogo,</i>
<i>máis sabes o que de verdade importa.</i>

3
00:00:38,246 --> 00:00:40,582
<i>Os lobos solitarios non chegan lonxe.</i>

4
00:00:42,959 --> 00:00:44,252
<i>Precisas dunha banda.</i>

5
00:00:52,552 --> 00:00:54,888
<i>Has de descubrir en quen podes confiar.</i>

6
00:00:59,809 --> 00:01:02,145
<i>Porque toda historia ten dúas versións.</i>

7
00:01:11,988 --> 00:01:14,657
<i>E ningunha é completamente a verdade.</i>

8
00:01:19,871 --> 00:01:22,165
- Non te preocupes…
- Síntoo moito.

9
00:01:22,248 --> 00:01:24,459
- Dickens.
- Así é.

10
00:01:24,542 --> 00:01:26,586
<i>Custa saber quen merece confianza.</i>

11
00:01:26,669 --> 00:01:29,214
- Son Kate.
- Eu Laura.

12
00:01:33,718 --> 00:01:35,095
CAFÉ PASTELARÍA

13
00:01:38,306 --> 00:01:39,140
<i>Se tes sorte,</i>

14
00:01:39,224 --> 00:01:43,186
<i>atoparás alguén que ve o mundo coma ti…</i>

15
00:01:54,280 --> 00:01:56,783
<i>A PEQUENA DORRIT</i>
CHARLES DICKENS

16
00:02:02,288 --> 00:02:05,792
<i>…que quere as mesmas cousas</i>
<i>e do mesmo xeito.</i>

17
00:02:15,260 --> 00:02:16,344
<i>Seredes un equipo.</i>

18
00:02:19,472 --> 00:02:21,474
<i>As dúas, soas contra o mundo.</i>

19
00:02:38,825 --> 00:02:39,826
<i>Ou iso crerás.</i>

20
00:02:43,329 --> 00:02:44,164
Que vaia ben.

21
00:02:57,385 --> 00:02:59,929
<i>Porque a confianza pode gañarse,</i>

22
00:03:01,681 --> 00:03:02,891
<i>pode outorgarse</i>…

23
00:03:12,942 --> 00:03:14,944
<i>e pode roubarse.</i>

24
00:03:35,131 --> 00:03:36,382
<i>Mais cando se esfuma…</i>

25
00:03:37,508 --> 00:03:41,512
<i>O número marcado</i>
<i>está apagado ou xa non existe.</i>

26
00:03:47,227 --> 00:03:50,146
<i>…desaparece para sempre.</i>

27
00:04:03,409 --> 00:04:08,581
Collín todo o que puiden cargar.
Se fose máis forte, serían máis pobres.

28
00:04:09,207 --> 00:04:11,584
Haberá uns dous millóns de dólares seus.

29
00:04:12,710 --> 00:04:16,422
Extraídos hai nove días
da cámara acoirazada de Dunne & Company.

30
00:04:17,507 --> 00:04:18,883
Notaron que faltaban?

31
00:04:20,551 --> 00:04:23,221
Non que eu saiba.

32
00:04:23,304 --> 00:04:27,183
Pediume que avaliase
a seguridade dos meus competidores.

33
00:04:28,476 --> 00:04:29,602
Acheina deficiente.

34
00:04:30,853 --> 00:04:32,605
E a súa recomendación é…

35
00:04:32,689 --> 00:04:36,442
Vostede e os seus socios teñen unhas
necesidades específicas,

36
00:04:36,526 --> 00:04:40,905
unha carteira diversa
que precisa certa opacidade

37
00:04:41,572 --> 00:04:45,785
e bens mobles a mercé
dun roubo ou das inclemencias.

38
00:04:45,868 --> 00:04:50,707
Polo tanto, suxiro que a súa única
opción real de seguridade e privacidade

39
00:04:50,790 --> 00:04:54,085
é a cámara que construín
e perfeccionei aquí, en SLS.

40
00:04:56,004 --> 00:04:58,715
O tema é que Aldritch Dunne é amigo meu.

41
00:04:59,924 --> 00:05:01,926
Levo 30 anos co seu banco.

42
00:05:03,177 --> 00:05:04,554
A lealdade é vacua.

43
00:05:04,637 --> 00:05:05,680
A fe morreu.

44
00:05:07,098 --> 00:05:12,687
Ao final do día, só quedará vostede
contra os que queren o que ten

45
00:05:14,063 --> 00:05:15,815
e o único que importará será

46
00:05:16,691 --> 00:05:20,903
se os pode manipular mellor
ca eles a vostede.

47
00:05:57,523 --> 00:05:59,359
<i>Como conseguir o imposible?</i>

48
00:06:01,235 --> 00:06:03,029
<i>Uníndote a xente de confianza.</i>

49
00:06:13,581 --> 00:06:16,751
<i>Ou na que confías en que o fará ben.</i>

50
00:06:17,460 --> 00:06:18,586
MATERIAL: STAN

51
00:06:32,100 --> 00:06:36,354
Stan, a cociña volve estar
con merda do teu loro.

52
00:06:36,437 --> 00:06:38,606
Non é meu e non é un loro, Barbara.

53
00:06:38,689 --> 00:06:41,359
É un dos últimos 50
tucanos de pico acanalado.

54
00:06:41,442 --> 00:06:44,737
E por que está na cociña?
Ás seis teño a festa de mallas.

55
00:06:44,821 --> 00:06:48,658
Voullo cambiar a un tipo
por unha caixa de Cheval Blanc do 47,

56
00:06:48,741 --> 00:06:51,953
que logo lle cambiarei
a ese dentista por un Lotus.

57
00:06:52,036 --> 00:06:55,790
Stan, teño cita co oculista ás tres.

58
00:06:55,873 --> 00:06:57,417
- Lévote.
- Que é un Lotus?

59
00:06:57,500 --> 00:06:59,168
- Chegamos tarde.
- Un coche.

60
00:06:59,252 --> 00:07:02,380
- Mamá, non baixes, quedan horas.
- Un coche para que?

61
00:07:02,463 --> 00:07:06,592
- Non lle gustará que chegue tarde.
- É para un amigo. Chegarás á hora!

62
00:07:07,718 --> 00:07:10,763
Xenial. Eu non son de berrar.

63
00:07:12,557 --> 00:07:14,767
O loro irá á picadora de carne, Stan.

64
00:07:16,185 --> 00:07:17,061
Á picadora.

65
00:07:18,479 --> 00:07:20,898
Primeiro, vixía ese ton cando me falas.

66
00:07:20,982 --> 00:07:23,234
Segundo, vas limpar a merda do paxaro.

67
00:07:23,317 --> 00:07:25,653
E terceiro, vas durmir no sofá, Stan!

68
00:07:25,736 --> 00:07:27,655
Vas durmir no sofá!

69
00:07:27,738 --> 00:07:28,781
Quérote!

70
00:07:34,287 --> 00:07:37,540
Don Rossiño, don Rossón
sempre xentil e nunca rosmón.

71
00:07:37,623 --> 00:07:39,292
Téñolle esa cousiña.

72
00:07:40,626 --> 00:07:45,756
Os de aduanas crerían que é parmesano.

73
00:07:46,340 --> 00:07:49,719
Eu non son de larvas,
mais cada un ten os seus gustos.

74
00:07:49,802 --> 00:07:51,971
Se precisa algo máis, conte comigo.

75
00:07:52,054 --> 00:07:53,514
- Grazas.
- Grazas, Stan.

76
00:07:59,562 --> 00:08:03,399
- Ten un quilo de cogomelos máxicos?
- Canto teño para cultivalos?

77
00:08:03,483 --> 00:08:04,442
De dous a cinco.

78
00:08:05,860 --> 00:08:07,153
Acurtáronche a pena?

79
00:08:10,323 --> 00:08:11,449
Ven aquí, maldito!

80
00:08:14,285 --> 00:08:16,412
Que tal, xefe? Mimá, compañeiro.

81
00:08:17,038 --> 00:08:18,831
- Como che vai?
- Aquí sigo.

82
00:08:18,915 --> 00:08:20,124
- Estás ben?
- Estou.

83
00:08:25,296 --> 00:08:26,297
Cal é o botín?

84
00:08:26,380 --> 00:08:30,051
Por que habería de vir por iso?
Se cadra vin por un entrecosto.

85
00:08:30,134 --> 00:08:31,135
Retireime, Leo.

86
00:08:33,179 --> 00:08:36,766
Miña nai está fatal da cabeza
e Barbara non me deixa en paz.

87
00:08:36,849 --> 00:08:41,771
En serio que me encantaría
evadirme deste circo e enrolarme contigo,

88
00:08:41,854 --> 00:08:43,648
mais, prepares o que prepares,

89
00:08:44,524 --> 00:08:46,234
hei de rexeitar a oferta.

90
00:08:48,945 --> 00:08:51,697
Son 7000 millóns,
dólar arriba dólar abaixo.

91
00:08:57,912 --> 00:09:01,249
PECHADO, DESCULPEN AS MOLESTIAS

92
00:09:05,253 --> 00:09:06,671
A cámara está soterrada?

93
00:09:06,754 --> 00:09:10,967
Abofé, encastada ben fondo
en formigón reforzado con aceiro.

94
00:09:11,717 --> 00:09:12,552
Interesante.

95
00:09:13,761 --> 00:09:14,887
Perforarás a porta?

96
00:09:14,971 --> 00:09:18,558
Hai tres portas
chapadas en cobalto de aperitivo.

97
00:09:18,641 --> 00:09:20,351
- Trae o principal.
- Non si?

98
00:09:20,434 --> 00:09:24,105
Para achegarse á porta,
cómpre pasar por un corredor inferior,

99
00:09:25,106 --> 00:09:29,777
e superar uns sensores biométricos,
conectados a unha fonte ininterrompida,

100
00:09:30,570 --> 00:09:34,699
ligada a uns equipos de seguridade
armados e con adestramento militar,

101
00:09:35,199 --> 00:09:38,536
listos e dispostos a matar.

102
00:09:38,619 --> 00:09:40,746
Sigo agardando o prato forte.

103
00:09:41,956 --> 00:09:43,165
Os Trixemelgos.

104
00:09:43,249 --> 00:09:46,210
Os irmáns pirómanos do bloque D?

105
00:09:46,836 --> 00:09:49,922
- Concho, esquecera deles.
- Estaban tolos de remate.

106
00:09:50,923 --> 00:09:54,427
Non son eses. Os Trixemelgos
son uns criminais doutra pasta.

107
00:09:55,303 --> 00:09:56,596
<i>Cho-Young Woo,</i>

108
00:09:57,555 --> 00:10:01,517
<i>accionista maioritario do Jongo,</i>
<i>o maior banco privado de Corea.</i>

109
00:10:02,268 --> 00:10:06,731
<i>Dise que é sobriño ou curmán</i>
<i>de Kim Jong-Un.</i>

110
00:10:06,814 --> 00:10:08,190
<i>Ninguén ousa preguntar.</i>

111
00:10:09,317 --> 00:10:10,401
<i>Suzanne Grosvenor,</i>

112
00:10:11,319 --> 00:10:13,446
<i>directora bancaria do Duncan-Welsh.</i>

113
00:10:13,988 --> 00:10:16,324
<i>Seica a Raíña a ten en favoritos.</i>

114
00:10:17,617 --> 00:10:20,536
<i>E Stefan Thiele,</i>

115
00:10:21,370 --> 00:10:23,873
<i>director executivo suízo</i>
<i>do Banque Brünner,</i>

116
00:10:23,956 --> 00:10:26,751
<i>fundado polo seu tataravó en 1898.</i>

117
00:10:26,834 --> 00:10:31,005
<i>Pode que o seu ouro</i>
<i>aínda teña unha ou dúas esvásticas.</i>

118
00:10:32,340 --> 00:10:36,510
<i>Entre os tres</i>
<i>controlan medio billón de dólares.</i>

119
00:10:37,803 --> 00:10:39,639
<i>A maior parte téñena en Europa,</i>

120
00:10:40,598 --> 00:10:41,849
mais, hai uns anos

121
00:10:42,683 --> 00:10:46,520
tomaron o control dunha fortuna
en bonos ao portador sen garantía.

122
00:10:47,188 --> 00:10:50,733
- Como na <i>Xungla de Cristal</i>?
- Exacto, como na película.

123
00:10:51,442 --> 00:10:54,320
Estes bonos impiden rastrexar quen os ten,

124
00:10:54,403 --> 00:10:57,073
por iso a xente os usaba
para movidas ilegais.

125
00:10:57,823 --> 00:11:02,078
En 1982, o Goberno dos Estados Unidos
plantouse e dixo:

126
00:11:02,662 --> 00:11:04,747
"Todo bono ha de estar rexistrado."

127
00:11:04,830 --> 00:11:09,001
Mais os bonos anteriores ao 82,
que andan espallados polo mundo,

128
00:11:09,835 --> 00:11:11,754
aínda se poden cobrar.

129
00:11:11,837 --> 00:11:13,839
Xusto os que teñen os Trixemelgos.

130
00:11:14,965 --> 00:11:17,802
Por valor duns 7000 millóns de dólares.

131
00:11:18,678 --> 00:11:22,765
- E están todos nesa cámara acoirazada?
- Aínda non, virán de Europa.

132
00:11:22,848 --> 00:11:26,977
Os Trixemelgos chegaron a un acordo
co tipo da cámara para metelos aí.

133
00:11:27,061 --> 00:11:32,566
El asegura que resiste as inclemencias
do tempo, as sacudidas e os ladróns.

134
00:11:34,819 --> 00:11:35,653
Xa, claro.

135
00:11:36,362 --> 00:11:38,531
Nun par de semanas atracarémola

136
00:11:38,614 --> 00:11:40,074
e desplumarémolo.

137
00:11:41,992 --> 00:11:43,119
Quen é o obxectivo?

138
00:11:43,661 --> 00:11:45,162
<i>Roger Salas.</i>

139
00:11:49,333 --> 00:11:50,167
Moi ben.

140
00:11:52,336 --> 00:11:53,963
Relaxade, compañeiros.

141
00:11:54,588 --> 00:11:56,924
É un gran éxito para o equipo.

142
00:11:57,591 --> 00:12:01,846
Un aplauso para Hannah,
que fixo algo moi especial para nós.

143
00:12:02,513 --> 00:12:06,684
Se logramos contentar os Trixemelgos,
o rabaño virá detrás.

144
00:12:06,767 --> 00:12:08,853
Senón, a traballar nunha panadaría.

145
00:12:08,936 --> 00:12:12,356
Carlos comprobará a fondo
o historial do persoal clave.

146
00:12:12,440 --> 00:12:16,235
O equipo de Andrew inspeccionará
os protocolos de seguridade.

147
00:12:16,318 --> 00:12:18,112
Se algo non cadra, dicídemo.

148
00:12:18,195 --> 00:12:21,991
Chegou a proba do algodón,
sairemos vitoriosos ou fracasaremos.

149
00:12:22,074 --> 00:12:23,159
Escoitade.

150
00:12:24,285 --> 00:12:27,246
Hannah, revisa brechas no programa.
Rajiv, o código fonte.

151
00:12:27,329 --> 00:12:28,581
Coser e cantar, xefe.

152
00:12:29,582 --> 00:12:30,499
<i>Que opinas?</i>

153
00:12:30,583 --> 00:12:31,917
<i>Segue a ser imposible.</i>

154
00:12:32,668 --> 00:12:35,463
<i>Podería ser posible</i>
<i>tendo alguén dentro. Talvez.</i>

155
00:12:36,130 --> 00:12:37,339
Poñamos que o temos.

156
00:12:39,550 --> 00:12:43,888
- Podes conseguir o material?
- Canto requirirá un traballo así?

157
00:12:45,639 --> 00:12:47,558
Medio millón de capital inicial?

158
00:12:48,225 --> 00:12:52,605
- Podes conseguilo?
- Coñezo alguén de seguridade nas OTB.

159
00:12:52,688 --> 00:12:54,356
Incluámolo e poránolo fácil.

160
00:12:54,440 --> 00:12:56,817
- Un traballo para facer outro.
- Exacto.

161
00:13:01,030 --> 00:13:02,573
Non é por nada, tío, mais…

162
00:13:04,825 --> 00:13:09,705
sempre che deron igual
o coches, os iates e demais.

163
00:13:11,332 --> 00:13:12,333
Por que arriscar?

164
00:13:13,292 --> 00:13:17,922
- Núbranche a cabeza mil millóns?
- Grande o botín, grande o risco.

165
00:13:18,714 --> 00:13:22,510
Temos a ocasión de rectificar todo
o que foi mal na nosa vida.

166
00:13:22,593 --> 00:13:26,430
Diría que abondamos ti, eu, un condutor,

167
00:13:27,139 --> 00:13:31,310
un falsificador, alguén de seguridade
e talvez un químico.

168
00:13:40,569 --> 00:13:43,781
DEPARTAMENTO DE POLICÍA DE FILADELFIA

169
00:13:50,412 --> 00:13:53,374
Intente sinalar
o que viu saír correndo do almacén.

170
00:13:54,124 --> 00:13:57,002
É un pouco complicado,
todos teñen a mesma pinta…

171
00:13:57,837 --> 00:13:59,338
de piollentos, sabe?

172
00:14:00,714 --> 00:14:02,633
Mais escoiteino falar.

173
00:14:02,716 --> 00:14:04,301
Creo que dixo,

174
00:14:04,385 --> 00:14:06,011
e perdoe a linguaxe,

175
00:14:06,720 --> 00:14:08,472
"son puto parvo".

176
00:14:09,265 --> 00:14:12,059
Se lles pedise
que o dixesen, talvez eu podería…

177
00:14:15,020 --> 00:14:18,148
Quero que todos digan "son puto parvo".

178
00:14:18,232 --> 00:14:20,359
- Número un?
- Grazas.

179
00:14:21,110 --> 00:14:22,444
Son puto parvo.

180
00:14:26,699 --> 00:14:27,575
Número dous.

181
00:14:28,617 --> 00:14:30,703
Son parvo, puto parvo.

182
00:14:32,288 --> 00:14:33,831
Non, se cadra o seguinte?

183
00:14:35,833 --> 00:14:37,042
Número tres?

184
00:14:38,252 --> 00:14:42,047
- Son puto parvo.
- Foi un pouco rápido, non si? Podo?

185
00:14:43,007 --> 00:14:46,802
Número tres, gustaríame ver
como nos vende o parvo que é.

186
00:14:46,886 --> 00:14:48,596
Quero ver que comprende

187
00:14:48,679 --> 00:14:53,017
a parvada supina que foi roubar
un almacén de FedEx a plena luz do día,

188
00:14:53,100 --> 00:14:56,061
que debería escoitar
cando alguén intenta paralo

189
00:14:56,145 --> 00:14:58,272
e que admite a súa ineptitude

190
00:14:58,355 --> 00:15:01,525
dunha maneira
profunda, sincera e espiritual.

191
00:15:09,033 --> 00:15:13,329
Son puto parvo.

192
00:15:17,124 --> 00:15:19,293
Non, e o número catro?

193
00:15:21,921 --> 00:15:22,755
Número catro?

194
00:15:24,506 --> 00:15:27,051
Son puto parvo.

195
00:15:33,349 --> 00:15:36,185
Intenta ser algo menos imbécil
a próxima vez, ou?

196
00:15:36,727 --> 00:15:39,396
A próxima vez dilles
que non che soa ningún.

197
00:15:39,480 --> 00:15:40,397
Usa a cabeza.

198
00:15:40,481 --> 00:15:44,276
Á próxima estarei na casa
rexeitando as túas chamadas do cárcere.

199
00:15:44,360 --> 00:15:47,905
- Rexeitando as miñas chamadas…
- Isto non é…

200
00:15:47,988 --> 00:15:49,823
Hostia, non te aturo, Bob.

201
00:15:52,034 --> 00:15:52,868
Ven aquí.

202
00:15:58,874 --> 00:16:00,834
Agarda que fale con estes tipos.

203
00:16:01,502 --> 00:16:02,670
- Vas…
- Un segundo.

204
00:16:04,463 --> 00:16:05,631
- Cabrón.
- Quérote!

205
00:16:05,714 --> 00:16:06,548
Claro.

206
00:16:11,595 --> 00:16:12,680
Ola, Judy.

207
00:16:13,597 --> 00:16:14,556
Stan.

208
00:16:16,684 --> 00:16:17,643
Estás estupenda.

209
00:16:19,019 --> 00:16:19,853
Ti…

210
00:16:20,896 --> 00:16:21,730
Un pendente?

211
00:16:23,023 --> 00:16:23,857
Pégache.

212
00:16:26,819 --> 00:16:27,903
Xa choveu, eh?

213
00:16:27,987 --> 00:16:28,821
Abofé.

214
00:16:31,323 --> 00:16:33,492
Non quería deixar as cousas así…

215
00:16:33,575 --> 00:16:35,244
- Tranquila.
- É que el…

216
00:16:35,327 --> 00:16:36,161
En serio.

217
00:16:36,954 --> 00:16:38,622
A ver, durante un tempo foi…

218
00:16:40,416 --> 00:16:42,793
Mais agora alégrome moito de verte.

219
00:16:42,876 --> 00:16:43,877
Vaites!

220
00:16:45,754 --> 00:16:47,131
Mira quen é.

221
00:16:48,298 --> 00:16:49,925
Que sorpresa tan agradable.

222
00:16:50,634 --> 00:16:52,052
O noso vello amigo Stan.

223
00:16:52,136 --> 00:16:53,721
- Boas, Bob.
- Ola!

224
00:16:53,804 --> 00:16:55,597
Sabías que Stan ía estar aquí?

225
00:16:55,681 --> 00:16:56,890
- Non sabía…
- Non.

226
00:16:56,974 --> 00:16:57,808
Non o sabía.

227
00:16:57,891 --> 00:17:00,519
Pois vaia sorpresa terte aquí, colega,

228
00:17:01,687 --> 00:17:03,856
sobre todo logo daquela conversa.

229
00:17:04,565 --> 00:17:07,234
Xa sabes,
a de que debías quedar en Nova York.

230
00:17:07,776 --> 00:17:10,696
E, aínda así, aquí estás. Vaia detalle.

231
00:17:10,779 --> 00:17:11,613
En Filadelfia,

232
00:17:12,322 --> 00:17:13,157
a nosa cidade.

233
00:17:14,575 --> 00:17:16,952
- A miña.
- Ben, dabondo. Que fas aquí?

234
00:17:17,036 --> 00:17:18,954
Teño un colega que quere verte.

235
00:17:19,580 --> 00:17:20,497
Coñézoo?

236
00:17:21,957 --> 00:17:23,625
Non, mais quererás.

237
00:17:30,424 --> 00:17:32,342
Claro que si, ven connosco, Bob.

238
00:17:34,678 --> 00:17:36,096
Panoco fillo de puta.

239
00:17:42,269 --> 00:17:44,897
Creo que precisaremos
abrasar as pechaduras

240
00:17:45,773 --> 00:17:47,316
e talvez gasear os gardas.

241
00:17:47,399 --> 00:17:49,651
Eu xogueteo con derivados do fentanil.

242
00:17:51,987 --> 00:17:54,907
- Como se dividirá?
- A partes iguais entre todos.

243
00:17:54,990 --> 00:17:55,908
E Bob?

244
00:17:57,201 --> 00:17:58,035
Bob de que?

245
00:17:59,244 --> 00:18:00,245
Que vos traio?

246
00:18:00,329 --> 00:18:04,124
Ola, Jenna, teño unha pregunta
sobre as costeletas de porco.

247
00:18:04,208 --> 00:18:07,461
- Son de pasto ou granxa…
- Unha hamburguesa, coma min.

248
00:18:08,587 --> 00:18:10,380
- Eu nada.
- Non vas comer?

249
00:18:10,464 --> 00:18:12,341
- Non xanto.
- Que queres dicir?

250
00:18:12,424 --> 00:18:13,842
Fago unha comida ao día.

251
00:18:14,635 --> 00:18:17,096
Mantenme agudo, sabes? Concentrado.

252
00:18:17,971 --> 00:18:19,723
Tamén dispara a testosterona.

253
00:18:20,390 --> 00:18:22,893
Pois a comida de hoxe é o xantar, carallo.

254
00:18:23,477 --> 00:18:25,062
Hamburguesas para todos.

255
00:18:28,690 --> 00:18:31,276
Eu e a muller somos inseparables,
de acordo?

256
00:18:31,360 --> 00:18:34,488
Tedes sorte, as caixas fortes
son o meu. Díllelo, ceo.

257
00:18:35,989 --> 00:18:37,074
É moi bo.

258
00:18:37,157 --> 00:18:40,077
Grazas, pero estamos cubertos.
Encárgase Leo.

259
00:18:40,160 --> 00:18:41,411
Quen, o xelatina?

260
00:18:41,995 --> 00:18:45,082
Sen ánimo de ofender,
contrataríaste para o traballo?

261
00:18:45,165 --> 00:18:46,500
Non tes nin puta…

262
00:18:46,583 --> 00:18:51,255
Unha parte para ela e outra para min,
sen caralladas de propiedade colectiva.

263
00:18:52,047 --> 00:18:54,091
Fai o teu traballo e terás o teu.

264
00:18:55,551 --> 00:18:57,970
E o capital inicial? Preciso equipamento.

265
00:18:58,053 --> 00:19:00,848
Sacaría bastante
clonando tarxetas de crédito.

266
00:19:00,931 --> 00:19:03,183
Para iso xa teño un traballo nas OTB.

267
00:19:04,935 --> 00:19:07,437
- Como sei que podes facelo?
- Non o sabes.

268
00:19:07,938 --> 00:19:11,441
Queda coas chapuzas de aquí
e salvándolle o cu a este parvo…

269
00:19:11,525 --> 00:19:12,651
Suposto parvo.

270
00:19:12,734 --> 00:19:16,405
…ou tírate á piscina
e sae de apuros para sempre.

271
00:19:22,161 --> 00:19:27,457
Así que a cámara ten sensores biométricos
e sistemas de alimentación ininterrompida…

272
00:19:27,541 --> 00:19:30,711
E unha chea de cousas máis
que ignoramos, un pesadelo.

273
00:19:30,794 --> 00:19:32,671
Ben vendido, Leo.

274
00:19:34,506 --> 00:19:35,632
Mais preguntádevos:

275
00:19:36,592 --> 00:19:38,552
Como sei as cousas que xa sei?

276
00:19:41,597 --> 00:19:42,931
Tes alguén dentro.

277
00:19:48,478 --> 00:19:50,355
Alguén atravesou o cortalumes.

278
00:19:50,898 --> 00:19:53,984
Accederon cunha lista branca
dun paquete informático.

279
00:19:54,067 --> 00:19:55,444
Moi ben pensado.

280
00:19:56,570 --> 00:20:00,824
Sería un sombreiro gris pola graza
ou os Trixemelgos poñéndonos a proba.

281
00:20:00,908 --> 00:20:03,911
Pechei os portos
e configurei alertas por se volven.

282
00:20:03,994 --> 00:20:06,288
Avisareino se hai novidades.

283
00:20:06,371 --> 00:20:09,249
Ben, dáme igual que sexa tarde.
E bo traballo.

284
00:20:09,333 --> 00:20:10,292
Grazas.

285
00:20:10,375 --> 00:20:11,793
Por certo…

286
00:20:13,003 --> 00:20:18,675
- O posto de vicepresidente subalterno…
- Decidiremos ao seu tempo, ti segue así.

287
00:20:19,259 --> 00:20:20,093
Claro.

288
00:20:25,474 --> 00:20:27,100
Temos vixiado a Andrew?

289
00:20:27,184 --> 00:20:29,436
Non, mais podemos telo.

290
00:20:36,526 --> 00:20:39,029
Non é o estrés,
porque non estou estresada.

291
00:20:39,112 --> 00:20:39,947
Xa, claro.

292
00:20:40,030 --> 00:20:43,742
Xúntase moito e están pescudando
os candidatos a vicepresidente.

293
00:20:43,825 --> 00:20:45,786
Así que, se chaman, podes…?

294
00:20:45,869 --> 00:20:48,121
Direilles que mataches a alguén.

295
00:20:50,290 --> 00:20:52,292
Non, prégocho, sé normal. Grazas.

296
00:20:52,376 --> 00:20:55,295
De acordo, pero es unha ladroa.

297
00:20:56,421 --> 00:20:57,881
A camiseta de Hot Topic?

298
00:20:57,965 --> 00:21:00,550
E mamá non para de recordarmo,

299
00:21:00,634 --> 00:21:03,011
o cal é totalmente delicioso.

300
00:21:05,597 --> 00:21:07,641
Para, queres?

301
00:21:07,724 --> 00:21:11,228
- Ti tamén me estresas.
- Non estou estresada.

302
00:21:11,311 --> 00:21:15,148
- Traballas 18 horas por diversión?
- O traballo é así, próbao ti.

303
00:21:15,232 --> 00:21:18,568
- Traballo en The Collective.
- Nun sitio no que paguen.

304
00:21:19,569 --> 00:21:20,988
O de DJ en Berlín, que?

305
00:21:21,071 --> 00:21:25,784
É unha experiencia musical inmersiva,
non che vou explicar de novo a diferenza.

306
00:21:25,867 --> 00:21:28,412
Como queiras, pero precísanse cartos

307
00:21:28,495 --> 00:21:31,248
e eu podo conseguirche
un traballo no despacho.

308
00:21:31,331 --> 00:21:33,333
Gañarías ben e poderías aforrar.

309
00:21:41,550 --> 00:21:42,384
Que foi?

310
00:21:47,514 --> 00:21:50,684
O estrés? Agora si estou estresada.

311
00:22:02,154 --> 00:22:03,488
Haiche tres agora.

312
00:22:03,572 --> 00:22:06,450
Xa sei, sonche unha chea.

313
00:22:07,576 --> 00:22:09,995
A metade do tempo fochican ou pelexan.

314
00:22:10,078 --> 00:22:13,206
- E lles deixas?
- Para que pelexar contra a natureza?

315
00:22:16,293 --> 00:22:19,171
Entón Salas conseguiu o acordo?

316
00:22:19,880 --> 00:22:23,300
Dentro dun mes, os Trixemelgos
moverán os seus bonos a SLS.

317
00:22:24,926 --> 00:22:28,013
Precisamos dos mellores
en todo para conseguilo.

318
00:22:28,597 --> 00:22:30,265
Ti consegue os documentos.

319
00:22:31,141 --> 00:22:33,852
Ben, conseguireinos

320
00:22:34,353 --> 00:22:37,314
e crearei unha empresa pantalla
para mover o botín.

321
00:22:39,232 --> 00:22:41,151
E podo encargarme da seguridade.

322
00:22:44,613 --> 00:22:46,031
Non sei se é o teu.

323
00:22:47,366 --> 00:22:48,992
Queres ver algo chulo?

324
00:22:51,745 --> 00:22:54,331
Abofé que queres ver algo chulo, ven.

325
00:22:55,290 --> 00:22:56,875
Veña, canciños. Movede.

326
00:23:24,820 --> 00:23:25,862
A armería.

327
00:23:28,365 --> 00:23:29,699
Estás ben fornecida.

328
00:23:32,702 --> 00:23:34,621
Mírase cos ollos, Leo.

329
00:23:37,541 --> 00:23:40,168
- Cantas están rexistradas?
- A nome de quen?

330
00:23:41,294 --> 00:23:42,754
Non quero ir a fogo.

331
00:23:42,838 --> 00:23:44,464
Claro, ninguén quere.

332
00:23:45,424 --> 00:23:50,554
Mais o éxito é 90 % de preparación
e 10 % de munición.

333
00:23:51,346 --> 00:23:54,850
Escoita, podo prover a toda a banda.

334
00:23:57,769 --> 00:23:59,187
Por que o queres facer?

335
00:24:03,275 --> 00:24:04,109
E ti?

336
00:24:07,779 --> 00:24:09,114
Por cumprir un desexo,

337
00:24:10,031 --> 00:24:11,116
polos mil millóns

338
00:24:12,826 --> 00:24:16,079
e por unha nota promisoria
pendente dende hai 25 anos.

339
00:24:16,830 --> 00:24:17,914
Quedaremos en paz.

340
00:24:19,291 --> 00:24:20,125
Quedaremos.

341
00:24:23,211 --> 00:24:24,713
- Falla o condutor.
- Ben.

342
00:24:25,297 --> 00:24:27,591
A Teddy G trincárono en novembro.

343
00:24:27,674 --> 00:24:30,093
E o tipo ese da marca de nacemento?

344
00:24:30,677 --> 00:24:31,636
- Clyde?
- Ese.

345
00:24:32,137 --> 00:24:34,264
- Ten cancro en fase catro.
- Hostia.

346
00:24:34,764 --> 00:24:36,224
- Xa.
- E Gav Bentley?

347
00:24:37,976 --> 00:24:38,894
Atopou a Deus.

348
00:24:38,977 --> 00:24:40,103
Que cabrón.

349
00:24:40,604 --> 00:24:42,147
- Aleluia.
- Abofé.

350
00:24:45,859 --> 00:24:47,861
Que pensas do fochiqueo sen parar?

351
00:25:00,248 --> 00:25:01,708
Canto pode estar así?

352
00:25:02,334 --> 00:25:03,543
Para se llo ordenas.

353
00:25:04,503 --> 00:25:05,337
Un anaco.

354
00:25:06,338 --> 00:25:07,756
É bo rapaz.

355
00:25:07,839 --> 00:25:09,007
Traballa no taller.

356
00:25:09,883 --> 00:25:11,635
Deixo que viva na caravana.

357
00:25:11,718 --> 00:25:13,887
Sabe de coches e de tecnoloxía.

358
00:25:15,138 --> 00:25:17,766
- Confías nel?
- Xa o levei a algún traballo.

359
00:25:18,808 --> 00:25:19,643
Dará o talle.

360
00:25:33,323 --> 00:25:34,824
Hostia, perdoe. Ola.

361
00:25:36,034 --> 00:25:40,622
Ola, o xefe non está aquí, pero…

362
00:25:40,705 --> 00:25:42,958
se puidese volver noutro momento, eu…

363
00:25:43,041 --> 00:25:44,251
Tranquilo, raparigo.

364
00:25:44,751 --> 00:25:45,585
Vén comigo.

365
00:25:46,419 --> 00:25:47,921
Ben. Vaia, Leo, ola.

366
00:25:48,004 --> 00:25:49,798
Leo díxome que podes conducir.

367
00:25:50,507 --> 00:25:51,800
Podes conducir, RJ?

368
00:25:52,425 --> 00:25:54,135
Por suposto que podo.

369
00:25:54,219 --> 00:25:56,888
Pero "sabes" conducir?

370
00:26:02,769 --> 00:26:06,273
Crecín coas motos nos 450 de Millville,
invicto dende os 12.

371
00:26:06,356 --> 00:26:08,108
Que hai das catro rodas?

372
00:26:08,191 --> 00:26:11,194
Coches, camións, <i>quads </i>e o que sexa.

373
00:26:11,778 --> 00:26:14,406
E unha camioneta
coa suspensión modificada?

374
00:26:15,031 --> 00:26:16,116
Por suposto.

375
00:26:16,199 --> 00:26:19,619
E unha camioneta
coa suspensión modificada,

376
00:26:19,703 --> 00:26:22,998
con topes de sobrecarga,
a 145 quilómetros por hora

377
00:26:23,081 --> 00:26:26,543
e cargada con case dúas toneladas
de cargamento ceibo?

378
00:26:30,755 --> 00:26:32,465
Que contra estades a planear?

379
00:26:33,425 --> 00:26:35,677
Esa vella coiraza é grande de collóns.

380
00:26:36,386 --> 00:26:38,346
Ningunha cámara é impenetrable.

381
00:26:38,430 --> 00:26:41,808
Esquecede a cámara acoirazada,
o preocupante é o de antes.

382
00:26:42,350 --> 00:26:46,104
E os rabudos armados
que se anoxan cando te achegas demasiado.

383
00:26:47,897 --> 00:26:51,109
Dicídeslle que pare dunha puta vez?
Teño a man inqueda.

384
00:26:51,192 --> 00:26:53,153
Déixao estar, tío, está pensando.

385
00:26:53,737 --> 00:26:54,571
Oe!

386
00:26:56,197 --> 00:26:58,283
Que significa RJ?

387
00:26:59,284 --> 00:27:00,535
Roy Junior.

388
00:27:00,619 --> 00:27:03,079
Chámaste Roy Junior Junior?

389
00:27:03,580 --> 00:27:08,001
Así é. É un pracer coñecervos a todos,
semellades un bo grupo e…

390
00:27:09,878 --> 00:27:11,254
Que fai este aquí?

391
00:27:11,338 --> 00:27:13,298
Pregúntome o mesmo tódolos días.

392
00:27:13,381 --> 00:27:16,134
Para coarvos dentro da caixa, e ti?

393
00:27:17,093 --> 00:27:19,804
Para evitar que acabemos dentro doutra,

394
00:27:19,888 --> 00:27:21,097
onde deberías estar.

395
00:27:23,808 --> 00:27:24,726
En serio?

396
00:27:24,809 --> 00:27:26,686
- Bob.
- Manda carallo.

397
00:27:28,438 --> 00:27:29,564
Salas é arrogante.

398
00:27:30,440 --> 00:27:34,361
Cre que os cartos e a tecnoloxía
o protexerán e ese será o noso as.

399
00:27:35,111 --> 00:27:37,864
El vai por alto coa tecnoloxía,
nós por baixo.

400
00:27:37,947 --> 00:27:41,993
Precisarei unha chea de ácidos, de acordo?
Auga rexia, ácido de Caro…

401
00:27:42,077 --> 00:27:45,580
- Escribe a carta e farei de Papá Noel.
- Así que Papá Noel.

402
00:27:45,664 --> 00:27:49,125
E como vai a cousa?
Hei sentar no teu colo?

403
00:27:49,209 --> 00:27:52,420
Que? Non, quero dicir que…

404
00:27:53,380 --> 00:27:57,217
Xa, fai sentar os cativos no colo,
pero non os obriga, porque iso…

405
00:27:57,300 --> 00:28:01,012
Oe, Papá Noel, ti procúrame
unhas caixas fortes para practicar.

406
00:28:03,556 --> 00:28:04,474
Que máis?

407
00:28:04,557 --> 00:28:06,810
Precisamos cartos e moitos.

408
00:28:06,893 --> 00:28:08,103
Iso é sinxelo,

409
00:28:08,186 --> 00:28:09,979
onte falei co meu colega Taco.

410
00:28:10,063 --> 00:28:14,859
Sabedes que se esvaras nun dos locais
de Wawa podes conseguir 20 000 dólares?

411
00:28:21,866 --> 00:28:23,576
- Que?
- Oe…

412
00:28:23,660 --> 00:28:24,703
Vai ao carallo.

413
00:28:25,286 --> 00:28:27,997
Facede todos a vosa lista,
logo continuaremos.

414
00:28:34,587 --> 00:28:37,173
Oe, Roger, tes un segundo?

415
00:28:37,257 --> 00:28:38,174
Claro.

416
00:28:38,258 --> 00:28:40,051
Revisei a brecha de seguridade

417
00:28:40,135 --> 00:28:43,596
e semella que o ataque
veu de dentro da oficina.

418
00:28:44,389 --> 00:28:46,641
- Dun de aquí?
- Estaría no rexistro.

419
00:28:46,725 --> 00:28:48,810
E se modificou a lista branca?

420
00:28:49,477 --> 00:28:53,857
- Tes outras cousas que facer.
- Segue con isto, fíate do teu instinto.

421
00:28:59,195 --> 00:29:01,072
Andrew non semella raro hoxe?

422
00:29:01,156 --> 00:29:02,991
Non, é o mamón de sempre.

423
00:29:06,202 --> 00:29:07,162
Non sexas mamón.

424
00:29:07,245 --> 00:29:08,747
E que queres que diga?

425
00:29:08,830 --> 00:29:11,750
Cagouna coa canción e demandárono.
É para tanto?

426
00:29:11,833 --> 00:29:13,126
De que falas?

427
00:29:13,209 --> 00:29:15,211
Ninguén lle pediu que a escribise!

428
00:29:16,087 --> 00:29:19,090
- É un clásico.
- <i>E. T. </i>xa tiña unha canción.

429
00:29:19,174 --> 00:29:23,470
Se Neil Diamond quere escribirche un tema,
acéptalo, ou non? Oe, apóiame.

430
00:29:23,553 --> 00:29:26,055
Veña, calmádevos todos.

431
00:29:26,639 --> 00:29:27,974
Como vai o das listas?

432
00:29:28,641 --> 00:29:29,851
Canto é entre todas?

433
00:29:30,435 --> 00:29:34,147
Son 350 000, moito para tan pouco tempo.

434
00:29:38,526 --> 00:29:39,944
Quen se sente con sorte?

435
00:29:41,279 --> 00:29:42,530
APOSTAS FÓRA DE PISTA

436
00:29:42,906 --> 00:29:46,993
<i>A</i>s <i>Apostas Fóra de Pista de Garden City</i>
<i>recadan tres millóns a diario.</i>

437
00:29:47,076 --> 00:29:48,578
<i>A maioría volve ao curso,</i>

438
00:29:48,661 --> 00:29:52,207
<i>mais a oficina de seguridade</i>
<i>sempre ten un millón en reserva.</i>

439
00:29:52,290 --> 00:29:54,459
<i>E sei como entrar fácil.</i>

440
00:29:54,542 --> 00:29:56,002
<i>O plan ten cinco partes.</i>

441
00:29:56,085 --> 00:29:57,212
PECHE DE LOCAIS OTB

442
00:29:57,295 --> 00:30:00,882
- Haberá que conseguilos noutra parte.
- Que putada.

443
00:30:00,965 --> 00:30:03,176
Que carallo lle pasa ao mundo?

444
00:30:03,259 --> 00:30:07,180
Se imos co esencial, podería reducir
o montante a 300 000 dólares.

445
00:30:07,263 --> 00:30:09,265
Ninguén nos prestará eses cartos.

446
00:30:09,349 --> 00:30:10,725
- Ava?
- Non.

447
00:30:10,809 --> 00:30:12,143
Non teño esa liquidez.

448
00:30:13,436 --> 00:30:14,729
Nun par de meses?

449
00:30:14,813 --> 00:30:16,147
Non temos tanto tempo.

450
00:30:19,400 --> 00:30:23,321
Vánsenos escapar 7000 millóns
por non conseguirmos 300 000 axiña?

451
00:30:23,404 --> 00:30:24,531
Iso semella.

452
00:30:27,784 --> 00:30:29,577
Sempre temos a vía Diamante.

453
00:30:33,414 --> 00:30:35,625
Agora ben que escoitades, eh babecos.

454
00:30:37,919 --> 00:30:43,049
<i>O 99 % dos diamantes que entran no país</i>
<i>chegan á rúa 47, entre a Quinta e a Sexta.</i>

455
00:30:43,925 --> 00:30:47,804
<i>Chámana a vía Diamante e comezou</i>
<i>na Segunda Guerra Mundial,</i>

456
00:30:47,887 --> 00:30:51,349
<i>cando os xudeus fuxiron co negocio</i>
<i>de Ámsterdam á Midtown.</i>

457
00:30:52,225 --> 00:30:56,312
<i>Agora hai rusos, xudeus </i>hasids<i>,</i>
<i>israelís, surasiáticos…</i>

458
00:30:57,355 --> 00:30:58,439
METRO DE NOVA YORK

459
00:30:58,940 --> 00:31:03,027
<i>Ingresan 24 000 millóns ao ano</i>
<i>e teñen os collóns para avalalos.</i>

460
00:31:06,281 --> 00:31:09,200
<i>Hai 4000 cámaras de seguridade na rúa</i>

461
00:31:10,034 --> 00:31:13,496
<i>e gardas de paisano</i>
<i>que se fan pasar por turistas.</i>

462
00:31:13,580 --> 00:31:15,915
Nada semella de perfil baixo.

463
00:31:15,999 --> 00:31:18,877
Xefe, ás veces
cómpre romper un par de pernas.

464
00:31:30,221 --> 00:31:31,514
Está ben bo o polo.

465
00:31:31,598 --> 00:31:35,143
<i>O segredo está nun ingrediente</i>
<i>da salsa branca, o sumagre.</i>

466
00:31:35,226 --> 00:31:37,729
Vasme aprender que é o sumagre, branquiño?

467
00:31:38,980 --> 00:31:40,023
<i>Ves os gardas?</i>

468
00:31:40,690 --> 00:31:45,361
Un con camisa vermella, que nin disimula,
e un con chaqueta gris, a tres metros.

469
00:31:48,573 --> 00:31:49,407
<i>E en fronte?</i>

470
00:31:51,409 --> 00:31:56,623
Un tipo coas mans nos petos,
como cando estás completamente relaxado.

471
00:31:57,498 --> 00:32:00,710
E o amigo olla os escaparates
de costas, o normal.

472
00:32:03,922 --> 00:32:05,590
Seguro que funcionará?

473
00:32:05,673 --> 00:32:07,592
<i>Só hai unha maneira de sabelo.</i>

474
00:32:15,642 --> 00:32:19,479
<i>Veña, xente, seguide o plan.</i>
<i>Entrade e saíde.</i>

475
00:32:19,562 --> 00:32:20,772
Aí vai.

476
00:32:54,472 --> 00:32:56,641
Noventa segundos, arreando.

477
00:33:15,576 --> 00:33:17,578
Vamos!

478
00:33:20,915 --> 00:33:22,083
<i>Setenta segundos.</i>

479
00:33:30,341 --> 00:33:31,509
Poñendo as cargas.

480
00:33:33,261 --> 00:33:34,178
A cuberto!

481
00:33:36,639 --> 00:33:38,057
A cuberto!

482
00:33:46,983 --> 00:33:47,984
<i>Trinta segundos!</i>

483
00:33:54,073 --> 00:33:55,241
<i>Dez segundos!</i>

484
00:33:58,327 --> 00:33:59,704
Acabouse o tempo, fóra.

485
00:33:59,787 --> 00:34:04,125
Veña, xa está. Marchamos!

486
00:34:04,208 --> 00:34:05,835
Dáme un segundo, carallo.

487
00:34:05,918 --> 00:34:07,837
<i>Bob, escóitao, sae de aí.</i>

488
00:34:07,920 --> 00:34:11,174
<i>Bob, xa temos polo que viñemos. Vamos.</i>

489
00:34:11,841 --> 00:34:13,634
- Arreando.
- Vou por el.

490
00:34:13,718 --> 00:34:15,470
- Stan.
- Vou por el.

491
00:34:27,273 --> 00:34:30,026
Veña, hai que liscar!

492
00:34:30,109 --> 00:34:31,360
Non volvas tocarme!

493
00:34:38,576 --> 00:34:40,119
- Está aí.
- Non se mova!

494
00:34:48,795 --> 00:34:49,879
Stan, vámonos xa!

495
00:34:53,466 --> 00:34:55,384
<i>Aquí RJ, subindo pola Sexta.</i>

496
00:35:00,139 --> 00:35:04,185
<i>Tíos, paro na 47, non podo agardar moito.</i>

497
00:35:05,812 --> 00:35:08,106
Ben, imos entrar no pasadizo do metro.

498
00:35:08,189 --> 00:35:09,524
Vémonos no outro lado.

499
00:35:11,901 --> 00:35:13,277
Veña.

500
00:35:15,363 --> 00:35:16,197
Están aquí.

501
00:35:16,823 --> 00:35:19,242
- Arreade.
- Veña, vamos.

502
00:35:19,826 --> 00:35:22,411
Veña, entrade.

503
00:35:22,495 --> 00:35:24,664
Arreade a dentro!

504
00:35:24,747 --> 00:35:26,624
- Veña!
- Vamos, cariño!

505
00:35:26,707 --> 00:35:28,084
Cago en diola, Bob!

506
00:35:41,556 --> 00:35:43,641
Aínda no respondeu.

507
00:35:43,724 --> 00:35:45,434
Estás mellor sen ese cabrón.

508
00:35:46,352 --> 00:35:49,188
Por algo durastes canto, dúas semanas?

509
00:35:49,272 --> 00:35:52,400
Podería amosar
un mínimo interese pola súa cativa.

510
00:35:54,360 --> 00:35:55,278
Entón, vas…

511
00:35:56,737 --> 00:35:57,655
telo?

512
00:35:58,322 --> 00:35:59,407
Pois non sei.

513
00:36:00,992 --> 00:36:02,660
Tería que cambiar todo.

514
00:36:02,743 --> 00:36:05,746
Mudar de traballo, de vida…

515
00:36:07,456 --> 00:36:08,791
estar nun lugar calmo.

516
00:36:08,875 --> 00:36:10,585
<i>Temos novas de última hora.</i>

517
00:36:11,169 --> 00:36:17,800
<i>Houbo disparos e usáronse granadas de fume</i>
<i>na rúa 47, na Midtown de Manhattan,</i>

518
00:36:17,884 --> 00:36:18,968
<i>onde un descarado…</i>

519
00:36:19,051 --> 00:36:23,097
Esa é a maneira de facer cartos.

520
00:36:23,181 --> 00:36:25,016
Que hai dun traballo decente?

521
00:36:26,350 --> 00:36:27,560
Decidiches algo?

522
00:36:28,311 --> 00:36:30,897
A naiciña vaime ensinar a tomar decisións?

523
00:36:31,439 --> 00:36:33,441
- Iso fas?
- Ben.

524
00:36:34,734 --> 00:36:35,776
Non!

525
00:36:38,946 --> 00:36:40,239
Téñoo!

526
00:36:40,823 --> 00:36:41,741
Xa!

527
00:36:43,117 --> 00:36:44,452
Hostia. Vicodin.

528
00:36:44,535 --> 00:36:47,872
- Como foi?
- Ben, moi ben. Sepárao.

529
00:36:47,955 --> 00:36:49,457
- Son tendóns?
- Sonche.

530
00:36:49,540 --> 00:36:52,168
- Mi madriña, sonche.
- Podes pechar a man?

531
00:36:52,251 --> 00:36:54,337
Ti que pensas? Cres que podo?

532
00:36:54,921 --> 00:36:58,299
- Pouco máis podo facer.
- Dixeches que sabías que facías!

533
00:36:58,382 --> 00:37:01,219
- Falo ti? Adiante!
- Non dixen que era cirurxiá.

534
00:37:01,302 --> 00:37:04,805
Non estariamos nesta situación
se non fose un puto cobizoso.

535
00:37:04,889 --> 00:37:06,474
Cartos espesos, tíos!

536
00:37:07,808 --> 00:37:08,643
Hostia puta!

537
00:37:08,726 --> 00:37:11,979
- Pode abrir a caixa cunha man?
- É a pregunta dos 7000.

538
00:37:17,235 --> 00:37:19,362
Queres que me plante aquí?

539
00:37:19,445 --> 00:37:23,616
"Ostras, Hannah, grazas.
Que oportunidade! Vaime cambiar a vida."

540
00:37:23,699 --> 00:37:25,368
Eu non falo así.

541
00:37:26,035 --> 00:37:29,747
Ordena o correo e trae ao despacho
os documentos de gran volume.

542
00:37:29,830 --> 00:37:32,875
Entón vou mover papel.
Serei unha movedora de papel?

543
00:37:32,959 --> 00:37:36,504
Tal cal, ademais
hai un ruído atronador aquí.

544
00:37:38,547 --> 00:37:39,799
Un regalo de benvida.

545
00:37:41,467 --> 00:37:43,511
Isto si é bo, abofé.

546
00:37:45,179 --> 00:37:46,806
Contra, que ben.

547
00:37:51,978 --> 00:37:54,146
<i>Ola, Roger quere verte.</i>

548
00:37:57,483 --> 00:37:58,317
Hei marchar.

549
00:37:58,859 --> 00:38:00,236
- Quérote!
- Quérote!

550
00:38:07,535 --> 00:38:08,369
Sorte.

551
00:38:11,706 --> 00:38:15,918
Ben, vaiamos ao gran. Rajiv, parabéns.

552
00:38:16,002 --> 00:38:18,337
Hannah, responderás ante Rajiv.

553
00:38:18,421 --> 00:38:23,301
A primeira tarefa como vicepresidente
subalterno é falarme dos parrulos de goma.

554
00:38:23,384 --> 00:38:25,636
Son teclados inxectables.

555
00:38:26,304 --> 00:38:28,431
Normalmente se meten nun pincho USB.

556
00:38:28,514 --> 00:38:29,557
Para que se usan?

557
00:38:29,640 --> 00:38:32,768
Para executar comandos
automaticamente ao conectalos?

558
00:38:32,852 --> 00:38:36,439
Exacto, e empregouse un
para extraer datos do noso servidor.

559
00:38:36,522 --> 00:38:41,360
Atopamos a IPv6 e cotexámola co enderezo
MAC que achaches, a fonte da filtración.

560
00:38:41,444 --> 00:38:46,324
Rajiv, non che parece curioso que Hannah,
experta en penetracións da seguridade,

561
00:38:46,907 --> 00:38:50,619
alertase dun dispositivo
que podería programar e usar ela mesma?

562
00:38:51,203 --> 00:38:54,457
Lembra que agora es o seu supervisor,
responde como tal.

563
00:38:55,833 --> 00:38:56,709
Si?

564
00:38:56,792 --> 00:38:59,086
Mais ignoraches a súa advertencia.

565
00:38:59,170 --> 00:39:02,298
Non, pensei que ser cautos…

566
00:39:02,381 --> 00:39:03,966
Non puido estar implicado.

567
00:39:04,050 --> 00:39:05,009
Xa o sei.

568
00:39:06,510 --> 00:39:08,763
Carlos estivo vixiándoos esta semana.

569
00:39:09,555 --> 00:39:12,266
Puxo unha pílula velenosa nos datos.

570
00:39:12,350 --> 00:39:17,396
Así, quen quere sacar algo é rastrexado
automaticamente. E temos un nome.

571
00:39:18,022 --> 00:39:20,566
Carlos procurou no despacho do sospeitoso.

572
00:39:25,988 --> 00:39:27,073
Baleira a bolsa.

573
00:39:28,532 --> 00:39:31,202
Que? Non entendo.

574
00:39:32,703 --> 00:39:33,913
Isto é absurdo.

575
00:39:34,497 --> 00:39:36,999
Pois ben, adiante.

576
00:39:40,252 --> 00:39:42,129
Non sei que agardades atopar.

577
00:40:01,107 --> 00:40:02,608
Non sei que é iso.

578
00:40:06,362 --> 00:40:08,864
Levaron as túas cousas ao vestíbulo.

579
00:40:08,948 --> 00:40:12,159
Non, xúroche que non teño
nada que ver con isto.

580
00:40:12,243 --> 00:40:14,078
Hannah, dillo. Rajiv…

581
00:40:14,161 --> 00:40:17,039
Diremos que marchaches
pasar tempo coa familia.

582
00:40:17,123 --> 00:40:20,668
Dille o máis mínimo a alguén
sobre a infiltración no sistema

583
00:40:21,210 --> 00:40:23,587
e arruinarei a vida a todo quen coñeces.

584
00:40:31,929 --> 00:40:33,180
Hannah, unha cousiña.

585
00:40:34,640 --> 00:40:35,474
Pecha a porta.

586
00:40:40,354 --> 00:40:41,397
Vaia semana, non?

587
00:40:42,648 --> 00:40:45,067
- Andrew, eu…
- Reláxate, Hannah, respira.

588
00:40:46,360 --> 00:40:49,864
- Canto levamos traballando xuntos?
- Case oito anos.

589
00:40:49,947 --> 00:40:53,951
Creo que chegou a hora
de teres novas responsabilidades.

590
00:40:54,660 --> 00:40:56,370
Non conseguiu o posto Rajiv?

591
00:40:56,454 --> 00:41:00,166
O de subalterno. Andrew non está
e falla un vicepresidente xefe.

592
00:41:00,249 --> 00:41:01,625
Alguén de confianza.

593
00:41:02,626 --> 00:41:06,464
- Non queres o posto?
- Abofé que si.

594
00:41:06,547 --> 00:41:09,550
O do embarazo non é un problema,
se non o é para ti.

595
00:41:11,552 --> 00:41:13,053
Mudaches ao descafeinado.

596
00:41:13,596 --> 00:41:15,556
Como Sakura cando estaba encinta.

597
00:41:17,933 --> 00:41:20,811
Non afectará a nada.

598
00:41:20,895 --> 00:41:22,313
A familia afecta a todo.

599
00:41:22,396 --> 00:41:24,398
Que non che nubre o xuízo.

600
00:41:24,899 --> 00:41:28,027
Carlos prepararache
a nova autorización de seguridade.

601
00:41:28,903 --> 00:41:29,862
Grazas, Roger.

602
00:41:59,266 --> 00:42:01,060
Cada vez semella máis pequena.

603
00:42:02,186 --> 00:42:04,813
E os días pasan máis axiña.

604
00:42:06,148 --> 00:42:07,149
Camiña comigo.

605
00:42:09,735 --> 00:42:10,986
Cal é a súa historia?

606
00:42:11,070 --> 00:42:14,907
- Déixao.
- Veña, adorábalo. Pregábasme que…

607
00:42:14,990 --> 00:42:15,866
Estou dentro.

608
00:42:17,618 --> 00:42:19,036
Son vicepresidenta xefa.

609
00:42:20,704 --> 00:42:23,666
Terei fotos e acceso coas tarxetas,
mais non total.

610
00:42:24,291 --> 00:42:25,125
Sen problema.

611
00:42:25,709 --> 00:42:29,255
Nin os datos da alarma,
a chave ou os códigos de temperatura.

612
00:42:29,755 --> 00:42:32,258
- Tenos Roger.
- E nós a porta traseira.

613
00:42:32,341 --> 00:42:34,552
Estás no lugar e no momento precisos.

614
00:42:35,844 --> 00:42:36,971
Non é o bo momento.

615
00:42:37,054 --> 00:42:39,974
- É a única ocasión.
- Sabes de quen son os bonos?

616
00:42:40,057 --> 00:42:41,976
É absurdo roubarlles aos pobres.

617
00:42:42,768 --> 00:42:47,523
Os Trixemelgos non son dos que lles podes
roubar e logo desaparecer. Atoparante.

618
00:42:48,107 --> 00:42:48,941
Matarante.

619
00:42:49,817 --> 00:42:51,735
Dáseme ben evitar que me atopen.

620
00:42:53,862 --> 00:42:57,157
Poñamos que o conseguimos
e non acabamos mortos. E logo?

621
00:42:57,241 --> 00:42:58,492
O mundo será mellor.

622
00:42:59,493 --> 00:43:02,162
- Case creo que o pensas.
- Que ten de raro?

623
00:43:02,246 --> 00:43:04,164
Se Roger cae, SLS derrubarase…

624
00:43:04,248 --> 00:43:06,750
- Esa é a idea.
- …e tamén a miña carreira.

625
00:43:07,751 --> 00:43:09,044
Non son coma ti, eu…

626
00:43:10,129 --> 00:43:13,632
- Como quedo se a atracan tras o ascenso?
- Serás rica.

627
00:43:19,513 --> 00:43:20,764
Poderíate parar.

628
00:43:22,725 --> 00:43:23,851
Sei dos teus plans.

629
00:43:23,934 --> 00:43:25,728
Non se trata dos meus plans,

630
00:43:26,645 --> 00:43:28,439
senón dos nosos.

631
00:43:28,522 --> 00:43:32,192
Escoita, levamos sete anos
argallando isto.

632
00:43:32,276 --> 00:43:34,445
En sete anos non dixeches nin mu

633
00:43:34,528 --> 00:43:37,156
e agora que xa estamos aquí,
ao bordo, vés e…

634
00:43:40,826 --> 00:43:43,912
Se hai algo máis que habería saber…

635
00:43:48,792 --> 00:43:49,877
É o que vas facer.

636
00:43:50,878 --> 00:43:53,172
Non, o que imos facer.

637
00:44:56,026 --> 00:44:58,070
<i>A lealdade non ten prezo.</i>

638
00:44:58,779 --> 00:45:00,155
<i>A fe morreu.</i>

639
00:45:01,240 --> 00:45:04,952
<i>Ao final do día, só quedarás ti</i>

640
00:45:05,577 --> 00:45:07,996
<i>contra os que queren o que tes.</i>

641
00:45:09,164 --> 00:45:11,041
<i>E o único que importará será</i>

642
00:45:12,334 --> 00:45:16,964
<i>se os podes manipular mellor ca eles a ti.</i>

643
00:46:55,813 --> 00:47:00,818
Subtítulos: Bruno Martínez Pita

